Chaitanya Mahaprabhu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Chaitanya Mahaprabhu
Chaitanya-Mahabrabhu-at-Jagannath.jpg
Nacemento1486
 Nabadwip
Falecemento1534
 Puri
CausaTrabada de serpe
RelixiónHinduísmo
OcupaciónSannyasa
CónxuxeVishnupriya
editar datos en Wikidata ]

Shri Krishna Chaitanya Mahaprabhu (en sánscrito: Śrī Kṛṣṇa Caitanya Mahāprabhu), honorífico: "Mahāprabhu" ("Gran Señor"), nado en Nabadwip[1] o 18 de febreiro de 1486 e finado o 14 de xuño de 1533, foi un gurú indio considerado polos seus seguidores a Personalidade Suprema da Divindade e o defensor xefe da escola vedanta da Achintya Bheda Abheda (Inconcibíbel Diferenza/Unidade) e da tradición Gaudiya Vaishnavism do hinduísmo. Tamén expuxo a escola Vaishnava do ioga bhakti baseada no Bhagavata Purana e no Bhagavad Gita.[2] Das varias formas das expansións directas ou indirectas de Krishna como o Señor Narasimha (Home-León; Krishna en forma de ira), Mahavishnu e Garbhodaksayi Vishnu respectivamente, considérase que é Krishna en forma de Radha.[3][4] Popularizou o canto do mantra Hare Krishna[5] e compuxo o Siksastakam (oito pregarias devotas) en sánscrito. Os seus seguirores da Gaudiya Vaishnava reverénciano como Krishna coa forma e a complexión da súa fonte de inspiración Radha.[6] O día do seu nacemento celébrase como o Gaura-purnima.[7][8]

Chaitanya tamén recibe os nomes de Gauranga ou Gaura debido á súa fermosa complexión,[9] e Nimai debido a que naceu baixo unha árbore do nim.[10]

Ensinanzas[editar | editar a fonte]

Chaitanya deixou un escrito en sánscrito chamado Siksastakam, aínda que no Vaishnava Padavali dise que "o propio Chaitanya escribiu moitas cancións de tema Radha-Krishna".

As ensinanzas epistemolóxicos, teolóxicas e ontolóxicas de Chaitanya resúmense en dez principios raíz chamados dasa mula.[11]

  1. As afirmacións da amnaya (escritura) son a proba principal. Segundo estas afirmacións ensínanse os seguintes nove temas.
  2. Krishna é a Verdade Absoluta Suprema.
  3. Krishna está dotado de todas as enerxías.
  4. Krishna é a fonte de toda a rasa.[12]
  5. As jivas (almas individuais) son todas partes separadas do Señor.
  6. No estado inicial, as jivas están baixo a influencia da materia debido á súa natureza tatastha (marxinal).
  7. No estado liberado, as jivas están libres da influencia da materia.
  8. As jivas e o mundo material son á vez diferentes e idénticas ao Señor.
  9. A devoción pura é o único camiño para obter a liberación.
  10. O amor puro de Krishna é o obxectivo último.

Legado cultural[editar | editar a fonte]

A influencia de Chaitanya no legado cultural de Bengala e Odisha e significativa e algúna atribúenlle o renacemento bengalí,[13] diferente do máis coñecido renacemento bengalí do século XIX.

Kartik Chattopadhyay (1912-1989) dirixiu un filme biográfico sobre Chaitanya, Nilachaley Mahaprabhu (1957).[14]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Chattopadhyay, Nripendra Krishna (1961). Sri Sri Chaitanya Charitamrita. 
  2. Srimad Bhagavatam (Introduction) Arquivado 25 de maio de 2013 en Wayback Machine. "Lord Caitanya not only preached the but propagated the teachings of the Bhagavad Gita as well in the most practical way."
  3. Evidence of predicted appearance of Chaitanya Mahaprabhu in Vedas
  4. Evidence of predicted appearance of Chaitanya Mahaprabhu in Vedas
  5. Sri Chaitanya Mahaprabhu "He spread the Yuga-dharma as the practice for attainment of pure love for Radha-Krishna. That process is Harinam-Sankirtan, or the congregational chanting of the Holy Names of Krishna "Hare Krishna Hare Krishna Krishna Krishna Hare Hare, Hare Rama Hare Rama Rama Rama Hare Hare"
  6. Benjamin E. Zeller (2010), Prophets and Protons, New York University Press, ISBN 978-0814797211, pages 77-79
  7. "Gaura Purnima". www.krishna.com. Consultado o 16 de decembro de 2008. 
  8. Sri Gaura Purnima"givegita.com"
  9. In the Name of the Lord (Deccan Herald) "He was also given the name of ‘Gora’ because of his extremely fair complexion." Arquivado 7 de cembro de 2006 en Wayback Machine.
  10. KCM Archive"They named Him Nimai, as he was born under a neem tree." Arquivado 24 de abril de 2008 en Wayback Machine.
  11. Thakura, B. (1993). Jaiva dharma: The universal religion (K. Das, Trans.). Os Ánxeles, CA: Krishna Institute.
  12. "10 Scriptures that Reveal Lord Chaitanya's Identity as Lord Krishna". 18 de febreiro de 2015. 
  13. Bengal Studies Conference Arquivado 17 de decembro de 2014 en Wayback Machine. "History says that the Bengali people experienced the renaissance: not only once but also twice in the course of history. Bengalis witnessed the first renaissance in the 16th century when Hossain Shah and Sri Chaitanya’s idealism influenced a sect of the upper literal class of people"
  14. Sur, Ansu; Goswami, Abhijit (1999). Bengali Film Directory. Nandan, West Bengal Film Centre. p. 96. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]