Bernard du Bus de Gisignies

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bernard du Bus de Gisignies
Bernard du Bus de Gisignies.jpg
Nome completoJonkheer Bernard Aimé Léonard du Bus de Gisignies
Nacemento21 de xuño de 1808
Lugar de nacementoSint-Joost-ten-Node, Bruxelas-Capital
Falecemento6 de xullo de 1874
Lugar de falecementoBad Ems, Reino de Prusia
Nacionalidadeneerlandesa e despois belga
Alma máterUniversidade Estatal de Lovaina
Ocupaciónpaleontólogo, ornitólogo, político e coleccionista de arte
PaiLeonard Pierre Joseph du Bus de Gisignies
CónxuxePetronilla Truyts
FillosBernard Daniel e Chretien
Coñecido porGalerie du Vte Du Bus de Gisignies
EstudosDereito
editar datos en Wikidata ]

Jonkheer Bernard Aimé Léonard du Bus de Gisignies, nado o en 21 de xuño de 1808 en Sint-Joost-ten-Node, Bruxelas-Capital, e finado o 6 de xullo de 1874 en Bad Ems, Reino de Prusia, foi un nobre neerlandés e máis tarde un político, ornitólogo e paleontólogo belga

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Bernard du Bus de Gisignies foi o segundo fillo de Leonard Pierre Joseph du Bus de Gisignies. Estudou Dereito na Universidade Estatal de Lovaina, pero pronto se interesou máis pola ornitoloxía.

En 1835 presentou un manuscrito á Real Academia de Bélxica no que describía o paxaro Leptorhynchus pectoralis.

Foi deputado por Soignies (Provincia de Hainaut).

Casou con Petronilla Truyts o 19 de maio de 1845, matrimonio que tivo dous fillos, Bernard Daniel e Chretien.

Foi o primeiro director do Real Instituto Belga de Ciencias Naturais en 1846. Nesta ocasión doou ao Museo desta institución 2 474 aves da súa propia colección.

En 1860, durante a construción de novas fortificacións ao redor de Antuerpen intersouse pola paleontoloxía. Os fósiles atopados eran principalmente de baleas.

Encontrou dous esqueletos de Balaena mysticetus e un dunha inmatura balea azul (Balaenoptera musculus), que aínda hoxe están expostos no Museo.

Nese mesmo ano encontrouse preto de Lier o esqueleto dun mamut que foi levado ao Museo (onde está expoto dende 1869). Nese momento o único outro esqueleto dun mamut estaba exposto no museo de San Petersburgo.

En 1867 foi nomeado director da sección de ciencias da Real Academia de Bélxica.

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Du Bus de Gisignies emprégase para recoñecer a Bernard du Bus de Gisignies como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bobliografía[editar | editar a fonte]