Benjamin Compaoré
Benjamin Compaoré nos Xogos Olímpicos de 2016 | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de agosto de 1987 Bar-le-Duc, Francia |
País de nacionalidade | Francesa |
Altura | 1,89 m |
Peso | 86 kg |
Actividade | |
Ocupación | atleta |
Deporte | Atletismo Triplo salto |
Disciplina deportiva | Triplo salto |
Adestrado por | Jean-Hervé Stievenart |
Membro do equipo deportivo | CA Montreuil 93 |
Participou en | |
15 de agosto de 2016 | Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 - Triplo salto masculino (pt) (10º) |
2012 | Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2012 - Triplo salto masculino (pt) (6º) |
Familia | |
Cónxuxe | Ana Peleteiro (2023–) |
Parella | Ana Peleteiro (2021–) |
Benjamin Compaoré, nado o 5 de agosto de 1987 en Bar-le-Duc, é un atleta francés especialista na proba de triplo salto.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nacido en 1987 en Bar-le-Duc, de pai burkinés e nai lorenesa, Benjamin Compaoré comezou a practicar o atletismo aos dez anos, na ASPTT de Estrasburgo, especializándose en triplo salto contra os quince anos. Alcanzou a marca de 12,20 m en 2002, de 14,50 m en 2003, de 15,48 m en 2004, de 16,00 m en 2005, e de 16,61 m en 2006.[1]
No Campionato Europeo de Atletismo de 2014, celebrado en Zürich, gañou a medalla de ouro en triplo salto, chegando até os 17,46 m, superando aos atletas rusos Lyukman Adams (prata, con 17.09 m) e Aleksey Fyodorov (bronce, con 17,04 m.[2][3]
O 19 de marzo de 2016 Compaoré gañou a súa primeira medalla mundial sénior, ao conseguir a medalla de bronce nos Campionatos do Mundo en pista cuberta en Portland, cun salto de 17,09 m, próximo á súa mellor marca persoal en pista cuberta (17,14 m). Durante esta competición, estableceu tres marcas máis aló dos 17 m (17,00 m - 17,04 m - 17,09 m). Foi precedido polo chinés Dong Bin (17,33 m) e o alemán Max Heß (17,14 m).[4]
O 15 de agosto chegou á final de triplo salto nos Xogos Olímpicos de Río, cun último intento de 16,72 m,[5] pero non puido chegar máis que a 16,54 m na final do día seguinte, ocupando o décimo posto, lonxe do vencedor, o campión olímpico Christian Taylor, con 17,86 m.
O 18 de xullo de 2017, a IAAF seleccionouno para participar no Campionato do Mundo de Londres, grazas ao seu segundo posto no Campionato de Francia de Marsella con 16,94 m. Ao día seguinte, tras esta actuación, revelou que fora operado no nocello esquerdo o 27 de marzo dunha desinserción parcial do tendón de Aquiles o 24 de abril.
O 28 de xullo de 2019 gañou o seu primeiro título nacional ao aire libre en Saint-Étienne e logrou o seu mellor salto desde 2017 con 16,94 m. O 11 de agosto ocupou o terceiro posto na competición de triplo salto no Campionato de Europa por equipos cun salto de 16,67 m,[6] para logo acadar a mínima para o Mundial de Doha na cita de París do 24 de agosto grazas a un triplo salto de 17,05 m.
O 27 de setembro alnzou os 16,59 m, e non logrou a clasificación para o Campionato do Mundo de Doha, describindo esta eliminación como «a maior decepción da súa carreira».[7]
Marcas
[editar | editar a fonte]Proba | Marca | Lugar | Data | |
---|---|---|---|---|
Triplo salto | Ao aire libre | 17,48 m | Marrakech | 14 de setembro de 2014 |
En pista cuberta | 17,14 m | Liévin, Francia | 14 de febreiro de 2012 |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]O 27 de novembro de 2020, o Tribunal Penal de Créteil condenou a Benjamin Compaoré a unha condena de 6 meses de prisión suspendida por violencia de xénero. O deportista cometera violencias contra a súa cónxuxe entre agosto de 2019 e marzo de 2013.
Desde 2021 é a parella de Ana Peleteiro. En xullo de 2022 Compaoré pediulle de casar a Peleteiro[8].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ For Compaoré, a steady rise through the junior Triple Jump ranks na IAAF. Consultada o 6 de xuño de 2021.
- ↑ "Benjamin Compaoré". Comité Olímpico Internacional (COI). Consultado o 6 de maio de 2022.
- ↑ "Benjamin Compaoré". IAAF. Consultado o 6 de maio de 2022.
- ↑ IAAF World Indoor Championships. Portland (Oregon Convention Center) 17 marzo de 2016-20 de marzo de 2016. Consultado o 6 de maio de 2022.
- ↑ JO de Rio 2016-Athlétisme: Benjamin Compaoré se glisse en finale du triple saut Europe1. Consultado o 6 de maio de 2022.
- ↑ Championnats de France Élite: Benjamin Compaoré décroche son premier titre en plein air au triple saut. J-P. Durand. L'Équipe. Consultado o 6 de maio de 2022.
- ↑ Benjamin Compaoré, auteur des minima pour les Mondiaux au triple saut: «Un vrai soulagement» S. K. L'Équipe. Consultado o 6 de mnaio de 2022.
- ↑ "Conta de Instagram de Ana Peleteiro". Instagram. Consultado o 2022-07-10.