Bengt Holmén

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBengt Holmén
Biografía
Nacemento1929
Datos persoais
País de nacionalidadeSueca.
Coñecido porFundación Rut e Bengt Holmén para a Numismática.
Actividade
Campo de traballoNumismática
Ocupaciónnumismático Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua sueca Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeRut Holmén.
Premios
- (2016) Medalla Elias Brenner (SNS).
- (2016): Medalla Gunnar Holst.


Bengt Holmén, nado en Borås en 1929, é un numismático sueco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Bengt Holmén naceu en Borås, no condado sueco de Västra Götaland, en 1929 e a súa familia trasladouse a Hisingen, no municipio de Gotemburgo, en 1933.[1]

En 1951 graduouse en Gotemburgo como mestre de educación primaria e máis tarde graduouse en Historia e Sociedade da Antigüidade, e acadou un mestrado en Historia e un doutoramento en Economía. Holmén fixo patente o potencial da moeda como ferramenta educativa.[1]

Furante décadas foi un impulsor da actividade numismática en Gotemburgo e entre 1987 e 1991 presidiu o círculo numismático desa cidade.[1]

Xunto coa súa muller, Rut Holmén, creou a Fundación Rut e Bengt Holmén para a Numismática (Rut och Bengt Holméns tiftelse för numismatik), integrada no Consello Internacional de Numismática (CIN). En 2015, esta fundación absorveu a Fundación para a Numismática Gunnar Holst (Gunnar Holsts stiftelse för numismatik), que tamén estaba presidida por Holmén desde a súa creación en 1991.[2]

Entre outras entidades académicas e asociativas, Holmén foi membro da Royal Numismatic Society e da British Art Medal Society (Londres), da American Numismatic Society (Nova York), da Société Française de Numismatique (París), así como doutros organismos como a Federación Internacional da Medalla de Arte (FIDEM). Ademais, participou en seis edicións consecutivas do Congreso Internacional de Numismática, organizado polo CIN, entre 1985 e 2015.[1]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]