Bella Hadid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bella Hadid
Bella Hadid Cannes 2018 2.jpg
Hadid en decembro de 2017.
Nome completoIsabella Khair Hadid
Nacemento9 de outubro de 1996 (23 anos)
 Os Ánxeles (California) Estados Unidos de América Estados Unidos
NacionalidadeEstados Unidos de América
RelixiónIslam
Alma máterParsons The New School for Design e Malibu High School
OcupaciónModelo
PaiMohamed Hadid
NaiYolanda Hadid
IrmánsGigi Hadid e Anwar Hadid
editar datos en Wikidata ]

Isabella Khair Hadid, nada nos Ánxeles (Estados Unidos) o 9 de outubro de 1996,[1] é unha modelo de moda estadounidense, máis coñecida como Bella Hadid. Asinou con IMG Models no 2014. Foi nomeada "Modelo do Ano" por GQ no 2016. En xuño de 2016, Hadid foi clasificada no un das 50 mellores modelos por Modelos.com.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Hadid naceu e criouse nos Ánxeles,[3][4] filla de Mohamed Hadid e a modelo Yolanda Hadid. A súa nai é holandesa-americana, e o seu pai é de orixe palestina.[5] Hadid ten dous irmáns, unha irmá máis vella chamada Gigi, quen é tamén unha modelo, e un irmán máis novo, Anwar. Ten dous medio-irmás máis, Marielle e Alana.[6]

Hadid e os seus irmáns criáronse nun rancho en Santa Barbara e máis tarde mudaríanse a Malibú mentres aínda estaba na escola elemental.[7]

Sendo adolescente, Hadid foi xinete e tivo opcións para asistir ós Xogos Olímpicos de 2016 en Río de Xaneiro, mais tivo que deixar a competición en 2013 por mor de sufrir a doenza de Lyme.[8][9][10] Non foi anunciado que padecía Lyme até outubro de 2015.[11] Foi diagnosticada coa enfermidade no 2012.[12]

En outono de 2014, Hadid mudouse á cidade de Nova York e empezou a estudar fotografía na Escola de Deseño Parsons, asinando con IMG pouco antes. Dende entón deixou a un lado a escola por mor do seu éxito na carreira de modelo. Expresou o seu interese de volver a escolar e retomar a fotografía de moda como carreira unha vez é feita a de modelo.[13] Hadid tamén expresou interese na escritura e na interpretación.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

Aparicións Nome Papel
1 Keeping Up With the Kardashians Ela mesma
3 Real Housewives of Beverly Hills Ela mesma

Curtametraxes[editar | editar a fonte]

Ano Título Production Role
2016 "Private" Tyler Ford Ela mesma

Vídeos musicais[editar | editar a fonte]

ano Artista Título
2014 Jesse Jo Stark Baby Love
2015 The Weeknd In the Night[14]
2015 Belly ft. The Weeknd Might Not (featured)
2016 Jesse Jo Stark Down Your Drain[15][16]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

O 22 de xullo de 2014, Hadid foi arrestada por conducir baixo a influencia do alcohol.[17] A licenza do seu carné foi suspendida por un ano e foi condenada a seis meses de liberdade condicional.[18] Hadid tamén foi sentenciada a realizar 25 horas de servizo comunitario e asistir a 20 horas de reunións de Alcohólicos Anónimos.[19]

Hadid comezou unha relación co cantante canadense The Weeknd a comezos de 2015; a parella foi vista xunta por primeiro vez en abril en Coachella.[20][21] Hadid protagonizou o seu vídeo musical "In the Night" en decembro de 2015. Fixeron a súa apararición xuntos na alfombra vermella nos Grammys en febreiro de 2016.[22] En novembro de 2016, a parella rompeu.[23]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hadid, Yolanda (n.d.). Yolanda.com, ed. "My Beautiful Family". Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2015. Consultado o 20 de xullo de 2016.  Website of Bella Hadid's mother, Yolanda Foster.
  2. "The Graduates: Bella Hadid | models.com MDX". models.com. Consultado o 30 de xuño de 2016. 
  3. Houlis, AnnaMarie (18 de setembro de 2014). GlamMonitor.com (Golden Heart Communications), ed. "Gigi Hadid Opens Our Eyes to the Israeli-Palestinian Conflict". Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2015. Consultado o 07 de decembro de 2016. 
  4. Garvey, Marianne; Niemietz, Brian; Coleman, Oli; Maresca, Rachel (26 de xuño de 2015). Daily News, ed. "Lower East Side is looking like a model home for Gigi Hadid, with new guy Joe Jonas". Nova York. Arquivado dende o orixinal o 1 de xullo de 2015. Consultado o 7 de outubro de 2015. 
  5. Janofsky, Michael (20 de decembro de 1991). The New York Times, ed. "Olympics; Construction Was Slow, So . . .". Consultado o 10 de xaneiro de 2016. 
  6. Ford, Sabrina (5 de marzo de 2015). Bravotv, ed. "Who Are Gigi Hadid's Other Siblings?". Consultado o 12 de novembro de 2015. 
  7. "How Did Yolanda Foster Get Lyme Disease? It's A Complicated Illness, For Sure". www.bustle.com. Consultado o 20 de maio de 2016. 
  8. "United States Equestrian Federation". United States Equestrian Federation (en inglés). Consultado o 2016-06-05. 
  9. Korba, Alexandra (2 de outubro de 2015). USA Today, ed. "Bella Hadid dreams of being an Olympian". Consultado o 12 de outubro de 2015. 
  10. "United States Equestrian Federation". United States Equestrian Federation (en inglés). Consultado o 8 de agosto de 2016. 
  11. "Yolanda Foster and Her Kids Bella and Anwar Hadid All Have Chronic Lyme Disease: A Medical Expert Explains How". PEOPLE.com. Consultado o 28 de abril de 2016. 
  12. "Yolanda Foster Reveals Daughter Bella Hadid and Son Anwar Have Battled Lyme Disease". Consultado o 8 de agosto de 2016. 
  13. "Bella Hadid 5 things you didn't know". Vogue.com. 
  14. "The Weeknd Gets Rescued by Real-life Girlfriend Bella Hadid in Sexy New Video for "In the Night"". PEOPLE.com. Consultado o 5 de abril de 2016. 
  15. Eden, Nellie (14 de abril de 2016). "R29 Exclusive: Bella Hadid Stars In Jesse Jo Stark's New Video". www.refinery29.com (en inglés). Consultado o 6 de marzo de 2019. 
  16. Jesse Jo Stark (18 de abril de 2016). "Jesse Jo Stark - Down Your Drain (2016)". YouTube. Jesse Jo Stark. Consultado o 6 de marzo de 2019. 
  17. Nessif, Bruna (22 de xullo de 2014). "Yolanda Foster's 17-Year-Old Daughter Bella Hadid Arrested for DUI". Consultado o 9 de decembro de 2015. 
  18. Vulpo, Mike (10 de decembro de 2014). "Yolanda Foster Opens Up About Daughter Bella Hadid's "Shocking and Disappointing" DUI Arrest". E!. Consultado o 9 de decembro de 2015. 
  19. MARTIN, ANNIE. "Yolanda Foster reflects on daughter Bella's DUI arrest." UPI NewsTrack 12 Dec. 2014. NewsBank. Web. 12 Mar. 2016.
  20. Soraya Nadia McDonald (11 de setembro de 2015). Washington Post, ed. "Kylie Jenner and Bella Hadid are 18. Their boyfriends are 25. Why do their relationships elicit such different reactions?". Consultado o 17 de outubro de 2015. 
  21. Sarah Lindig. ELLE, ed. "Bella Hadid Spends Her Birthday Weekend With The Weeknd". Consultado o 17 de outubro de 2015. 
  22. Sisavat, Monica. "The Weeknd and Bella Hadid Made Their Red Carpet Debut at the Grammys". POPSUGAR Celebrity (en inglés). Consultado o 6 de xuño de 2016. 
  23. Harrison, Lily (10 de novembro de 2016). "Bella Hadid and The Weeknd Break Up". E! Online (en inglés). Consultado o 11 de novembro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]