Bell 206

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bell 206
LAPD Bell 206 Jetranger.jpg
Bell 206 da policía dos Ánxeles
Tipohelicóptero utilitario multipropósito
FabricanteBell Helicopter
Primeiro voo8 de decembro de 1962
Introducido1967
Produción1962-presente
Unidades construídas7 300[1]
VariantesBell OH-58 Kiowa

A Bell 206 é unha familia de helicópteros de dúas palas, dun ou dos motores, fabricada por Bell Helicopter na súa planta de Mirabel, Quebec. Foi desenvolvido orixinalmente como o Bell YOH-4 para o programa Light Observation Helicopter do Exército dos Estados Unidos de América, aínda que finalmente non foi escollido. Bell redeseñou a célula e comercializou exitosamente o aparello como o helicóptero de cinco prazas Bell 206A JetRanger. O novo deseño foi finalmente seleccionado polo Exército como o OH-58 Kiowa. Bell tamén desenvolveu o LongRanger de sete prazas, que posteriormente ofreceuse cunha versión de dous motores chamada TwinRanger, mentres que Tridair Helicopters ofrece unha conversión semellante do LongRanger chamada Gemini ST.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

Orixe e JetRanger[editar | editar a fonte]

YOH-4A

O 14 de outubro de 1960 a Armada dos Estados Unidos de América solicitou respostas de 25 fabricantes de aeronaves a unha solicitude de propostas para o Helicóptero de Observación Lixeiro do Exército (LOH en inglés). Bell entrou na competición xunto con outros 12 fabricantes, como Hiller Aircraft e Hughes Tool Co., Aircraft Division.[2] Bell enviou o deseño D-250, que sería designado YHO-4.[3] O 19 de maio de 1961 Bell e Hiller foron anunciados como gañadores da competición de deseño.

Bell desenvolveu o deseño D-250 no helicóptero Bell 206, redesignado YOH-4A en 1962, e fabricou cinco prototipos para a fase de probas e avaliación do Exército. O primeiro prototipo voou o 8 de decembro de 1962.[4] O YOH-4A tamén chegou a ser coñecido como "The Ugly Duckling" (O parrulo feo) en comparación cos outros aparellos do concurso.[4] Tras un avance dos prototipos de Bell, Hughes e Fairchild-Hiller, o Hughes OH-6 foi escollido en maio de 1965.[5]

Cando o YOH-4A foi eliminado polo Exército, Bell resolveu o problema de comercializar o aparello. Ademais do problema de imaxe, o helicóptero non tiña espazo de carga e só proporcionaba un aloxamento reducido para os tres pasaxeiros planeados. A solución pasou por unha fuselaxe redeseñada, máis elegante e esteticamente atractiva, engadindo 0,45 m3 de espazo para carga no proceso.[6] Un executivo de Bell axudou a ese redeseño debuxando nun bosquexo dúas liñas que estendían a fuselaxe ata onde se atopaba coa cola. O redeseño foi designado Bell 206A, e o presidente da compañía President Edwin J. Ducayet chamouno JetRanger, que denota unha evolución do polular Model 47J Ranger.

LongRanger[editar | editar a fonte]

O 206L LongRanger é unha variante estendida con asentos para sete ocupantes. A fuselaxe, alongada 76 cm, engade dous asentos mirando cara atrás entre as outras ringleiras. Dende 1975 Bell fabricou máis de 1 700 LongRanger de todos os tipos. En 1981 apareceu unha versión militar, o 206L TexasRanger. O 206L orixinal usaba un motor Allison 250-C20B, e unha serie de modelos mellorados incorporaron o motor en versións máis potentes; o 206L-1 usaba un 250-C28, e os 206L-3 e 206L-4 utilizaban o 250-C30P.

En 2007 Bell anunciou un programa de mellora para os 206L-1 e 206L-3 para modificar a aeronave para a configuración 206L-4; os avións modificados desígnanse 206L-1+ e 206L-3+. Entre as modificacións inclúese compoñentes estruturais da fuselaxe reforzados (incluída unha nova pluma de cola), unha transmisión mellorada e motor acualizado á versión L-1. Todas estas melloras incrementaron o peso máximo do aparello unhas 300 libras e aumentaron o seu rendemento.

O 24 de xaneiro de 2008 Bell Helicopter anunciou plans para remata a produción da versión Bell 206B-3 despois de que se cumprisen os compromisos presentes en 2010.[7] Porén, a fabricación do 206L-4 continuaba adiante no ano 2018.

Gemini ST e TwinRanger[editar | editar a fonte]

O nome TwinRanger data de mediados dos anos 80 cando Bell desenvolveu o Bell 400 TwinRanger, pero nunca entrou en produción.[8]

En 1989 Tridair Helicopters comezou a desenvolver unha conversión con dous motores do LongRanger, o Gemini ST. O primeiro voo do prototipo tivo lugar o 16 de xaneiro de 1991 e a certificación da FAA chegou no mes de novembro. A súa certificación cobre a conversión dos LongRanger 206L-1, L-3 e L-4 á configuración Gemini ST.[8] A mediados de 1994 o Gemini ST foi certificado como o primeiro aparello Single/Twin, permitíndolle operar cun motor ou dous en todas as fases do voo.[8]

O Bell 206LT TwinRanger foi un novo modelo de produción equivalente ao Gemini ST de Tridair e estaba baseado 206L-4. Fabricáronse 13 206LT, o primeiro deles entregado en xaneiro de 1994 e o derradeiro en 1997. O TwinRanger foi substituído polo novo Bell 427,[8] mentres que Bell pretende que o Bell 505 Jet Ranger X para substituír as versións dun só motor do 206 dende o 2015 e competir co Robinson R66.[9]

Variantes[editar | editar a fonte]

Civís[editar | editar a fonte]

Bell 206B Jet Ranger III
Bell 206
Cinco prototipos YOH-4A para avaliación de voo no programa LOH do exército estadounidense (1963).
Bell 206A
Versión inicial de produción impulsada por un motor turboeixo Allison 250-C18. Certificado pola FAA en 1966. Seleccionado como o OH-58A Kiowa en 1968.
Agusta-Bell 206A
Modelo fabricado baixo licenza en Italia.
Bell 206A-1
OH-58A modificado para a certificación civil da FAA.[10]
Agusta-Bell 206A-1
Fabricado baixo licenza en Italia.
Bell 206B
Motor Allison 250-C20 mellorado.[11]
Agusta-Bell 206B
Fabricado baixo licenza en Italia.
Bell 206B-2
Modelos Bell 206B actualizados con melloras do Bell 206B-3.[11]
Cola dun Bell 206B JetRanger
Bell 206B-3
Motor Allison 250-C20J mellorado e 51 mm máis de diámetro no rotor principal.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Bell 206 JetRanger". Global Security. Consultado o 23 de outubro de 2018. 
  2. "The Cessna CH-1 Helicopter". CollectAir. Consultado o 23 de outubro de 2018. 
  3. "U.S Army Aircraft Acquisition Programs". Uncommon Aircraft 2006. Consultado o 23 de outubro de 2018. 
  4. 4,0 4,1 "Bell 206 JetRanger". 1000AircraftPhotos.com. Consultado o 29 de outubro de 2018. 
  5. Spenser, Jay P. (1998). "Bell Helicopter". Whirlybirds, A History of the US Helicopter Pioneers. University of Washington Press. p. 263. ISBN 0-295-98058-3. 
  6. "The Introduction to the JetRanger" (PDF). Rotor Magazine. Consultado o 29 de outubro de 2018. 
  7. "Bell Streamlines Product Line to Better Align with Customer Demands". Bell Helicopter. Consultado o 30 de outubro de 2018. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 Frawley, Gerard (2003). The International Directory of Civil Aircraft, 2003-200. Aerospace Publications Pty Ltd. p. 43. ISBN 1-875671-58-7. 
  9. "Bell gives 505 JetRanger X update". Vertical. Consultado o 30 de outubro de 2018. 
  10. "Type certificate data sheet no. H2SW" (PDF). FAA. Consultado o 1 de novembro de 2018. 
  11. 11,0 11,1 11,2 "Bell 206: Still Ringing True". Aviation Today. Consultado o 1 de novembro de 2018.