Begoña Bas
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María Begoña Bas López 4 de maio de 1953 (71 anos) Vigo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | museóloga, etnógrafa |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Enciclopedia Galega Universal Dicionario biográfico de Galicia |
María Begoña Bas López, nada en Vigo o 4 de maio de 1953, é unha profesora e etnógrafa galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fixo o bacharelato en Vigo e licenciouse en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela, onde se doutorou en Xeografía. Traballou no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón da Coruña. É profesora do Departamento de Didácticas Específicas na Universidade da Coruña. Dedicase ao estudo da arquitectura popular galega. Colabora nas revistas Verba, Gallaecia e Brigantium. Recibiu o Premio de Etnografía Vicente Risco (1978), o Premio Domingo Fernández del Riego (1984) e o Premio da Crítica Galicia (1992).
Obras
[editar | editar a fonte]- Itinerarios dos hórreos en Galicia. Contribución ao estudo do habitat rural galego, 1978.
- Construcións populares galegas, 1980.
- As construcións populares. Un tema de etnografía en Galicia, 1983, Cuadernos do Seminario de Sargadelos.
- Os petos de ánimas en Ourense, 1985.
- Camiños, pasos e pontes, 1989.
- Muíños de marés e de vento en Galicia, 1991.
- Os muíños, 2000.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Bas López, María Begoña". Dicionario biográfico de Galicia I. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 102.
- "Bas López, María Begoña". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Bas López, María Begoña". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 45. ISBN 84-7492-465-0.