Saltar ao contido

Manolo Santana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManolo Santana

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Manuel Martinez Santana Editar o valor en Wikidata
10 de maio de 1938 Editar o valor en Wikidata
Madrid Editar o valor en Wikidata
Morte11 de decembro de 2021 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Marbella Editar o valor en Wikidata
ResidenciaMarbella Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntenista, adestrador de tenis Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1968 Editar o valor en Wikidata - 1977 Editar o valor en Wikidata
Patrimonio estimadosen valor Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportetenis Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivatenis individual Editar o valor en Wikidata
Man de xogodestro Editar o valor en Wikidata
Modalidade Partido de tenis Recorde individual (pt)Recorde individual (pt) Número de vitorias Récord persoal
Tenis individual 113–44 Editar o valor en Wikidata  5 Editar o valor en Wikidata 145 (1975)
Tenis dobres 20–22 Editar o valor en Wikidata valor descoñecido
Hall of fame Info HOF Editar o valor en Wikidata
ATP Info ATP Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Competición
1958-1973  Equipe Espanhola de Copa Davis
Participou en
1968Xogos Olímpicos de 1968 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeClaudia Inés Rodríguez (2013–2021), divorcio
Mila Ximénez (1983–1986), divorcio Editar o valor en Wikidata
FillosBeatriz Santana
 () Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteManuel Santana, Influential Spanish Tennis Champion, Dies at 83 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0763329 BNE: XX1066286 WikiTree: Santana-Martinez-1 Editar o valor en Wikidata

Manuel Santana Martínez, coñecido como Manolo Santana, nado en Madrid o 10 de maio de 1938 e finado en Marbella o 11 de decembro de 2021, foi un tenista español. Considerado un dos primeiros grandes tenistas españois da historia, xunto a Andrés Gimeno, foi unha das figuras deportivas máis célebres do seu país no século XX. Conquistou catro torneos de Grand Slam en categoría individual e un en dobres.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia de poucos recursos de Madrid. Seu pai Braulio era electricista e sindicalista e coa chegada do franquismo foi encarcerado durante seis anos.[1][2] Aos 10 anos, Manolo foi un día ao Club Velázquez de tenis a levarlle un bocadillo a seu irmán Braulio, que traballaba alí como recolledor de pelotas. Alí descubriu o tenis e pouco despois conseguiu que seu irmán o metese a traballar no club.[3] Aos 12 anos faleceu seu pai, só un par de anos despois de saír do cárcere, e os problemas económicos da familia empeoraron. Manolo foi entón apadriñado e acollido polos adiñeirados irmáns Álvaro e Aurora Romero Girón, que coñecera no club de tenis,[2] e que lle deron aloxamento e pagaron os seus estudos.[4]

Continuou xogando ao tenis e en 1955 proclamouse campión de España júnior, título que revalidou ao ano seguinte.[3] Entre 1956 e 1958 conquistou tres veces consecutivas a Copa Galea.[5] En 1958 gañou o primeiro dos seus oito títulos de campión de España absoluto (os outros conseguiunos nos anos 1960, 1961, 1962, 1963, 1964, 1968 e 1969).[5]

Éxito mundial

[editar | editar a fonte]

En 1961 acadou a súa primeira final dun Grand Slam, no torneo de Roland Garros, despois de eliminar nas semifinais a Rod Laver. Na final conseguiu o seu primeiro gran título ao derrotar ao vixente campión, o italiano Nicola Pietrangeli en cinco sets.[6] Repetiu final do mesmo torneo en 1964, contra o mesmo rival, e gañou a súa segunda coroa ao derrotalo en catro sets.[7] Un ano antes proclamárase campión tamén en dobres, formando parella co australiano Roy Emerson.[8]

En agosto de 1965 liderou o equipo español na inesperada vitoria sobre os Estados Unidos na Copa Davis, converténdose nun heroe nacional e disparando o nivel de popularidade do tenis en España.[9] Unhas semanas despois conquistou o Aberto dos Estados Unidos, despois de eliminar nas semifinais ao estadounidense Arthur Ashe e derrotar na final ao surafricano Cliff Drysdale. Foi o primeiro europeo en gañar dito torneo en case dúas décadas, dende que o fixera o británico Fred Perry en 1936.[10] En decembro xogou polo título da Copa Davis contra o equipo defensor, Australia, caendo por 4-1.

Ao ano seguinte proclamouse campión do torneo de Wimbledon, superando na final en tres sets ao estadounidense Dennis Ralston.[11] Participou nos Xogos Olímpicos de 1968 en Cidade de México, onde o tenis entrou como deporte de exhibición, e logrou o primeiro posto en individuais e o segundo en dobres (xunto a Juan Gisbert).[12]

A súa última gran vitoria foi no Trofeo Conde de Godó de Barcelona en 1970, onde gañou o título tanto en individual como en dobres. En individuais derrotou na final a Rod Laver, mentres que en dobres fixo parella con Lew Hoad e superou na final á dupla formada polo propio Laver e por Andrés Gimeno.[13] A continuación retirouse, con 32 anos de idade.[14]

Trala retirada

[editar | editar a fonte]

Trala súa retirada como tenista continuou vencellado ao tenis como adestrador e promotor. Foi capitán da selección española de Copa Davis en dúas ocasións, a primeira delas entre 1980 e 1985 e a segunda entre 1995 e 1999. Dirixiu o Masters de Madrid dende a súa creación ata 2019,[14] e en 1997 fundou en Marbella o club de tenis Manolo Santana Racquets Club.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En setembro de 1965 foi condecorado coa Medalla de Ouro ao Mérito Deportivo do Concello da Coruña, xunto ao futbolista Luis Suárez.[15] Foi incluído no Salón da Fama do Tenis Internacional en 1984.[16] [17] En 2020 recibiu o Premio Philippe Chatrier da ITF pola súa contribución ao tenis, tanto dentro como fóra das pistas.[18]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou coa coruñesa María Fernanda González-Dopeso en 1963 e tivo con ela tres fillos: Manuel, Beatriz e Borja. Divorciáronse en 1980. Durante ese período tivo tamén unha filla fóra do matrimonio, Barbara Catherina.[19] En 1983 casou coa xornalista Mila Ximénez, coa que tivo a súa quinta e última filla, Alba. O matrimonio acabou de xeito problemático en 1986. En 1990 casou coa modelo sueca Otti Glanzielus, da que se divorciou en 2008.[19] En 2013, aos 75 anos, casou por cuarta vez, coa colombiana Claudia Inés Rodríguez.[19][20]

Faleceu en Marbella, onde vivía, o 11 de decembro de 2021, aos 83 anos de idade.[10]

  1. Abrahams, Gabe (9 de febreiro de 2022). "Manolo Santana, de una familia republicana a Wimbledon" (en castelán). Consultado o 10 de outubro de 2022.
  2. 1 2 ""La Duquesa de Kent tiraba para arriba y yo tiraba para abajo"". As (en castelán). 26 de setembro de 2008. Consultado o 10 de outubro de 2022.
  3. 1 2 Barbotta, Héctor (11 de decembro de 2021). "Manolo santana, ex tenista y empresario deportivo: El campeón que buscó la suerte" (en castelán). Consultado o 10 de outubro de 2022.
  4. "Manolo Santana: "Aún me veo buscando una propina en el Club Velázquez"". El Mundo (en castelán). 8 de maio de 2018. Consultado o 10 de outubro de 2022.
  5. 1 2 "De Roland Garros a Wimbledon: Manolo Santana puso a España en el mapa del tenis mundial". RTVE (en castelán). 11 de decembro de 2021. Consultado o 10 de outubro de 2022.
  6. "Roland-Garros 1961 (Grand Slam) - Men singles" (PDF). Federación Francesa de Tenis (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2007. Consultado o 10 de outubro de 2022.
  7. "Roland-Garros 1964 (Grand Slam) - Men singles" (PDF). Federación Francesa de Tenis (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 3 de decembro de 2013. Consultado o 10 de outubro de 2022.
  8. "French Open men's doubles champions and runners-up". sport-histoire.fr (en inglés). Consultado o 10 de outubro de 2022.
  9. Serras, Manel (20 de xul. de 2000). "Historia de la única victoria". El País (en castelán). Consultado o 10 de outubro de 2022.
  10. 1 2 "Fallece Manolo Santana, pionero del tenis" (en castelán). 11 de decembro de 2021. Consultado o 10 de outubro de 2022.
  11. Mora, Froilán (11 de xuño de 2018). "Wimbledon 1966: el día que Santana cambió el tenis español para siempre". Marca (en castelán). Consultado o 10 de outubro de 2022.
  12. "Manuel Santana obituary". ATP Tour.
  13. "Barcelona 1970". atptour.com (en castelán). Consultado o 10 de outubro de 2022.
  14. 1 2 "Biografía de Manolo Santana". tennis-masters-madrid.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2006. Consultado o 10 de outubro de 2022.
  15. "Santana y Suárez, medallas de oro al mérito deportivo del ayuntamiento coruñés". La Noche (en castelán) (13664). 10 de setembro de 1965. p. 7. Consultado o 10 de outubro de 2022.
  16. "Manolo Santana: Spanish tennis great dies aged 83" (en inglés). 12 de decembro de 2021. Consultado o 10 de outubro de 2022.
  17. "Santana y Suárez, medallas de oro al mérito deportivo del ayuntamiento coruñés". La Noche (en castelán). 10 de setembro de 1965. p. 7. Consultado o 28 de xuño de 2021.
  18. "Santana and Stolle honoured with ITF Philippe Chatrier Award" (en inglés). 31 de marzo de 2020. Consultado o 10 de outubro de 2022.
  19. 1 2 3 Molina, Nacho (12 de decembro de 2021). "Así fue la vida amorosa de Manolo Santana más allá de Mila Ximénez". La Vanguardia (en castelán). Consultado o 10 de outubro de 2022.
  20. García, Belén (22 de xullo de 2013). "La cuarta boda de una leyenda" (en castelán). Consultado o 10 de outubro de 2022.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]