Saltar ao contido

Bea Lema

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBea Lema
Biografía
Nacemento(es) Beatriz Lema Rivera Editar o valor en Wikidata
1985 Editar o valor en Wikidata (38/39 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónartista , ilustradora , artista de banda deseñada Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Instagram: bea.lema Tebeosfera: lema_rivera_beatriz Editar o valor en Wikidata

Beatriz Lema Rivera,[1] coñecida como Bea Lema, nada na Coruña en 1985 é unha ilustradora e autora de banda deseñada galega.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ten feito ilustracións para revistas, carteis e libros infantís. Formada como dseñadora de produto na Universidade da Coruña, empezou en 2010 trabllando en Sargadelos. Desde 2013 ten realizado proxectos para entidades como Certamen Coreográfico de Madrid, O Salto Galiza, Fuera de Margen, Concello da Coruña e Xunta de Galicia.

No seu traballo, moitas veces autobiográfico, trata temas como a loucura, as relacións familiares, a relixión, a trauma, os ritos populares.[3]

O xerme da obra El cuerpo de Cristo foi en 2016 cunha versión en tinta negra: O corpo de Cristo, que foi premiada en 2017, trata a enfermidade mental desde a perspectiva dunha meniña. Despois en 2022 gozou dunha residencia de novela gráfica na Maison des Auteurs do festival de Angoulême.[4] Titulada en francés Des Maux à dire (El cuerpo de Cristo, en Astiberri), levou varios premios. A primeira versión era moito máis sinxela, a liña, e foi mellorando coa cor, as formas e o bordado.[5] En 2024 traballaba na adaptación a curtametraxe de animación, producida por Uniko y Abano Produciòns, foi presentada no Festival Internacional de Cine de Animación de Annecy 2023.[6]

O premio do Ministerio de Cultura (30.000 €) é por "unha obra arriscada no formal e innovadora, empregando texturas e composicións que transcenden as técnicas máis utilizadas sen renunciar ao uso do humor e a unha mirada poética", segundo o xurado.[3]

  • O corpo de Cristo (2018). Deputación da Coruña. 96 páxs. ISBN 978-84-9812-320-3.
  • I Want to Eat! (2021). China: Ed. S&S Alliance.
  • I Want to Sleep! (2021). China: Ed. S&S Alliance.
  • I Want to Poop! (2021). China: Ed. S&S Alliance.
  • I Want to Bathe! (2021).China: Ed. S&S Alliance.
  • Des maux à dire (2023). Sarbacane. 184 páxs. ISBN 9791040802396.
  • El cuerpo de Cristo (2024). Bilbao: Astiberri Ediciones. 184 páxs. ISBN 9788419670144. Título orixinal Des Maux à dire.
  • 2017: Premio Castelao de banda deseñada da Deputación da Coruña por O corpo de Cristo, a primeira muller en recibir o premio.
  • 2023: Finalista do Premio ACDCómic de autora emerxente, por El cuerpo de Cristo.
  • 2023: Premio do Xurado do Festival BD en Périgord, por El cuerpo de Cristo.
  • 2024: Premio Nacional do Cómic, por El cuerpo de Cristo.
  • 2024: Premio do Público do Festival de Angoulême, por El cuerpo de Cristo.
  • 2024: Gran Premio l’Héroïne Madame Figaro, por El cuerpo de Cristo.
  • 2024: Premio Bédélys do Festival de Cómic de Montréal á mellor obra estranxeira, por El cuerpo de Cristo.
  • 2024: Finalista do Premio Miguel Gallardo á autora emerxente en Comic Barcelona, por El cuerpo de Cristo.
  1. "Lema Rivera, Beatriz". www.tebeosfera.com (en castelán). Consultado o 2024-09-17. 
  2. Diario, Nós (2024-09-25). "Bea Lema: "Comecei a facer páxinas empregando a técnica do bordado e sorprendeume o resultado"". Nós Diario. Consultado o 2024-09-26. 
  3. 3,0 3,1 Novas, Gracia (2024-09-16). "La ilustradora gallega Bea Lema, Premio Nacional del Cómic 2024 con «El cuerpo de Cristo», «una obra innovadora, arriesgada en lo formal»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2024-09-17. 
  4. "En lice à Angoulême : Des maux à dire, en découdre avec la maladie mentale". Le Figaro (en francés). 2023-12-30. Consultado o 2024-09-17. 
  5. Casais, Marta (2024-09-17). "“Hacer este cómic ha sido mi escuela”". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2024-09-17. 
  6. "Bea Lema::Astiberri Ediciones". www.astiberri.com. Consultado o 2024-09-17. 
  7. "Bea Lema: "Para entender a loucura hai que coñecer o contexto"". G24. Consultado o 2024-09-17. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]