Batallón Azov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Batallón Azov
Rexemento de Operacións especiais da Garda Nacional de Ucraína "Azov"
PaísUcraína Ucraína
FidelidadeMinisterio de Asuntos Internos de Ucraína
Ramagarda nacional
Tipoinfantaría
Papelbatallón de propósito especial
Tamaño1000 aproximadamente
EnfrontamentosGuerra civil no leste de Ucraína

Invasión rusa de Ucraína de 2022

Comandantes
Comandante actualDenys Prokopenko
Xefe cerimoniasIhor Klymenko
PosiciónNeonazismo
Ultranacionalismo ucraíno
Supremacismo branco
Rusofobia
Anticomunismo
Islamofobia
Antisemitismo
SubcomandanteExtrema dereita

O Batallón Azov (en ucraíno, Батальйон «Азов») é unha unidade militar de extrema dereita[1] de voluntarios neonazis[2][3] de Ucraína. Conta tamén con membros doutros países, entre eles, Croacia.

Pertence á Garda Nacional de Ucraína, unha sección de reserva das Forzas Armadas de Ucraína que está baixo xurisdición do Ministerio do Interior do país.[4][5][6] Conta con importantes redes financeiras, como o oligarca ucraíno do sector eléctrico Íhor Kolomoiski.[7]

En 2018, o Congreso dos Estados Unidos aprobou un proxecto de lei que prohibía a axuda militar ao Azov, debido á súa ideoloxía da supremacía branca.[8]

O Batallón ten a sede na cidade de Mariupol, na costa do mar de Azov, onde en 2014 lograron deter o avance das milicias da República Popular de Donetsk en dúas ocasións. Pagáballes aos seus voluntarios 70 dólares mensuais en 2014.[9] Está composto na súa maioría por voluntarios de organizacións e partidos de extrema dereita, como Pravy Sector ("Sector Dereito") ou Svoboda ("Liberdade").

Símbolos[editar | editar a fonte]

Emblema de Azov co sol negro e a runa wolfsangel

O seu escudo conta cunha runa wolfsangel estilizada e o símbolo do sol negro sobre as cores da bandeira de Ucraína, amais do nome do batallón. As runas son usadas polo nazismo a nivel internacional, polo que acotío son asociadas a esta ideoloxía. A bandeira consta dun lenzo amarelo coa wolfsangel en cor negra e o sol negro en cor branca.[10]

O grupo negou en numerosas ocasións ser de ultradereita ou ter aspiracións de estabelecer unha futura «orde branca». Porén, un voceiro do Batallón Azov declarou en 2014 que entre o 10 e o 20% do rexemento eran neonazis.[11][12][13]

Actuacións[editar | editar a fonte]

Os membros do batallón participaron en combates contra as milicias da República Popular de Donetsk, por exemplo en Mariupol.[14]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ""The Iron March Forum and the Evolution of the "Skull Mask" Neo-Fascist Network"" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de decembro de 2021. Consultado o 25 de marzo de 2022. 
  2. Carden, James (2016-01-14). "Congress Has Removed a Ban on Funding Neo-Nazis From Its Year-End Spending Bill" (en inglés). ISSN 0027-8378. Consultado o 2022-02-27. 
  3. "The Rise of Far-Right Extremism in the United States" (en inglés). Consultado o 2022-02-27. 
  4. "Así es el batallón Azov, el grupo paramilitar nazi integrado en el Ejército de Ucrania". 2022-03-14. 
  5. "Voluntarios croatas y serbios trasladan su enemistad a la guerra de Ucrania". lavanguardia.com. 10 de febreiro de 2015. Consultado o 12 de febreiro de 2022. 
  6. "Ukraine conflict: 'White power' warrior from Sweden". BBC News (en inglés). 2014-07-16. Consultado o 2022-02-27. 
  7. "Ukraine: Batallion Backed by Jewish Billionaire Sent to Fight Pro-Russian Militias" (en inglés). 
  8. Kheel, Rebecca (2018-03-27). "Congress bans arms to Ukraine militia linked to neo-Nazis" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2019-09-30. 
  9. "Leaders talk peace, some Ukrainians contemplate guerrilla war" (en inglés). 
  10. "'Foreign Policy': Las milicias en Ucrania se enfrentan a neonazis afines al Gobierno". 
  11. "Ukraine's National Militia: 'We're not neo-Nazis, we just want to make our country better'". 
  12. "Azov, Donbás, Pravy Sektor: los símbolos de las SS renacen en Ucrania". 
  13. Pugliese, David (2015-06-26). "Ukrainian unit accused of Neo-Nazi links wants Canada's help". Ottawa Citizen (en inglés). Consultado o 2017-12-20. 
  14. "Más de 5.000 voluntarios para defender Mariupol".