The Revenant (filme de 2015)
| The Revenant | |||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||||||||||
The Revenant é un filme estadounidense dirixido por Alejandro G. Iñárritu que se estreou no 2015. Está ambientado en 1823, en Montana e Dacota do Sur, e o guión foi escrito por Mark L. Smith e Iñárritu baseándose na novela de Michael Punke The Revenant: A Novel of Revenge. Está protagonizado por Leonardo DiCaprio, Tom Hardy, Will Poulter e Domhnall Gleeson.[1]
O desenvolvemento do filme comezou en agosto de 2001, cando Akiva Goldsman mercou o manuscrito de Punke coa intención de producir o filme. Orixinalmente pensouse en Park Chan-wook como director e a Samuel L. Jackson como protagonista, e posteriormente a John Hillcoat con Christian Bale. Ámbolos directores rexeitaron o proxecto, asinou como Iñárritu en agosto de 2011. En abril de 2014, despois de varios atrasos na produción por mor doutros proxectos, Iñárritu confirmou que comezaría a traballar en The Revenant e que DiCaprio sería o protagonista. É a segunda colaboración de Leonardo DiCaprio e Tom Hardy (sendo o primeiro Orixe).
O filme foi nomeado a doce Premios Óscar na 88ª entrega de 2016, gañando tres deles: mellor director para Iñárritu, mellor actor para DiCaprio e mellor fotografía para Emmanuel Lubezki.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Leonardo DiCaprio como Hugh Glass,[2] o protagonista abandonado por morto polos seus compañeiros cazadores.
- Tom Hardy como John Fitzgerald,[2] o principal antagonista que busca a morte de Glass para o seu propio proveito.
- Domhnall Gleeson como Andrew Henry,[3] o líder da partida de caza.
- Will Poulter como Jim Bridger.[2]
- Forrest Goodluck como Hawk, fillo de Glass.
- Paul Anderson como Anderson.
- Brendan Fletcher como Fryman.
- Kristoffer Joner como Murphy.
- Brad Carter como Johnnie.[4]
- Lukas Haas como Jones.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Chitwood, Adam (3 de febreiro de 2015). Collider, ed. "Alejandro González Iñárritu Explains Why The Revenant Is Taking 9 Months to Shoot". Consultado o 11 de agosto de 2015.
- 1 2 3 Regency Staff (27 de decembro de 2015). Regency Enterprises, ed. "The Revenant". Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2016. Consultado o 28 de decembro de 2015.
- ↑ RTE Staff (20 de xullo de 2015). RTÉ, ed. "Gleeson joins DiCaprio in The Revenant teaser".
- ↑ Yamato, Jen (24 de outubro de 2014). Deadline.com, ed. "Brad Carter Lands ‘The Revenant’". Consultado o 25 de outubro de 2014.
- ↑ "Rovi" (28 de decembro de 2015). Fandango.com, ed. "The Revenant (2015) Cast and Crew". Consultado o 28 de decembro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- The Revenant na IMDb (en inglés).
- Filmes de 2015
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Alejandro González Iñárritu
- Filmes sobre vinganza
- Filmes sobre supervivencia
- Filmes sobre nativos americanos
- Filmes rodados na Columbia Británica
- Filmes rodados en Calgary
- Filmes ambientados en Montana
- Filmes ambientados en 1823
- Filmes de Regency Enterprises
- Filmes de 20th Century Fox
- Filmes de Appian Way Productions
- Filmes baseados en feitos reais
- Filmes cuxo director gañou o Óscar ó mellor director
- Filmes distribuídos en sistemas IMAX