Baldellia ranunculoides

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Baldellia ranunculoides

Baldellia ranunculoides
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Subclase: Alismatidae
Orde: Alismatales
Familia: Alismataceae
Xénero: 'Baldellia'
Parl.
Especie: B. ranunculoides
Nome binomial
Baldellia ranunculoides
(L.) Parl.

Baldellia ranunculoides é unha especie de planta da familia Alismataceae. Está moi relacionada co xénero Echinodorus e pode ser incluída neste xénero despois de recentes investigacións.

Ilustración

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

Euroasiático e na rexión Mediterránea-occidental. En España atópase en Galicia,[1] no Andévalo, Barcelona, Castelló, Xirona, Illas Baleares, Tarragona e Valencia onde crece nos torrentes e pequenas balsas. No parque natural Los Alcornocales (Cádiz-Málaga), aparece na primavera sobre charcas estacionais.

Descrición[editar | editar a fonte]

É unha herba acuática que vive enraizada nos sedimentos de lagoas e regatos, coas súas follas e inflorescencias aéreas. As follas son pecioladas, elípticas a lanceoladas ou lineais lanceoladas, e teñen unha lámina ovalada cunha base moi atenuada. As flores son hermafroditas, con 1-3 cabezas en umbelas ou acios con pedúnculos longos sobre follas axilares. Ten seis estames, numerosos carpelos, reunidos en espiral ou en cabezas esféricas. Os froitos son aquenios. Florece a finais da primavera.[2]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Baldellia ranunculoides foi descrita por (L.) Parl., e publicada en Nuovi Generi e Nuove Specie dei Piante Monocotiledoni 1854.[3]

Sinónimos
Variedades
  • Baldellia ranunculoides subsp. cavanillesii Molina Abril, A.Galán & J.M.Pizarro (1994).
  • Baldellia ranunculoides subsp. ranunculoides.
  • Baldellia ranunculoides subsp. repens (Lam.) Á.Löve & D.Löve (1961).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Romero Buján, M.I. (2008). Catálogo da flora de Galicia. Monografías do IBADER. Lugo: Universidade de Santiago de Compostela. ISSN 1888-5810. 
  2. Datos en Herbarivirtual
  3. "Baldellia ranunculoides". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 3 de xullo de 2013. 
  4. "Baldellia ranunculoides". Real Jardín Botánico: Proyecto Anthos. Consultado o 27 de novembro de 2009.