Balaústre
Un balaústre[1] é cada unha das pequenas columnas que sosteñen o peitoril ou a varanda dos balcóns, corredores, solainas, escaleiras etc[2]. Forman no seu conxunto, unidas co traveseiro superior ou pasamáns, a balaustrada.
Son un paso máis na evolución dunha simple varanda de esteos de madeira ou ferro, son pois elementos de ornamentación moi usados na arquitectura que tem como base unha tendencia estética, por exemplo romana, francesa, grega ou outra. Consecuentemente a súa forma pode ser en pilastra abaulada, en estilo ou estampa grega panhelénico, xónico con entalles romanos ou unha forma ecléctica contemporánea cun toque gótico etc. Tamén existe a tipoloxía formal composta por pilastra recta, sen entalles ou só abaulada lisa, ou sexa, sen referencia a un estilo estético específico.[3][4]
En Galicia forman parte da evolución das varandas sinxelas de madeira dos patíns e corredores da casa tradicional, cara ás solainas de pedra traballada que aparecen en pazos e casas grandes. Tamén aparecen balaustradas traballadas nos balcóns de diferentes edificios en vilas e cidades, así coma en escaleiras públicas e elementos de igrexas e catedrais.
Ademais das balaustradas de pedra, o proceso moderno consiste en crear unha balaustrada de formigón, cun molde de plástico ríxido, dividido en dúas partes ou único, premoldado, onde se adiciona unha mestura de cemento, area e grixo de pequeno tamaño, ás veces enxertando no seu interior unha armazón de ferro a fin de dar estabilidade ao conxunto. Despois de vinte e catro horas desenmóldase con coidado.
Os balaústres non só teñen un uso práctico como parapetos, varandas ou peitorís, senón que son elementos ornamentais, reflectindo o estilodo conxunto arquitectónico onde se insere.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Balaustradas na Catedral de Santiago de Compostela (Praza da Quintana de Mortos).
-
Balaustrada na Alameda de Pontevedra.
-
Balaústres do Pazo de Mariñán.
-
Pináculos nunha balaustrada en Lisboa.
-
Balaustrada traballada.
-
Balaustrada plateresca do coro da igrexa de Santo Estevo (Museo del Retablo) de Burgos, España.
-
Balcóns con balaustrada na Casa de Estanislao Durán, na Rúa do Príncipe de Vigo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ {{Cita web |url=http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?palabra=bala%C3%BAstre&sinom=0&homonimo= |título=Definición en Portal das Palabras da [[RAG |data-acceso=21 de outubro de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20141021165654/http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?palabra=bala%C3%BAstre&sinom=0&homonimo= |dataarquivo=21 de outubro de 2014 |urlmorta=yes }}
- ↑ Definicións en Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009 eVocabulario ortográfico da lingua galega, A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004
- ↑ "What Is a Balustrade? What is a Baluster?" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2013. Consultado o 12 de agosto de 2013.
- ↑ "Balaustrada é:". colegiodearquitetos.com.br (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2016. Consultado o 12 de agosto de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Balaústre |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Rudolf Wittkower, «The Renaissance baluster and Palladio» en Palladio and English Palladianism (Londres, ed. Thames and Hudson, 1974.)