Saltar ao contido

Mirza Teletović

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMirza Teletović

(2013) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de setembro de 1985 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
Mostar, Bosnia e Hercegovina Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
EducaciónGimnazija Meša Selimović (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura205 cm Editar o valor en Wikidata
Peso111 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2002 Editar o valor en Wikidata - 2018 Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNational Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla-pivote Editar o valor en Wikidata
Número deportivo35 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2002–2004 OKK Sloboda Tuzla
2004–2006 BC Oostende
2006–2012 Saski Baskonia
2012–2015 Brooklyn Nets
2015–2016 Phoenix Suns
2016–2018 Milwaukee Bucks
Participou en
2013Campionato Europeo de Baloncesto Masculino de 2013
2011Campionato europeo de baloncesto de 2011
2005Campionato europeo de baloncesto de 2005
2003Campionato europeo de baloncesto de 2003 Editar o valor en Wikidata

Páxina webenglish.teletovic-mirza.com Editar o valor en Wikidata

Mirza Teletović, nado o 17 de setembro de 1985 en Mostar, RS Bosnia e Hercegovina, RFS de Iugoslavia, é un ex xogador profesional de baloncesto bosníaco que xogou seis tempadas na National Basketball Association (NBA).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Teletović debutou coma profesional no Sloboda Tuzla bosníaco durante a tempada 2002-03. Na súa primeira tempada no club, acadou 7.2 puntos e 2.7 rebotes por partido, mentres que na segunda tempada incrementou eses números ata os 26.4 puntos e 6.6 rebotes por encontro, en 17 partidos disputados.

En 2004, Teletović fichou polo BC Oostende belga, onde xogou dúas tempadas. No ano 2006 fichou polo Saski Baskonia da Liga ACB, equipo co cal debutou na Euroliga. Co paso das tempadas converteuse no capitán do Baskonia e nun dos xogadores máis importantes do equipo.

O 3 de xullo de 2012, Teletović acordou cos Brooklyn Nets un contrato de 3 anos e 15.6 millóns de dólares.[1] Este contrato foi cambiado a un contrato de 3 anos e 9 millóns de dólares.[2] Fixo o seu debut na NBA o 5 de novembro de 2012 contra os Minnesota Timberwolves.

O 27 de setembro de 2018, Teletović anunciou a súa retirada coma xogador profesional.[3]

  1. "Sources: Nets, Mirza Teletovic agree". ESPN.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2014. Consultado o 3 de xullo de 2012. 
  2. "Nets' deal with Teletovic reopens possibility of trade for Howard". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2012. Consultado o 6 de xullo de 2012. 
  3. Mirza Teletovic, doble campeón de la ACB con el Baskonia, anuncia su retirada

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]