Saltar ao contido

Pro Basketball League

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaPro Basketball League
Imaxe
Tipoliga deportiva Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
OrganizadorFédération Royale Belge des Sociétés de Basketball (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Número de participantes10 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísBélxica Editar o valor en Wikidata
Vixencia1928 – Editar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialscoooreleague.be Editar o valor en Wikidata

A Pro Basketball League (PBL),[1] coñecida por motivos de patrocinio como EuroMillions Basketball League, foi a máxima categoría do baloncesto profesional masculino en Bélxica. Organizada pola Basketball League Belgium, a competición comezou no ano 1928, sendo coñecida até 2014 como Ethias League. En 2021 foi substituída pola BNXT League, unha liga que agrupa equipos de Bélxica e os Países Baixos. O club con máis títulos de Liga é o Oostende, seguido polo desaparecido Racing Mechelen e o Spirou Charleroi.

A Pro Basketball League xogábase baixo o regulamento internacional da Federación Internacional de Baloncesto (FIBA). O último formato da competición foi adoptado na temporada 2014−15. Na temporada regular, todos os equipos xogan entre si primeiro en casa e despois fóra. Despois desa primeira rolda, a Liga dividíase en dous grupos en función da clasificación; no primeiro grupo xogaban os equipos clasificados do 1 ao 6 e no segundo do 7 ao 11. Despois da separación cada equipo xogaba contra todos os demais do seu grupo unha vez en casa e unha vez fóra. Despois diso disputábanse os play-offs, os cales eran xogados polos oito primeiros clasificados (os seis do primeiro grupo e os dous primeiros do segundo). Os cuartos de final consistían en series ao mellor de tres e a semifinal e final xogábase nun formato ao mellor de cinco.

Todos os equipos que participaban na Pro Basketball League tiñen que obter unha licenza para xogar. Había tres tipos de licenzas:

  • Licenza-A: para os equipos que tiñan un orzamento de máis de 1.000.000 de euros. Os equipos con esta licenza podían xogar competicións europeas.
  • Licenza-B: para os equipos que tiñan un orzamento de máis de 750.000 euros (e non chegan a 1.000.000). Os equipos con esta licenza non podían xogar competicións europeas.
  • Licenza-C: para os equipos que tiñan un orzamento de máis de 400.000 euros (e non chegan a 750.000). Estas licenzas non permitían aos equipos participar en competicións europeas. Ademais, tiñan que ser substituídas por unha Licenza-B antes de dous anos.

Patrocinadores

[editar | editar a fonte]

Ao longo dos anos, o campionato da Pro Basketball League foi mudando o seu nome debido a diferentes acordos de patrocinio. A seguinte é unha lista das denominacións oficiais do compionato:

  • Ethias League (2007−2014)
  • Scooore! League (2014–2016)
  • EuroMillions Basketball League (2016–2021)
Localización dos equipos da PBL 2020–21

Os seguintes son os equipos que compitiron na temporada 2020−21, última campaña da Pro Basketball League.

Equipo Cidade Provincia Pavillón Capacidade
Belfius Mons-Hainaut Mons Hainaut Hainaut Mons.Arena 4.000
Filou Oostende Oostende Flandres Occidental Flandres Occidental Sleuyter Arena 5.000
Hubo Limburg United Hasselt Limburgo Limburgo Alverberg-sporthal 1.730
Kangoeroes Mechelen Malinas Anveres Anveres Winketkaai 1.500
Okapi Aalstar Aalst Flandres Oriental Flandres Oriental Okapi Forum 2.800
Phoenix Brussels Bruxelas Bruxelas-Capital Bruxelas-Capital Neder-Over-Hembeek 1.200
Spirou Charleroi Charleroi Hainaut Hainaut Spiroudome 6.200
Stella Artois Leuven Bears Lovaina Brabante Flamengo Brabante Flamengo Sportoase 3.400
Telenet Giants Antwerp Anveres Anveres Anveres Lotto Arena 5.218
VOO Liège Liexa Liexa Liexa Country Hall Ethias 5.000

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Por equipo

[editar | editar a fonte]
Lenda
Equipo desaparecido
Títulos Equipo Temporadas
22
Oostende1981, 1982, 1983, 1984, 1985, 1986, 1988, 1995, 2001, 2002, 2006, 2007, 2012, 2013, 2014, 2015, 2016, 2017, 2018, 2019, 2020, 2021
15
Racing Mechelen1965, 1966, 1967, 1969, 1974, 1975, 1976, 1980, 1987, 1989, 1990, 1991, 1992, 1993, 1994
10
Spirou1996, 1997, 1998, 1999, 2003, 2004, 2008, 2009, 2010, 2011
8
Antwerpse1956, 1959, 1960, 1961, 1962, 1963, 1964, 1973
7
Royal IV1939, 1942, 1952, 1953, 1954, 1957, 1958
6
Semailles1946, 1947, 1948, 1949, 1950, 1951
4
Fresh Air1937, 1938, 1978, 1979
4
Brussels A.C.1928, 1930, 1931, 1933
3
Daring B.C.1929, 1932, 1934
3
Standard Liège1968, 1970, 1977
2
Lier1971, 1972
2
Amicale Sportive1935, 1936
1
Bree2005
1
Antwerp Giants2000
1
Hellas Gent1955

Desde o ano 2005 xóganse eliminatorias para decidir o campión de Liga. A final da competición é xogada ao mellor de cinco partidos, sendo o equipo mellor clasificado dos dous na fase regular o que ten a vantaxe como local.

Temporada Campión Resultado Subcampión
2004–05
Bree
3–1
Spirou Charleroi
2005–06
Oostende
3–1
Mons-Hainaut
2006–07
Oostende
3–2
Bree
2007–08
Spirou Charleroi
3–0
Bree
2008–09
Spirou Charleroi
3–0
Mons-Hainaut
2009–10
Spirou Charleroi
3–1
Liège Basket
2010–11
Spirou Charleroi
3–0
Okapi Aalstar
2011–12
Oostende
3–2
Spirou Charleroi
2012–13
Oostende
3–0
Mons-Hainaut
2013–14
Oostende
3–2
Okapi Aalstar
2014–15
Oostende
3–1
Mons-Hainaut
2015–16
Oostende
3–1
Okapi Aalstar
2016–17
Oostende
3–1
Brussels
2017–18
Oostende
3–0
Antwerp Giants
2018–19
Oostende
3–1
Antwerp Giants
2019–20
Oostende
C
Mons-Hainaut
2020–21
Oostende
3–1
Mons-Hainaut

Aparicións por equipo

[editar | editar a fonte]
Equipo Aparicións Vitorias Derrotas
Oostende12120
Mons-Hainaut606
Spirou Charleroi542
Bree312
Okapi Aalstar303
Antwerp Giants202
Liège101
Brussels101
  1. "Statuten Pro Basketball League" (PDF) (en neerlandés). Consultado o 21 de setembro de 2018.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]