Azul Linhas Aéreas Brasileiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Azul Linhas Aéreas Brasileiras
IATA
AD
OACI
AZU
Indicativo
AZUL
Fundación5 de maio de 2008
Inicio das operacións15 de decembro de 2008
Frota126
Destinos107
Eslogan da compañíaVocê lá em cima.
É o Brasil lá em cima.
SedeBarueri, São Paulo
Páxina web: https://www.voeazul.com.br

Azul Linhas Aéreas Brasileiras é unha aeroliña brasileira con sede en Barueri, un suburbio da cidade de São Paulo.[1] O seu modelo de negocio baséase en estimular a demanada proporcionando voos frecuentes e económicos en mercados pouco sevidos por todo Brasil. Foi creada o 5 de maio de 2008 por David Neeleman (fundador da aeroliña estadounidense JetBlue), cunha frota de 76 Embraer 195.[1] A aeroliña comezou a operar o 15 de decembro do mesmo ano.[2]

Segundo a Autoridade de Aviviación Civil do Brasil (ANAC), entre xaneiro e decembro de 2015 Azul operou o 17% dos voos domésticos e o 8% dos internacionais do país,[3] sendo a terceira aeroliña máis grande do Brasil tras LATAM e Gol.

Historia[editar | editar a fonte]

David Neeleman, brasileiro criado nos Estados Unidos, que tamén foi o cofundador de WestJet e de Morris Air,[4] tras afastarse da presidencia de JetBlue, aeroliña que tamén fundou, en marzo de 2008 anunciou os seus plans para fundar unha aeroliña de baixo custo no Brasil.[5] Aínda sen un nome definido, a empresa xa tiña un pedido de 36 avións Embraer 195 con opción de 40 máis nun contrato estimado en 3 000 millóns de dólares.[6]

Busca dun nome[editar | editar a fonte]

Para definir o nome da nova operadora aérea, Neeleman creou unha páxina web chamada "voceescolhe.com.br" onde o público podería rexistrar suxestións de nomes. Despois de rexistrarse case 110 000 usuarios, seleccionáronse as mellores opcións e iniciouse unha nova votación. Entre os finalistas estaban "Abraço", "Alegria", "Azul", "Samba" e unha gran variedade de nomes coa palabra Brasil que non puideron ser usados porque xa estaban rexistrados.[7] Ademais do nome, tamén se fixeron enquisas para definir as cores dos avións, o tipo de servizo a bordo e o estilo dos uniformes dos tripulantes.[8] Para chamar a atención do público, Neeleman anunciou que o primeiro internauta que suxerise o nome escollido gañaria un pase vitalicio na nova compañía con dereito a un acompañante.[9]

Despois dun mes recollendo suxestións e votos, o nome elixido foi "Azul Linhas Aéreas Brasileiras", a pesar de non ter sido a opción máis votada. Neeleman xustificou a súa decisión dicindo que o nome "Azul" inspira sentimentos positivos, remite ao ceo e é máis neutro que "Samba", nome que de feito gañou nas votacións. Neeleman concedeu o premio tanto ao internauta que suxeriu o nome Azul como ao que suxeriu o nome Samba.[7][9]

Comezo das operacións[editar | editar a fonte]

O 7 de novembro de 2008 a empresa recibiu da ANAC o Certificado de Homologación de Empresa de Transporte Aéreo. Así puido comezar a solicitar os Horarios de Transporte (HOTRAN),[10] que son autorizacións para operación de transporte comercial aéreo no Brasil.[11] No cadro executivo inicial atopábanse, entre outros, David Neeleman como CEO, Pedro Janot como presidente,[12] Cmte Miguel Dau como COO/Vicepresidente técnico-operacional, Gianfranco Beting como director de mercadotecnia[13] e John Rodgerson como vicepresidente financeiro.[14] Azul iniciou a venda de billetes no día 4 de decembro de 2008.[15]

O voo inaugural aconteceu o 15 de decembro de 2008, facendo a ruta entre Campinas e Salvador e, posteriormente no mesmo día, entre Campinas e Porto Alegre. No primeiro día de operacións a taxa de ocupación foi do 62%, igualando a media de ocupación para voos nacionais doutras compañías nese mesmo ano.[15] En xaneiro de 2009 Azul xa operaba tamén rutas entre Campinas, Curitiba e Vitória[16] e planeaba o inicio das operacións no Río de Janeiro, no aeroporto Santos Dumont.[17] Nese mesmo mes Azul iniciou o serviço de autobús executivo para trasladar pasaxeiros entre o centro metropolitano de São Paulo e o aeroporto de Campinas, o seu centro de conexións operacional.[18]

Aeroporto Santos Dumont[editar | editar a fonte]

Tras o inicio das operacións Azul solicitou facer a ruta entre Campinas e Río de Janeiro utilizando o aeroporto Santos Dumont,[17] pero a solicitude foille denegada pola ANAC[19] porque había unha ordenanza do antigo Departamento de Aviación Civil aínda en vigor na época que limitaba o tráfico de aeronaves no aeroporto. Só podían usar o aeroporto avións procedentes de dentro do estado de Río e turbohélices con 50 asentos ou menos. Polo tanto, debido aos avións da súa frota, Azul só podería operar en Río no aeroporto de Galeão.[20]

Coa negativa da ANAC, Azul iniciou un proceso xudicial para obter o dereito de operar no aeroporto, xa que cumpría todas as normas de seguridade vixentes[21] e a ANAC, segundo a lei que a fundou, non podería impedir a explotación comercial do aeroporto dentro desas condicións.[22] A axencia viuse obrigada por decisión xudicial a volver a avaliar a petición de operación[19] e acabou por eliminar a ordenanza que limitaba o aeroporto ao considerar que a industria aeronáutica e os pasaxeiros de Río beneficiaríanse máis sen esas limitacións.[23]

A decisión da ANAC xerou unha forte oposición por parte do gobernados de Río, Sérgio Cabral Filho. No intento de protexer as operacións no aeroporto de Galeão, que estaba destinado á privatización, chegou a ameazar con aumentar o Imposto sobre Circulación de Mercadorias e Servizos (ICMS) do combustible[24] e non renovar a licenza ambiental do aeroporto para evitar a operación das compañías aéreas.

Fusión de Azul e TRIP[editar | editar a fonte]

Embraer 190 de Azul coa librea de TRIP

En maio de 2012 Azul e TRIP anunciaron unha fusión. TRIP era ata entón a maior aeroliña rexional de América Latina e xunto con Azul tiñan un 14% do mercado doméstico.[25][26][27] Mentres agardaban pola aprovación da fusión por parte da ANAC e do CADE, as compañías operaron de forma independente con códigos compartidos, unindo as súas redes e o servizo a bordo.[28] Como resultado, Azul pasou a ter un mercado maior na rexión norte e nalgúns aeroportos rexionais, como o aeroporto da Pampulha en Belo Horizonte, e pasou a ter voos dende o aeroporto internacional de Guarulhos.[29]

A fusión foi aprobada pola ANAC en novembro de 2012[30] e polo CADE (Conselho Administrativo de Defesa Econômica) en marzo de 2013,[31] a compañía resultante quedou co nome Azul e incluíu algunhas marcas visuais de TRIP, que deixou de operar con este nome. A aeroliña deixou un Embraer e un ATR coa librea de TRIP.[32]

En outubro de 2012, mentres TRIP e Azul unían as súas operacións, o aeroporto de Campinas, que nese momento tiña a Azul como principal usuario cun 85% das operacións, tivo que pechar durante 46 horas horas por mor dun MD-11 de carga operado por Centurion Air Cargo que tivo unha avaría no tren de aterraxe no aeroporto. Como en Viracopos só había unha pista, as operacións tiveron que suspenderse ata a retirada do avión accidentado e a reconstrución das partes danadas da pista. Estímase que 25 000 pasaxeiros víronse afectados nos 495 voos cancelados. Azul chegou a interromper a venda de billetes próximas ao día do ocorrido.[33]

Voos internacionais[editar | editar a fonte]

Airbus A330 de Azul en Fort Lauderdale

En setembro de 2014 Azul pasou a vender billetes cara Fort Lauderdale e Orlando. As operacións comezaron o 1 de decembro e o 15 de decembro, respectivamente. Para as rutas internacionais a compañía comezou a utilizar os novos Airbus A330.[34]

Azul comezou a voar entre Belém do Pará e Caiena, capital da Güiana Francesa, o día 20 de agosto.[35] A partir de decembro de 2015 Azul comezou a operar dende Viracopos cara Punta del Este.[36]

En maio de 2016 a aeroliña comezou a operar dende Porto Alegre cara Montevideo[37] e dende Viracopos cara Lisboa. No mes de decembro iniciou a ruta entre Recife e Orlando.[38]

O 6 de marzo de 2017 a aeroliña comezou a realizar voos directos entre Belo Horizonte e Buenos Aires.[39]

Ampliación das colaboracións[editar | editar a fonte]

O 11 de xuño de 2015 o consórcio "Gateway" liderado por David Neeleman, en colaboración con Humberto Pedrosa do Grupo Barraqueiro, foi o vencedor da privatización de TAP Portugal, asumindo o control do 61% do capital da compañía portuguesa.[40] Azul non estaba involucrada no proceso do seu fundador, pero chegou a felicitalo nunha nota ofical para a prensa brasileira.[41][42]

ATR 72-600 de Azul

O 26 de xuño de 2015 United Airlines anunciou a compra do 5% de Azul por 100 millóns de dólares, dándolle o dereito a un asento no consello de administración, unindo as redes das dúas compañías a través dun acordo de código compartido. O acordo aínda está agardando pola aprovación da CADE.[43][44]

En agosto de 2015 Azul anunciou a retirada das aeronaves dos modelos ATR 42-500 e ATR 72-500 e a súa substitución e estandarización polo modelo ATR 72-600[45] para renovar a frota e adecuala á súa rede de rutas.[46]

En setembro de 2015 Azul foi procesada pola Associação Brasileira das Operadoras de Turismo (Braztoa) por prácticas en contra da competencia ao limitar o acceso a tarifas máis baratas só á súa propia axencia de viaxes, Azul Viagens.[47] O proceso impuxo unha multa a Azul de 1,4 millóns de reais por ocultar que a axencia pertencía ao mesmo grupo que a compañía.[48] Finalmente, o proceso arquivouse pois segundo a interpretación do CADE non houbo ningunha conduta indebida.[49]

O 24 de novembro de 2015, Azul confirmou a venda do 23,70% da empresa ao grupo chinés HNA Group,[50] un conglomerado con diversas compañía da área da aviación que avaliou a Azul en máis de 7 billóns de reais. O investimento foi de 1,7 billóns de reais e deu dereito ao HNA Group a un asento no consello de administración.[51]

Un dos requisitos do negocio co HNA Group foi que Azul tería que ser investidora direta de TAP Portugal,[52] e o 21 de marzo de 2016 aempresa anunciou o investimento de 100 millóns de dólaresen títulos conversibles en accións preferenciais da TAP, facéndose con aproximadamente o 40% da aeroliña portuguesa.[53] O anucio chegou despois de que Azul fose autorizada pola ANAC para voar semanalmente a Lisboa.[54]

Frota[editar | editar a fonte]

En outubro de 2017 a frota de Azul Linhas Aéreas Brasileiras está formada polos seguintes avións:

Frota de Azul Linhas Aéreas Brasileiras
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
C Y Total
Airbus A320neo 10 43 174 174
Airbus A321neo 10 TBA
Airbus A330-200 2 35 208 243
4 20 251 271
Airbus A330-900neo 5 34 264 298
ATR 72-600 40 10 70 70
Embraer E190 10 106 106
Embraer E195 60 118 118
Embraer E195-E2 30 TBA 20 dereitos de compra; as entregas comezarán en 2019
Total 126 98

A aeroliña tamén opera dous Pilatus PC-12/45 para tarefas de loxística e apoio.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Centre for Aviation (ed.). "Azul itching to launch low cost services in Brazil". Consultado o 10 de marzo de 2018. 
  2. Voçe Escolhe (ed.). "Azul Linhas Aéreas Brasileiras recebe o CHETA e já pode pleitear as rotas que pretende operar". Archived from the original on 02 de marzo de 2012. Consultado o 10 de marzo de 2018. 
  3. ANAC (ed.). "Demanda e Oferta do Transporte Aéreo". Archived from the original on 23 de abril de 2016. Consultado o 10 de marzo de 2018. 
  4. Darien Times (ed.). "Jet Blue founder David Neeleman to speak at Darien Library". Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2018. Consultado o 11 de marzo de 2018. 
  5. Folha de S. Paulo (ed.). "Infraestrutura deficiente será desafio para nova empresa aérea, diz jornal". Consultado o 11 de marzo de 2018. 
  6. Folha de S. Paulo (ed.). "Nova empresa pode comprar até 76 aviões Embraer para voar em 2009". Consultado o 11 de marzo de 2018. 
  7. 7,0 7,1 Estadão (ed.). "Nova empresa no País vai se chamar Azul Linhas Aéreas". Consultado o 11 de marzo de 2018. 
  8. Folha de S. Paulo (ed.). "Nova empresa aérea brasileira pode se chamar Samba ou Abraço". Consultado o 11 de marzo de 2018. 
  9. 9,0 9,1 Folha de S. Paulo (ed.). "Nova empresa aérea vai se chamar Azul". Consultado o 11 de marzo de 2018. 
  10. ANAC (ed.). "Certificado de Homologação de Empresa de Transporte Aéreo de Azul" (PDF). Consultado o 11 de marzo de 2018. 
  11. Folha de S. Paulo (ed.). "Anac concede certificado para Azul e operação deve começar em dezembro". Consultado o 11 de marzo de 2018. 
  12. Folha de S. Paulo (ed.). "Ex-diretor do Pão de Açúcar assume presidência da Azul na segunda". Consultado o 12 de marzo de 2018. 
  13. Folha de S. Paulo (ed.). "Azul Linhas Aéreas quer administrar aeroportos no país". Consultado o 12 de marzo de 2018. 
  14. Folha de S. Paulo (ed.). "Santander compra aviões da Embraer e aluga para a aérea Azul". Consultado o 12 de marzo de 2018. 
  15. 15,0 15,1 Globo (ed.). "Azul estréia operações com ocupação de 62%". Consultado o 12 de marzo de 2018. 
  16. Folha de S. Paulo (ed.). "Azul define horários de vôos, preços promocionais e duas novas rotas". Consultado o 12 de marzo de 2018. 
  17. 17,0 17,1 Folha de S. Paulo (ed.). "Azul planeja operar no Santos Dumont a partir de março". Consultado o 12 de marzo de 2018. 
  18. Folha de S. Paulo (ed.). "Aeroporto em Campinas (SP) atinge marca histórica de passageiros, diz Infraero". Consultado o 12 de marzo de 2018. 
  19. 19,0 19,1 Folha de S. Paulo (ed.). "Justiça diz que Anac terá que reavaliar pedido da Azul de usar Santos Dumont". Consultado o 12 de marzo de 2018. 
  20. Departamento de Aviação Civil (ed.). "Portaria Nº 187/DGAC, de 8 de março de 2005". Consultado o 12 de marzo de 2018. 
  21. Folha de S. Paulo (ed.). "Azul briga para voar do aeroport Santos Dumond para 22 destinos". Consultado o 12 de marzo de 2018. 
  22. Presidência da República (ed.). "Lei Nº 11.182, de 27 de setembro de 2005". Consultado o 12 de marzo de 2018. 
  23. ANAC (ed.). "Exposição de Motivos - Proposta de resolução que revoga as limitações e proibições operacionais impostas à Área de Controle Terminal (TMA) do Rio de Janeiro, estabelecidas na Portaria nº. 187/DGAC, de 8 de março de 2005" (PDF). Consultado o 12 de marzo de 2018. 
  24. Folha de S. Paulo (ed.). "Anac libera uso do Santos Dumont para aviões grandes e voos longos". Consultado o 13 de marzo de 2018. 
  25. Folha de S. Paulo (ed.). "Azul e Trip anunciam fusão". Consultado o 13 de marzo de 2018. 
  26. Globo (ed.). "Azul e Trip assinam acordo de associação". Consultado o 13 de marzo de 2018. 
  27. Folha de S. Paulo (ed.). "Azul compra Trip e eleva participação no mercado para 14%". Consultado o 13 de marzo de 2018. 
  28. Folha de S. Paulo (ed.). "Azul e Trip anunciam a integração do serviço de bordo". Consultado o 13 de marzo de 2018. 
  29. Folha de S. Paulo (ed.). "Trip pede autorização para voos entre São Paulo e Rio". Consultado o 14 de marzo de 2018. 
  30. Folha de S. Paulo (ed.). "Anac autoriza fusão entre companhias aéreas Azul e Trip". Consultado o 13 de marzo de 2018. 
  31. Folha de S. Paulo (ed.). "Cade aprova fusão entre Azul e Trip, mas obriga fim de acordo com a TAM". Consultado o 13 de marzo de 2018. 
  32. Folha de S. Paulo (ed.). "Marca Trip será abandonada após fusão com Azul, confirma holding". Consultado o 14 de marzo de 2018. 
  33. Globo (ed.). "Viracopos é liberado para pouso e decolagens, diz Infraero". Consultado o 14 de marzo de 2018. 
  34. Folha de S. Paulo (ed.). "Azul começa a vender passagens de voos para Fort Lauderdale e Orlando". Consultado o 14 de marzo de 2018. 
  35. Azul (ed.). "Azul anuncia operações em Caiena, na Guiana Francesa". Consultado o 14 de marzo de 2018. 
  36. Azul (ed.). "Azul terá voos para Punta del Este, no Uruguai, na alta temporada". Consultado o 14 de marzo de 2018. 
  37. Azul (ed.). "Azul anuncia voos entre Porto Alegre e Montevidéu, no Uruguai". Consultado o 14 de marzo de 2018. 
  38. AeroIn (ed.). "Azul estreia voo exclusivo entre Recife e Orlando". Consultado o 14 de marzo de 2018. 
  39. EM (ed.). "Azul começa venda de passagens de BH para Buenos Aires por R$ 357 o trecho". Consultado o 14 de marzo de 2018. 
  40. Globo (ed.). "Dono da Azul vence privatização da companhia aérea portuguesa TAP". Consultado o 14 de marzo de 2018. 
  41. Estadão (ed.). "Análise: Relações entre Azul e TAP apontam para futuro promissor". Consultado o 14 de marzo de 2018. 
  42. O Globo (ed.). "David Neeleman é o novo dono da TAP". Consultado o 14 de marzo de 2018. 
  43. O Globo (ed.). "United Airlines compra 5% da Azul por US$ 100 milhões". Consultado o 15 de marzo de 2018. 
  44. UOL (ed.). "United compra parte da Azul, e empresas vão compartilhar malha aérea". Consultado o 15 de marzo de 2018. 
  45. Flap Internacional (ed.). "Azul padroniza a frota de aeronaves turboélices com o modelo ATR 72-600". Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2015. Consultado o 15 de marzo de 2018. 
  46. Panrotas (ed.). "Azul padroniza frota de turboélices com modelo ATR 72-600". Consultado o 15 de marzo de 2018. 
  47. Estadão (ed.). "Azul é denunciada por operadoras de turismo". Consultado o 15 de marzo de 2018. 
  48. O Globo (ed.). "Cade multa Azul em R$ 1,4 milhão por informação falsa sobre agência". Consultado o 15 de marzo de 2018. 
  49. Panrotas (ed.). "Cade arquiva denúncia da Braztoa contra a Azul". Consultado o 15 de marzo de 2018. 
  50. Panrotas (ed.). "Grupo chinês compra 23,7% da Azul Linhas Aéreas". Consultado o 15 de marzo de 2018. 
  51. Azul (ed.). "Azul Linhas Aéreas Brasileiras receberá investimento recorde de R$ 1,7 bilhão do HNA Group". Consultado o 15 de marzo de 2018. 
  52. Azul (ed.). "Azul Linhas Aéreas Brasileiras investe US$ 100 milhões na TAP Portugal". Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2017. Consultado o 15 de marzo de 2018. 
  53. Panrotas (ed.). "Azul injeta US$ 100 mi na Tap e fica com 40% das ações". Consultado o 15 de marzo de 2018. 
  54. Folha de S. Paulo (ed.). "Anac autoriza Azul a ter 7 voos semanais para Portugal". Consultado o 15 de marzo de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]