Saltar ao contido

Lilium

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Azucena»)

Lilium, é un xénero de plantas comunmente coñecidas coma azucenas[1][2], existen unhas 110 especies no xénero, que se inclúe dentro da familia das liliáceas.

O nome común galego azucena adoita, porén, reservarse á especie do xénero: Lilium candidum, planta ornamental con bulbo, de talo alto, estreitas follas longas e flores en acio, olorosas e brancas, vermellas ou amarelas[3].

Descrición

[editar | editar a fonte]

As azucenas son xeralmente herbas de talos frondosos que forman bulbos subterráneos, escamosos ou espidos, os cales utilizan para sobrevivir no inverno. Nalgunhas especies norteamericanas a base do bulbo desenvolveuse en rizomas sobre os que se atopan numerosas ceboliñas pequenas. Outras desenvolven estolóns. A maioría dos bulbos están profundamente enterrados, con todo uns cantos fórmanse preto da superficie do chan.

Moitas especies desenvolven raíces no talo, con elas, o bulbo medra de forma natural a certa profundidade e cada ano o novo talo, a medida que emerxe do chan, emite raíces adventicias por riba do bulbo. Estas son adicionais ás raíces basais.

A maioría de especies son caducas, agás unhas cantas (como Lilium candidum, Lilium catesbaei) que manteñen unha roseta de follas basais durante o período de inactividade invernal.

As grandes flores, que exhalan un forte cheiro, sobre todo á noite, teñen seis pétalos nunha variedade de cores que abarca o branco, amarelo, alaranxado, rosado e púrpura. Os motivos inclúen tacas, pinceladas e puntillas. A floración dáse no verán.

As sementes, que madurecen a finais do verán, amosan diferentes e a miúdo complexos padróns de xerminación adaptados aos climas que habitan.

Algunhas especies incluídas antes dentro deste xénero foron transferidas a outros, como Cardiocrinum e Nomocharis.

Imagxe de Lilium Amelie,Instituto de bioloxía de Daca, Bangladesh

Hai 13 tipos de cultivares: entre eles: New York e Amélie.

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]
Lilium asiático híbrido branco, mostrando flores recentemente abertas e casulos sen abrir.
Pétalo con pole

Nativo das rexións temperadas do hemisferio norte. No Vello Mundo esténdese pola maior parte de Europa desde o norte até a costa do Mediterráneo, a maior parte de Asia, Xapón, sur dos montes Nilgiri na India, e sur de Filipinas. No Novo Mundo esténdese desde o sur do Canadá e a maior parte dos Estados Unidos.

Están comunmente adaptadas a hábitats boscosos, a miúdo montañosos ou ás veces pradarías. Algunhas das especies poden sobrevivir en pantanos, lamagueiros e as epífitas atópanse no sueste asiático (como L. arboricola). En xeral prefiren solos moderadamente acedos e libres de cal.

O xénero Lilium inclúe as especies a seguir:

Lilium albanicum
Lilium amabile
Lilium amoenum
Lilium anhuiense
Lilium auratum
Lilium bakerianum
Lilium bolanderi
Lilium bosniacum
Lilium brevistylum
Lilium brownii
Lilium bulbiferum
Lilium callosum
Lilium canadense
Lilium candidum
Lilium carniolicum
Lilium catesbaei
Lilium cernuum
Lilium chalcedonicum
Lilium columbianum
Lilium concolor
Lilium dauricum
Lilium davidii
Lilium distichum
Lilium duchartrei
Lilium fargesii
Lilium floridum
Lilium formosanum
Lilium grayi
Lilium habaense
Lilium hansonii
Lilium heldreichii
Lilium henrici
Lilium henryi
Lilium huidongense
Lilium humboldtii
Lilium iridollae
Lilium jankae
Lilium jinfushanense
Lilium kelleyanum
Lilium kelloggii
Lilium lancifolium
Lilium lankongense
Lilium ledebourii
Lilium leichtlinii
Lilium leucanthum
Lilium lijiangense
Lilium longiflorum
Lilium lophophorum
Lilium maritimum
Lilium martagon
Lilium matangense
Lilium medeoloides
Lilium medogense
Lilium michauxii
Lilium michiganense
Lilium monadelphum
Lilium nanum
Lilium nepalense
Lilium occidentale
Lilium oxypetalum
Lilium papilliferum
Lilium paradoxum
Lilium pardalinum
Lilium parryi
Lilium parvum
Lilium philadelphicum
Lilium pinifolium
Lilium pomponium
Lilium primulinum
Lilium pumilum
Lilium pyi
Lilium pyrenaicum
Lilium pyrophilum
Lilium regale
Lilium rhodopaeum
Lilium rosthornii
Lilium rubescens
Lilium saccatum
Lilium sargentiae
Lilium sempervivoideum
Lilium sherriffiae
Lilium souliei
Lilium speciosum
Lilium stewartianum
Lilium sulphureum
Lilium superbum
Lilium taliense
Lilium tianschanicum
Lilium tsingtauense
Lilium wallichianum
Lilium wardii
Lilium washingtonianum
Lilium wenshanense
Lilium xanthellum

Sinonimia

[editar | editar a fonte]
  • Lirium Scop., Fl. Carniol.: 239 (1760), nom. illeg.
  • Martagon Wolf, Xene. Pl.: 84 (1776).
  • Martagon (Rchb.) Opiz, Seznam: 63 (1852), nom. illeg.[4]
  1. Nome vulgar galego das especies do xénero en Fonte Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C), A Coruña, Deputación da Coruña, 2000: nome común de diversas plantas monocotiledóneas, pertencentes ás familias das liliáceas (xéneros Lilium e Hemerocallis), amarilidáceas (xéneros Alstromeria, Amaryllis, Polianthes, Sternbergia e Zephirantes) apocináceas (xénero Macrosiphonia) e orquidáceas (xén. Codonorchis), todas elas moi apreciadas como ornamentais.
  2. O nome azucena corresponde logo a moitas especies de diferentes xénero, polo que optamos por darlle ao artigo o nome xenérico científico
  3. Termos esenciais de botánica, Santiago de Compostela, Universidade, 2004; e Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009
  4. "Lilium". Royal Botanic Gardens, Kew: World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 20 de abril de 2010.