Aurora de Albornoz
(1975) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (es) Aurora de Albornoz Peña 22 de xaneiro de 1926 Ḷḷuarca, España |
| Morte | 6 de xuño de 1990 Madrid, España |
| Causa da morte | ictus |
| Lugar de sepultura | Cemiterio Santa María Magdalena de Pazzi |
| Educación | Universidade de Salamanca - doutoramento Universidade de París Universidade de Porto Rico - mestría en artes |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Belas letras, prosa, poesía, ensaio, literatura española e crítica literaria |
| Ocupación | escritora, ensaísta, especialista en literatura, prosista, poetisa, crítica literaria, profesora universitaria |
| Empregador | Universidade de Porto Rico Universidade Autónoma de Madrid |
| Xénero artístico | Poesía |
Aurora de Albornoz Peña, nada o 22 de xaneiro de 1926 e finada o 6 de xuño de 1990, foi unha escritora, poeta, crítica literaria, profesora, ensaísta, española, orixinaria de Luarca, Asturias. Na súa mocidade, viviu en Luarca cos seus pais, irmáns e demais familiares, atravesando toda a guerra civil española de 1936 a 1939— un evento que inspiraría a súa poesía posterior.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era dunha familia de notables poetas e políticos. O seu avó e o seu pai eran coñecidos poetas locais. O seu pai foi Manuel de Albornoz Carreras e a súa nai María Peña Fernández. O tío do seu pai, Álvaro de Albornoz, foi ministro de Xustiza do goberno da Segunda República Española até a guerra civil. Co tempo, converteuse no presidente do goberno republicano no exilio en París e en Cidade de México; mentres continuaba en España a ditadura de Franco. En 1959, o seu tío Severo Ochoa de Albornoz (que fuxira de España cun pasaporte republicano), mentres vivía e traballaba nos Estados Unidos, foi galardoado co Premio Nobel de Medicina con Arthur Kornberg, por descifrar o ARN.
Dende a década de 1890, a súa familia estivera involucrada en negocios en Porto Rico. En 1944, con 18 anos de idade, Aurora de Albornoz exiliouse coa súa familia a San Xoán. Alí comezou a súa educación universitaria, e obtivo unha mestría en Artes pola Universidade de Porto Rico. Por entón, comezou a estudar baixo a tutela do Premio Nobel andaluz Juan Ramón Jiménez.
En agosto de 1950 casou en Porto Rico co andaluz Jorge Enjuto Bernal. Como Albornoz, Enjuto Bernal era dunha familia republicana exiliada. O seu pai, Federico Enjuto Ferrán, foi un maxistrado republicano que formou parte do tribunal que xulgou a José Antonio Primo de Rivera, o fundador da Falanxe, o Partido Fascista de España. Despois de vivir en Porto Rico, e logo por un curto tempo en Kansas, e posteriormente en París, en 1957 o matrimonio disolveuse en 1967.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Aurora de Albornoz".
- ↑ "Poesía. En busca de Aurora de Albornoz". LNE.es.
«un caso paradigmático del exiliado que se siente fiel a sus raíces», en palabras de José Luis Abellán- goza de prestigio en amplios círculos académicos pero sin que su obra creativa haya despertado una necesaria atención.
| A Galipedia ten un portal sobre: Asturias |
