Auriense FG
Auriense Campus da Auga FG | |||
---|---|---|---|
Nome | Auriense Campus da Auga FG | ||
Alcume(s) | Auriense | ||
Fundación | 2014 | ||
Estadio | Campo Universitario do Campus de Ourense | ||
Capacidade | 200 | ||
Presidente | ![]() | ||
Adestrador | ![]() | ||
Liga | Liga Galega de Fútbol Gaélico | ||
2017/18 | 4ª Feminina e 5ª Masculina | ||
Vestimenta | Amura | ||
Páxina web | Páxina web | ||
| |||
O Auriense Campus da Auga FG é un equipo de fútbol gaélico formado no ano 2014 na cidade de Ourense. Está asociado a Asociación Galega de Fútbol Gaélico e compite na Liga Galega de Fútbol Gaélico, na Copa Galega de Fútbol Gaélico e no Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico. Xunto con Afiadoras FG, club que compite na Liga Gallaecia, conforman a asociación Ourense Gaels.
Historia[editar | editar a fonte]
Nace no 2014, ano no que comeza a participar na Liga Galega de Fútbol Gaélico o equipo feminino, participando na segunda edición da Liga Galega e na Copa Galega de Fútbol Gaélico. Un ano despois, na temporada 2015/2016 o equipo masculino tamén se une a dita liga.
Os equipos do Auriense F.G. disputan os seus partidos coma locais no Campo Universitario de herba sintética do Campus de Ourense (Universidade de Vigo).
Clasificación Feminina[editar | editar a fonte]
2014/2015[editar | editar a fonte]
7º Liga Galega de Fútbol Gaélico
3º Copa Galega de Fútbol Gaélico (combinado con Mecas FG)
7º Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico
2017/2018[editar | editar a fonte]
4º Liga Galega de Fútbol Gaélico
4º Copa Galega de Fútbol Gaélico
2º Copa Shield do Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico
2018/2019[editar | editar a fonte]
5º Liga Galega de Fútbol Gaélico
Clasificación Masculina[editar | editar a fonte]
2014/2015[editar | editar a fonte]
6º Copa Galega de Fútbol Gaélico
19º Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico
2017/2018[editar | editar a fonte]
5º Liga Galega de Fútbol Gaélico
7º Copa Galega de Fútbol Gaélico
1º Copa Shield do Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico
2018/2019[editar | editar a fonte]
4º Liga Galega de Fútbol Gaélico
Uniforme[editar | editar a fonte]
- Uniforme titular: Camisola con franxas negras e douradas. Pantalón negro. Medias negras.
Xogadores/as[editar | editar a fonte]
Cadro Feminino 2014/15[editar | editar a fonte]
- Datos do 1 de xullo de 2015.
Cadro Feminino 2018/19[editar | editar a fonte]
- Datos do 30 de marzo de 2019.
|
|
Cadro masculino 2018/19[editar | editar a fonte]
Datos do 30 de marzo de 2019
|
|
Divulgación do fútbol gaélico na provincia[editar | editar a fonte]
O club foi anfitrión de eventos de gran importancia para o fútbol gaélico galego. En maio de 2016[1], organizou en Xinzo de Limia a I Copa Galega de Fútbol Gaélico, sendo o campo da Moreira a sede para tal evento. Foi unha xornada[2][3] onde participaron 16 equipos, 9 masculinos e 7 femininos, acadando a vitoria feminina o equipo de Irmandinhos A Estrada e a masculina o Estrela Vermelha FG de Compostela.
Nese mesmo ano, o fútbol gaélico fíxose un oco na programación das festas de Ourense, tendo lugar o I Torneo Festas de Ourense de Fútbol Gaélico[4], onde tanto o trofeo feminino coma o masculino foron para o equipo de Herdeiros de Dhais de Lalín.
En marzo de 2017[5] tivo lugar en Ourense unha xornada amigable entre a Selección Galega de Fútbol Gaélico e a selección francesa. Tratouse dun feito histórico xa que foi o primeiro partido de fútbol gaélico televisado en directo fora de Irlanda, neste caso na Televisión de Galicia. Como resultados, o partido feminino rematou cun empate a 28 puntos e o masculino deu a vitoria á selección francesa.
Por último, en setembro de 2018 celebrouse no Campo Municipal de Oira a Copa Empoderadas[6], que dentro das actividades da Romería Feminista de Barbadás, pretendía levar a ollada a unha maior visibilización e importancia do deporte feminino. Co Auriense Campus da Auga FG, os equipos femininos de Keltoi GAC e Irmandinhos A Estrada competiron pola copa, que finalmente foi gañada polo equipo local.
Corpo técnico[editar | editar a fonte]
Cargo | Técnico | ||
---|---|---|---|
Adestrador do equipo masculino | Miguel Rodríguez Rodríguez | ||
Adestrador do equipo feminino | Jacobo Dorribo Dacuña |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Limia, Dende a. "Xinzo será a sede da 1ª Copa Galega de Futbol Gaélico". Dende a Limia (en castelán). Consultado o 2019-04-19.
- ↑ Región, La. "A Copa máis reivindicativa do deporte galego alcanzou a súa terceira edición". La Región (en castelán). Consultado o 2019-04-19.
- ↑ Región, La. "As imaxes da Copa Galicia de fútbol gaélico en Xinzo". La Región (en castelán). Consultado o 2019-04-19.
- ↑ "Herdeiros de Dhais, doble trofeo en Ourense". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-06-28. Consultado o 2019-04-19.
- ↑ Deportivo, Ourense (2017-03-20). "Galicia e Francia deixan unha espectacular xornada de Futbol Gaélico en Ourense". Ourense Deportivo (en castelán). Consultado o 2019-04-19.
- ↑ Deportivo, Ourense (2018-10-01). "La 1ª Copa Empoderadas de fútbol gaélico se queda en Ourense". Ourense Deportivo (en castelán). Consultado o 2019-04-19.