Irmandinhos A Estrada
Irmandinhos A Estrada | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Irmandinhos A Estrada Fútbol Gaélico. | |||
Alcume(s) | Irmandinhos | |||
Fundación | Setembro de 2012 | |||
Estadio | Campo da Figueroa | |||
Capacidade | 500 espectadores | |||
Presidente | Ramón Codesido | |||
Adestrador | Sito Magariños | |||
Liga | Liga Galega de Fútbol Gaélico | |||
2017 | 1º e 4º | |||
Vestimenta | O'Neills | |||
Patrocinador | Valenciaga Gastro, Reale Seguros, Xeos da Ulla, Clara Torres e Calpep Bebé | |||
Na rede | ||||
http://www.irmandinhosgaa.tk/ | ||||
| ||||
O Irmandinhos A Estrada é un club de fútbol gaélico galego, da vila de Estrada. Foi fundado en 2012 e xoga na Liga Galega de Fútbol Gaélico. É o primeiro equipo fundado na provincia de Pontevedra.
Historia
[editar | editar a fonte]Irmandinhos A Estrada Fútbol Gaélico naceu logo do verán de 2012. Dende aquela, o seu crecemento foi espectacular, non só no seu cadro masculino, senón que tamén foi o segundo club galego en dispor de sección feminina. Os Irmandinhos estreáronse no Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico no Torneo da Coruña de 2013. As Irmandinhas tiveron a súa estrea oficial no derradeiro torneo dese mesmo ano no Torneo de Madrid do mes de xuño.
Na competición galega, como A Coruña Fillos de Breogán, Irmandinhos presentou dous conxuntos. O equipo máis forte foi denominado como Bráithreachas (que significa irmandade en gaélico irlandés). Estes dous equipos participaron na primeira Liga Galega de Fútbol Gaélico 7 contra 7 desenvolta no primeiro semestre do ano 2013. Con todo, Bráithreachas aínda non participou en torneos do Campionato Ibérico. Os Irmandinhos adestra e xoga no Campo de Callobre e no Campo da Figueroa.
O 9 de marzo de 2013 xunto cos equipos A Coruña Fillos de Breogán e Mecos FG Ogrobe constitúen a Asociación Galega de Fútbol Gaélico.
O 22 de xuño de 2013 os Irmandinhos remataron a primeira tempada da súa historia cun 5º posto na Liga Galega de Fútbol Gaélico 7 contra 7 pero o seu equipo irmán os Bráithreachas proclamáronse campións.
Clasificación Feminina
[editar | editar a fonte]2013/2014
[editar | editar a fonte]1º Liga Galega de Fútbol Gaélico
1º Copa Galega de Fútbol Gaélico
3º (Bráithreachas) Copa Galega de Fútbol Gaélico
2º Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico
7º (Bráithreachas) Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico
Clasificación Masculina
[editar | editar a fonte]2013
[editar | editar a fonte]1º (Bráithreachas) Liga Galega de Fútbol Gaélico 7 contra 7
5º Liga Galega de Fútbol Gaélico 7 contra 7
5º Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico
2013/2014
[editar | editar a fonte]2º Liga Galega de Fútbol Gaélico
4º Copa Galega de Fútbol Gaélico
8º (Bráithreachas) Copa Galega de Fútbol Gaélico
4º Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico
13º (Bráithreachas) Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico
Uniforme
[editar | editar a fonte]- Uniforme titular: Camisola branca con dúas franxas verticais no centro de cores verde e vermello. Pantalón negro. Medias brancas e verdes.
Xogadores/as
[editar | editar a fonte]Cadro Masculino 2013/14
[editar | editar a fonte]- Datos do 1 de agosto de 2013.
Cadro Feminino 2013/14
[editar | editar a fonte]- Datos do 1 de agosto de 2013.
|
|