Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico é a competición rexional de fútbol gaélico que agrupa os equipos da península ibérica. Dende 2006 é considerado polo Comité Europeo de Deportes Gaélicos un campionato rexional que puntúa para o campionato europeo e unha das súas roldas coincide cunha rolda de dito campionato.

Equipos[editar | editar a fonte]

En Galicia: Fillos de Breogán (A Coruña), Ártabros de Oleiros, Irmandinhos A Estrada, Bráithreachas (A Estrada), Mecos FG Ogrobe, Pontevedra FG, Estrela Vermelha FG de (Santiago de Compostela), Keltoi GAC (Vigo), Auriense FG (Ourense) e Dorna FG (A Illa de Arousa).

No resto de España: Barcelona Gaels, Madrid Harps, Madrid O'Donnells, Sant Vicent GAA (Valencia), Costa Gaels (Marbella), Eire Og (Sevilla), Granada Gaels, Sitges Eagles e Tres Cantos.

No resto da península: Xibraltar.

Os clubs adoitan estar formados por xogadores irlandeses e unha nutrida representación de xogadores locais, que oscila sobre a metade do cadro de xogadores (exceptuando os equipos galegos, compostos case na súa totalidade por xogadores locais).

O actual campión (2015) do Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico masculino é o Madrid Harps, e na competición feminina tamén Madrid Harpettes son as campioas.

Palmarés masculino[editar | editar a fonte]

9 Madrid Harps: ALTIN.png 2005, ALTIN.png 2008, ALTIN.png 2010, ALTIN.png2012, ALTIN.png 2014, ALTIN.png 2015, ALTIN.png 2016, ALTIN.png 2017, ALTIN.png 2018

3 Barcelona Gaels: ALTIN.png 2007, ALTIN.png 2009, ALTIN.png 2013

1 Marbella-Costa del Sol GAA: ALTIN.png 2011

1 Sant Vicent Valencia GAA: ALTIN.png 2006

Ano Gañador
2005 Madrid Harps
2006 Marbella-Costa del Sol GAA
2007 Barcelona Gaels
2008 Madrid Harps
2009 Barcelona Gaels
2010 Madrid Harps
2011 Sant Vicent Valencia GAA
2012 Madrid Harps
2013 Barcelona Gaels
2014 Madrid Harps
2015 Madrid Harps
2016 Madrid Harps
2017 Madrid Harps
2018 Madrid Harps

Palmarés feminino[editar | editar a fonte]

6 Madrid Harpettes: ALTIN.png 2009, ALTIN.png 2010, ALTIN.png 2011, ALTIN.png2012, ALTIN.png 2014 ALTIN.png 2015

3 A Coruña Fillas de Breogán: ALTIN.png 2016, ALTIN.png 2017, ALTIN.png 2018

2 Barcelona Gaelettes: ALTIN.png 2008, ALTIN.png 2013

Ano Gañador
2008 Barcelona Gaelettes
2009 Madrid Harpettes
2010 Madrid Harpettes
2011 Madrid Harpettes
2012 Madrid Harpettes
2013 Barcelona Gaelettes
2014 Madrid Harpettes
2015 Madrid Harpettes
2016 A Coruña Fillas de Breogán
2017 A Coruña Fillas de Breogán
2018 A Coruña Fillas de Breogán

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]