Asociación Galega de Fútbol Gaélico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Asociación Galega de Fútbol Gaélico
DeporteFútbol gaélico
NomeAsociación Galega de Fútbol Gaélico
Fundación9 de marzo de 2013
ÁmbitoEuropa
SedeSantiago de Compostela, Galicia
Socios13
PresidenteGalicia Ángel Negrete
SecretarioGalicia María Victoria Benavides
Na rede
http://gaelicogalego.gal/
Twitter: GaelicoGalego Youtube: UCo7r9Lw4H7fbbwQoxXnzw9g Editar o valor em Wikidata

A Asociación Galega de Fútbol Gaélico é o organismo regulador do fútbol gaélico en Galicia. Foi constituída en 2013 polos clubs Fillos de Breogán da Coruña, Irmandinhos A Estrada e Mecos FG Ogrobe, aos que se foron unindo outros equipos.

Afiliada a Gaelic Athletic Association (GAA) e o Gaelic Games Europe (GGE) organiza a Liga Galega de Fútbol Gaélico, a Copa Galega de Fútbol Gaélico e a Liga Galega de Fútbol Gaélico 7 contra 7. Tamén é a entidade da que depende a Selección de fútbol gaélico de Galicia.

En xuño de 2017 asinou un acordo para a inclusión da Asociación Galega de Fútbol Gaélico e o fútbol gaélico como especialidade deportiva da Federación Galega de Fútbol.

Na actualidade a Asociación Galega está inmersa no desenvolvemento do deporte de base a través do proxecto das Galescolas.

Equipos[editar | editar a fonte]

Localización dos equipos galegos de fútbol gaélico.
Fillos de Breogán e UDC
Ártabros de Oleiros
Irmandinhos e Bráithreachas
Mecos FG
Estrela Vermella FG
Lume de Beltane FG e Pontevedra FG
Keltoi GAC e Independientei FC
Auriense FG
Dorna FG
Herdeiros de Dhais
O'Condado FG
Terras do Eume
Cambados FG
Turonia FG
Britonia FG
Mazaricos FC
Localización dos equipos galegos de fútbol gaélico.
Nome Cidade Fundación
Fillos de Breogán A Coruña 2010
Ártabros Oleiros 2011
Irmandinhos A Estrada 2012
Mecos O Grove 2012
Bráithreachas A Estrada 2012
Pontevedra Pontevedra 2013
Estrela Vermella Santiago de Compostela 2013
Keltoi Vigo 2014
Auriense Ourense 2014
Dorna A Illa de Arousa 2015
Herdeiros de Dhais Lalín 2015
UDC A Coruña 2015
O'Condado Ponteareas 2016
Terras do Eume As Pontes de García Rodríguez 2016
Cambados Cambados 2016
Turonia Gondomar 2018
Independiente Vigo 2019
Britonia Xove 2019
Lume de Beltane Poio 2022
Mazaricos Mazaricos 2022
Lorchos FG Boiro 2023

Notas[editar | editar a fonte]

Na tempada 2017/18 os equipos masculinos de Mecos, Pontevedra, O'Condado, UDC e os equipos femininos de Mecas e Bráithreachas non competiron por non teren fichas suficientes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]