Aurichu Pereira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAurichu Pereira
Biografía
Nacemento15 de xaneiro de 1940 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte1 de novembro de 2023 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónReal Academia de Belas Artes de San Fernando Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintora , comerciante Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeSalvador García-Bodaño (–1979)
Xosé Manuel Beiras

Aurora Pereira Carballo, máis coñecida como Aurichu Pereira, nada o 15 de xaneiro de 1940 en Santiago de Compostela e finada na mesma cidade o 1 de novembro de 2023, foi unha pintora galega.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Santiago, filla de mestres: a nai era María Carballo Casado e o pai Xesús Pereira Vilariño, mestre republicano de Vedra represaliado polo franquismo.[1]

En 1956 comezou a exercitarse no debuxo e na pintura baixo a tutela do pintor Carlos Maside.

Durante o curso 1957-58 residiu en Madrid para preparar o ingreso na Escola de Belas Artes de San Fernando, traballando no Casón do Retiro.

Dende os anos sesenta interesouse no movemento plástico de gravado da Estampa Galega, participando en diversas exposicións colectivas. O pintor Luis Seoane interesouse pola súa obra e propúsolle patrocinarlle unha exposición individual.

En 1973 participou na exposición de Xóvenes Artistas Galegos, promovida por Luis Seoane e Reimundo Patiño, baixo o patrocinio do Concello da Coruña, que adquiríu unha das súas obras nese certame, hoxe catalogada no patrimonio artístico desa corporación. Exposición conxunta de trinta artistas composteláns na Galería Grido en Santiago de Compostela (1974).

Do 1975 ao 1999 deseñou ropa e obxectos para a súa propia loxa.[1] Exposición colectiva na 8ª exposición de pintura, debuxo e gravado, celebrada con motivo do centenario da Caixa de Aforros Municipal de Vigo (1980).

Foi incluída no Libro elaborado a partir das exposicións de pintura e escultura que a Caixa de Aforros Municipal de Vigo celebra no centenario da súa fundación, 1980-1981.

No ano 1985 é incluída no Catálogo de pintura e gravado: Patrimonio do Excmo. Concello da Coruña. Exposición individual na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela (2004), apadriñada polo escultor Silverio Rivas e o pintor Xosé Luis de Dios con sendos textos no seu catálogo.

No ano 2005, expón de maneira individual na galería Voltaire de Ourense. En 2006, leva a cabo unha exposición individual na Galería Medulio de Tui, e no ano 2007, exposición individual na sala de exposicións do Clube Financiero de Vigo. Na sala de exposicións do Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa expón de forma individual no ano 2009, e neste mesmo, ano no Liceo de Noia, participa na mostra colectiva de catro mulleres pintoras “A flor de pel”.[1]

Participa na exposición colectiva “Mulleres x Mulleres”, organizada polo Concello da Coruña na Casa da Cultura “Salvador de Madariaga” (2010). Participa tamén na IV Exposición “Arte e Solidaridade” organizada polo Proxecto Home e itinerante por Galiza.

No ano 2011 leva a cabo unha exposición individual "Meu Courel Imaxinario" no Centro Cultural da Deputación de Ourense. Neste mesmo ano forma parte dunha exposición colectiva na galería Citania de Santiago de Compostela.

Ao seguinte ano (2012), exposición individual na galería Citania. Neste ano sae o libro o "Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975)", co título Un canto e unha luz na noite, que traza a actividade cultural nos quince derradeiros anos da ditadura franquista, este título débese a Aurichu Pereira. Ao longo deste decenio leva colaborando con ilustracións en libros e revistas, Nomeada en volumes da editorial Laiovento e da revista teatral “Casa Hamlet”.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Salvador García Bodaño, poeta e procurador, co que tivo catro fillos. Logo de divorciarse, emparellou con Xosé Manuel Beiras, político, co que estivo ata o final da súa vida.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Diario, Nós (2023-11-01). "Falece aos 83 anos Aurichu Pereira, referente da pintura galega". Nós Diario. Consultado o 2023-11-03. 
  2. "Falece aos 83 anos a pintora Aurichu Pereira, muller de Xosé Manuel Beiras". La Voz de Galicia. 2023-11-01. Consultado o 2023-11-02. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]