Augusto Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Augusto Fernández
Augusto Fernandez.JPG
Información persoal
Nome completo Augusto Matías Fernández
Nacemento 10 de abril de 1986 (31 anos)
Lugar Pergamino (Buenos Aires), Arxentina
Altura 1,77 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Atlético Madrid
Número 12
Carreira xuvenil
2005 River Plate
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2006–2009 River Plate 80 (3)
2009–2010 Saint-Étienne 11 (1)
2010-2012 Vélez Sarsfield 76 (18)
2012–2016 Celta de Vigo 113 (10)
2016– Atlético Madrid 2 (0)
Selección nacional
2011– Arxentina 9 (1)
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 17 de xaneiro de 2016.
† Aparicións (Goles)
‡ Actualizado a 12 de xuño de 2014.

Augusto Matías Fernández, nado o 10 de abril de 1986 en Pergamino, provincia de Buenos Aires, é un futbolista arxentino que xoga na demarcación de extremo dereito. O seu equipo actual é o Atlético de Madrid.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Debutou profesionalmente co River Plate no ano 2006, na vitoria do club millonario ante Tiro Federal por 5-0. Dous anos despois, no 2008, o club de Buenos Aires proclamouse campión do trofeo Clausura baixo as ordes de Diego Simeone, e disputando Augusto 15 dos 19 encontros do campionato.

O 28 de agosto de 2009 foi cedido ao AS Saint-Etienne francés polo propietario dunha parte dos seus dereitos federativos, o empresario israelí Pinhas Zahavi. Porén non chega a ter continuidade no equipo francés polo que ao rematar a tempada volve a Arxentina.

O 9 de xullo de 2010, o Vélez Sarsfield mercou a totalidade dos dereitos do xogador por millón e medio de dólares. No seu primeiro ano na disciplina o club rematou subcampión do trofeo Apertura, xogando 12 encontros como titular. No trofeo Clausura do ano 2011 Vélez proclamouse campión, coa achega de Augusto de catro goles en 17 encontros disputados.

O 9 de agosto de 2012, Augusto fichou polo Celta de Vigo, recén ascendido a Primeira División.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Club[editar | editar a fonte]

River Plate
Vélez Sársfield

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]