Saltar ao contido

Aucán Huilcamán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAucán Huilcamán

(2017) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Aucán Huilcamán Paillama Editar o valor en Wikidata
31 de xaneiro de 1965 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Lumaco, Chile Editar o valor en Wikidata
Werkén (en) Traducir Consello de Todas as Terras
1990 – Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Ideoloxía políticaIndixenismo e Anticapitalismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónlíder amerindio Editar o valor en Wikidata
Membro de

Aucán Huilcamán Paillama, nado en Lumaco o 31 de xaneiro de 1965,[1] é un activista mapuche de Chile. É werkén (voceiro) do Consello de Todas as Terras.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Mocidade e werkén de Admapu

[editar | editar a fonte]

Naceu na comunidade mapuche Collimque,[1] na comuna de Lumaco, provincia de Malleco. O seu pai foi José Luis Huilcamán, lonco de Collinque finado en 2005, e a súa nai foi Claudina Paillama, finada en 2003.[3] Estudou na Escola Gabriel Mistral.[1]

Durante a ditadura militar de Chile (1973-1989) liderada por Augusto Pinochet, foi testemuña de violacións aos dereitos humanos cometidas en contra de comuneiros mapuches, entre eles o seu pai.[1] A finais da década de 1980, foi dirixente da organización ADMAPU,[4] entidade fundada polo seu pai en 1979,[3] onde exerceu como werkén.

Werkén do Consello de Todas as Terras

[editar | editar a fonte]
Bandeira mapuche creada por Huilcamán e o Consello de Todas as Terras en 1992.

En 1990 foi un dos fundadores do Consello de Todas as Terras (Aukiñ Wallmapu Ngulam),[5] do cal asumiu como werkén permanente,[6] representando á organización e ao pobo mapuche en instancias internacionais como a Organización das Nacións Unidas (ONU) e a Organización dos Estados Americanos (OEA).[1]

Estudou tres anos de dereito na Universidade Autónoma de Chile, en Temuco;[7] porén, tivo que deter os seus estudos en 1992.[8] Durante ese ano o Consello de Todas as Terras levou a cabo unha serie de protestas e manifestacións no marco do V Centenario do Descubrimento de América, as que incluíron a creación da actual bandeira mapuche,[1] a recuperación de terras e a formación dun «parlamento mapuche», sendo por isto último acusado e condenado xunto con outros 140 comuneiros mapuches de participar nunha asociación ilícita, segundo sentenza de primeira instancia do 11 de marzo de 1993, confirmada pola Corte de Apelacións de Temuco o 6 de setembro de 1994, e que foi obxecto dun recurso de reposición rexeitado pola Corte Suprema o 27 de marzo de 1996.[9]

Tras devandita decisión da xustiza chilena, en setembro de 1996 Huilcamán presentou unha petición ante a Comisión Interamericana de Dereitos Humanos (CIDH), denunciando unha «inxusta persecución xudicial» e violación dos dereitos humanos aos procesados por parte do estado chileno, caso que foi caratulado Aucan Huilcamán e outros v. Chile. A petición foi admitida pola CIDH no seu informe do 27 de febreiro de 2002.[9]

Tras realizar estudos sobre dereito internacional humanitario en Roma e Xenebra, traballou na ONU entre 1993 e 1999.[4] A comezos de 2001, integrou a Comisión Verdade Histórica e Novo Trato convocada polo presidente Ricardo Lagos, creada co fin de asesorar ao goberno en canto a unha política relacionada cos pobos indíxenas,[10] a cal entregou un informe a Lagos o 28 de outubro de 2003.

Candidatura presidencial e actividades posteriores

[editar | editar a fonte]
Huilcamán (segundo de esquerda a dereita) como expositor na IV Festa das Culturas Indíxenas, Pobos e Barrios Orixinarios da Cidade de México (2017).

En 2005 recuperou os seus dereitos políticos e tentou ser candidato á presidencia da República na elección presidencial dese ano, apoiado polo movemento Rede Indíxena e Popular.[8] Porén, a súa inscrición como candidato foi rexeitada en setembro polo Servizo Electoral posto que non cumpría co requirimento legal mínimo de sinaturas acreditadas ante notario para unha candidatura independente.[11] O goberno presentou un proxecto de lei para ampliar o prazo de inscrición de candidaturas, coñecida como «Lei Huilcamán», mais o seu trámite fracasou na Cámara de Deputados.[12]

Retomou os seus estudos de dereito en 2008 e rematounos en 2012.[4] En 2013 foi un dos principais dirixentes mapuches do «Pacto Mapuche pola Autodeterminación» que organizou dous encontros no Cerro Ñielol.[13] Foi nomeado ao Premio Nacional dos Dereitos Humanos en 2016.[1]

En 2017 anunciou a futura creación dun «goberno mapuche autónomo»,[14] e foi candidato a senador pola rexión de Araucanía nas eleccións parlamentarias de novembro dese ano, en representación da Fronte Ampla, mais non resultou elixido.[15] En 2019 esixiu un control baseado na etnia de quen deberían poder entrar na zona en conflito e ademais pediu «unha consulta para impedir o ingreso de persoas foráneas en rexións que habitan mapuches».[16]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Aucan Huilcaman Paillama". defensoresydefensoras.indh.cl (en castelán). Consultado o 3 de agosto de 2020. 
  2. "Aucán Huilcamán acusa "racismo" contra Huenchumilla por su ascendencia mapuche | Emol.com". Emol (en castelán). 26 de maio de 2014. Consultado o 26 de agosto de 2020. 
  3. 3,0 3,1 "El vuelo del lonko". www.jornada.unam.mx. 17 de outubro de 2005. Consultado o 27 de xuño de 2013. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Aucán Huilcamán: "Antes de cinco años formaremos un autogobierno"". www.revistanos.cl. maio de 2013. Arquivado dende o orixinal o 4 de marzo de 2016. Consultado o 27 de xuño de 2013. 
  5. "Guli Mapu: Conflict today in Biobio, Araucaria and the Lakes, Chile". Language of the Land: The Mapuche in Argentina and Chile (en inglés). 2007. Consultado o 27 de xuño de 2013. 
  6. Alarcón, Maximiliano (11 de outubro de 2017). "Aucán Huilcamán: “Podemos converger con muchos grupos hacia la autodeterminación”". Diario U Chile (en castelán). Consultado o 30 de agosto de 2018. 
  7. "El problema mapuche en Chile". www.tau.ac.il. decembro de 1994. Consultado o 27 de xuño de 2013. 
  8. 8,0 8,1 "La guerra de Aucán Huilcamán". www.lanacion.cl. 14 de agosto de 2005. Arquivado dende o orixinal o 1 de agosto de 2016. Consultado o 27 de xuño de 2013. 
  9. 9,0 9,1 Corte Interamericana de Dereitos Humanos (2002). "Aucan Huilcaman et al. v. Chile, Case 11.856, Report No. 9/02, Inter-Am. C.H.R.". Consultado o 28 de xuño de 2013. 
  10. "Crea Comisión Verdad y Nuevo Trato". bcn.cl. 18 de xaneiro de 2001. Consultado o 27 de xuño de 2013. 
  11. "Servicio Electoral rechazó candidatura presidencial de Aucán Huilcamán". www.cooperativa.cl. 15 de setembro de 2005. Consultado o 27 de xuño de 2013. 
  12. "Fracasa trámite legislativo de la "ley Huilcamán"". www.emol.com. 4 de outubro de 2005. Arquivado dende o orixinal o 4 de maio de 2015. Consultado o 27 de xuño de 2013. 
  13. "Dirigentes insisten en autogobierno mapuche luego de Encuentro del Cerro Ñielol". radio.uchile.cl. 12 de abril de 2013. Consultado o 27 de xuño de 2013. 
  14. "Aucán Huilcamán: "Este año tendremos un gobierno mapuche autónomo"". radio.uchile.cl. 11 de xaneiro de 2017. Consultado o 7 de febreiro de 2017. 
  15. "La Araucanía: Huenchumilla logra cupo en el Senado y Huilcamán tuvo bajo apoyo electoral". Bío Bío (en castelán). 20 de novembro de 2017. Consultado o 31 de agosto de 2018. 
  16. "Mapuches exigen impedir el ingreso de personas que no sean de esta etnia a la zona". Radio Agricultura. 12 de xaneiro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2020. Consultado o 3 de agosto de 2020.