Atol Ouvéa
Ouvéa | |
---|---|
Vista da illa | |
Datos | |
Capital | Fayaoué |
País | Francia |
Localización | Océano Pacífico |
Arquipélago | Illas da Lealdade |
Linguas | |
Poboación (2009) | 3.392 hab. |
Superficie | 132.1 km² |
Densidade | |
Coordenadas | 20°39′22″S 166°32′31″L / -20.65611, -166.54194Coordenadas: 20°39′22″S 166°32′31″L / -20.65611, -166.54194 |
Maior Altura | 42 m. |
Localización | |
Ouvéa, ou Uvea, é o atol máis occidental do arquipélago das illas da Lealdade, ao nordés de Nova Caledonia.
A superficie total é de 133 km², cunha altitude máxima de 39 m. A illa é alargada de norte a sur formada por dúas partes unidas por un estreito istmo de 25 km de longo. Os extremos norte e sur prolónganse cara ao oeste por unha barreira de coral e uns illotes diseminados. A costa oeste da illa é unha longa praia de 25 km.
Na illa conviven dúas comunidades, unha polinesia e a outra canaco, con dúas linguas pero cunha cultura máis próxima á melanesia. Colonizada tanto desde a grande illa de Nova Caledonia (Grande-Terre) como desde Samoa e Tonga, no século XVIII establecéronse inmigrantes polinesios da illa Uvea de Wallis e Futuna. Por iso en ocasións distínguese Uvea Este (Wallis) de Uvea Oeste (Ouvéa), e inclúese a illa nas chamadas illas periféricas polinesias. Esta comunidade fala o uveano occidental, ou faga uvea, moi próximo ao uveano oriental, ou wallisiano. A lingua dos kanaks de Ouvéa é o laai.
A poboación total era de 4.359 habitantes no censo do 2004, aproximadamente a metade polinesios e a metade kanaks. A capital é Fayaoué.