Saltar ao contido

Illas da Lealdade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaIllas da Lealdade
Imaxe
Tipoarquipélago
grupo de illas Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaNova Caledonia, Francia Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata Mapa
 20°59′46″S 167°16′20″L / -20.9961, 167.2722
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Composto por
Características
Altitude138 m Editar o valor en Wikidata
Superficie1.980,9 km² Editar o valor en Wikidata

Páxina webprovince-iles.nc Editar o valor en Wikidata
BNE: XX6206500
Illas Loyauté en Nova Caledonia.

As illas da Lealdade son un arquipélago situado a 100 km ao leste de Nova Caledonia. Administrativamente é unha das tres provincias que forman a colectividade francesa de Nova Caledonia, chamada simplemente provincia das illas en contraposición a Grande Terre (terra grande). As illas principals son: Lifou, Maré, Ouvéa e Tiga.

Foron descubertas en 1793 polo inglés Raven, capitán dun barco mercante de Sydney, que as chamou Loyalty Islands (illas da Lealdade) destacando o trato amigable dos habitantes. Poboadas por melanesios desde hai máis de 3.000 anos, as illas foron colonizadas máis tarde, entre os séculos XVI a XVIII, por inmigrantes polinesios de Tonga, Samoa e Wallis. No século XIX, logo das revoltas indíxenas en Grande Terre, foron deportados ás illas moitos kanakas (melanesios de Nova Caledonia). Ao quedar á marxe da colonización europea, as illas son hoxe en día un centro de cultura kanaka que coexiste á vez cunha poboación polinesia periférica. En Ouvéa as linguas vernáculas son faga-uvea, de orixe polinesio, e ïaaï de orixe melanesio. En Maré e Lifou fálase nengone, iwateno e drehu, de orixe melanesio.

A poboación era de 22.080 habitantes no censo do 2004, o 10% do total de Nova Caledonia. A actividade principal é a agricultura, a exportación de copra e o turismo.