Saltar ao contido

Atol Aldabra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAtol Aldabra
Aldabra (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 9°24′59″S 46°24′59″L / -9.4164, 46.4164
EstadoSeychelles Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie155,4 km² Editar o valor en Wikidata
Medición13 (ancho) × 34 (lonxitude) km
Bañado porocéano Índico Editar o valor en Wikidata
Altitude16 m Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Sitio Ramsar
Data2 de febreiro de 2010
Identificador1887
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio natural   África
Data1982 (6ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (vii), (ix) e (x) Editar o valor en Wikidata
Identificador185
Categoría Ia da UICN: reserva natural estrita
World Database on Protected Areas
IdentificadorEditar o valor en Wikidata 1342 Editar o valor en Wikidata

Mapa de Aldabra
Tartaruga verde

Aldabra é un atol de coral no océano Índico, pertence ao distrito de Outer Islands, nas Seychelles, sen poboación permanente, cunha gran riqueza natural no referente a flora e fauna autóctonas, o que lle valeu ser catalogado pola UNESCO en 1982 como Patrimonio da Humanidade. Entre a súa fauna endémica destaca a tartaruga xigante de Aldabra (Aldabrachelys gigantea), das cales arredor de 152.000 viven en Aldabra. Tamén destaca unha importante poboación de tartaruga verde (Chelonia mydas) e tartaruga carei (Eretmochelys imbricata).

Administrativamente o atol pertence ás illas Seychelles desde a súa independencia en 1976. Ata esa data e desde 1965, o atol pertencía xunto coas illas de Desroches e Farquhar ao Territorio Británico do Océano Índico.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O atol sitúase a 430 km ao noroeste do extremo norte de Madagascar e a 1.110 km ao suroeste de Mahé, a illa principal do arquipélago das Seychelles.

Trátase do segundo atol máis grande do mundo logo de Kiritimati. Ten 34 km de longo por 14,5 km de ancho. O punto máis alto elévase a 8 m sobre o nivel do mar. A superficie total terrestre é de 155.4 km² e a da lagoa interna de 224 km². En horas de marea baixa, as augas retíranse de case dous terzos da lagoa, deixando o fondo ao descuberto.

O atol é en realidade unha sucesión de catro illas maiores dispostas en forma de anel:

  • Illa Sur (Grand Terre, 116,1 km²)
  • Illa Media (Malabar, 26,8 km²)
  • Polymnie (4,75 km²)
  • Illa Oeste (Picard, 9,4 km²)

Con algunhas outras pequenas dentro da lagoa, como a Ile aux Cendres, Ile Michel, Ile Esprit, Ile Moustiques, Ilot Parc, Ilot Emile, Ilot Yangue, Ilot Dubois, Ilot Magnan, Ile Lanier. O asentamento abandonado de Picard no suroeste da illa do mesmo nome é agora empregado pola garda forestal. O atol de Aldabra forma parte do coñecido como Grupo de Aldara coas illas de Astove, Asunción, e o atol de Cosmoledo.

O nome Aldabra, orixinalmente Al-Hadra ou Al-Khadra (con diversas variantes), déronllo os mariñeiros árabes[1] polo "ambiente hostil e queimado polo sol do atol"; Este nome incorporouse nos mapas portugueses do século XVI.[2][3] As illas xa eran coñecidas polos persas e os árabes, de quen recibiron o seu nome. Chamaran ao océano Índico como Bahr-el zanj.[4] Foi visitado por navegantes portugueses en 1511. A mediados do século XVIII, o atol converteuse nunha dependencia da colonia francesa de Reunión, desde onde se organizaban expedicións de caza da tartaruga xigante de Aldabra.[5]

Como non hai fontes de auga doce superficial en Aldabra, os intereses dos exploradores (non hai probas da visita de ningún explorador europeo antes de 1742) eran só sacar proveito as especies de tartarugas, galápagos e peixes, e non habitar o atol.[2] En 1810, xunto con Reunión, Mauricio, as Seychelles e outras illas, Aldabra pasou a mans británicas. Posteriormente, Reunión foi devolta a Francia e tanto Aldabra como as Seychelles foron postas baixo a administración británica de Mauricio. Os habitantes anteriores eran emigrantes das Seychelles.

O almirante W. J. L. Wharton da Armada Británica desembarcou en Aldabra en 1878 para realizar estudos hidrográficos das illas.[6] En 1888, estableceuse o primeiro asentamento despois de que a Concesión fose outorgada polas autoridades das Seychelles.[2][7] A intención era sacar proveito e exportar os recursos naturais das illas. Os aldeáns construíron unha capela no medio das árbores badamier, usando madeira e aceiro, a capela considerábase un complemento esencial para as casas das plantacións e os edificios de oficinas. Como Aldabra non tiña recursos de auga doce, construíronse grandes estruturas rectangulares de almacenamento de auga xunto a cada edificio. Tamén se construíuse un cárcere de dúas celas na aldea, do que se conserva un vestixio.

A explotación de tartarugas con fins comerciais naquela época ilústrase cos restos dun muíño de trituración na illa Picard, que se utilizaba para triturar ósos de tartarugas, que tamén se traían doutras illas do atol. Os esforzos realizados para cultivar cocos, algodón e sisal fracasaron debido ás fontes de auga inadecuadas no atol. Aínda se atopan vestixios destas plantacións nalgunhas das illas.[7] A finais do século XIX, introducíronse as cabras como fonte de alimento para os aldeáns (uns 200) que vivían alí. As ratas de barco introducíronse e rexistráronse accidentalmente antes de 1870, e os gecos domésticos observáronse a partir da década de 1970.[2] Os mariñeiros desembarcaron no atol no século XIX e capturaron tartarugas como alimento. En 1842, informouse de que dous barcos capturaron 1200 delas. En 1900, as tartarugas estaban case extintas e unha tripulación a miúdo tiña que buscar durante tres días para atopar unha.[8]

A principios do século XIX, as concesións outorgadas a particulares case destruíron os bosques e os hábitats das tartarugas en moitas illas das Seychelles, no atol de Aldabra, dado o seu afastamento e topografía accidentada, só se despexaron pequenas áreas de bosque para operacións agrícolas (principalmente plantacións de cocos), pero as tartarugas foron capturadas intensamente para a súa carne e o seu comercio.[4] Non obstante, James Spurs, que tiña a concesión do atol, foi o responsable inicialmente de salvar as tartarugas no atol cando prohibiu matalas en 1891.[4]

Despois da Segunda Guerra Mundial, a explotación de Aldabra para uso comercial chegou ao seu fin e impuxéronse restricións sobre o número de persoas que podían permanecer nas illas, este número fixouse en 200 cada vez. Prohibiuse a introdución de especies invasoras, as especies de fauna protexéronse por lei e a Royal Society of London levou a cabo unha investigación activa sobre a ecoloxía e a biodiversidade do atol desde mediados da década de 1970.[4]

Aldabra, xunto con Desroches e Farquhar, formou parte do Territorio Británico do Océano Índico desde 1965 ata a independencia das Seychelles en 1976. Na década de 1960, como parte da súa "Política das Illas Oceánicas", e para apoiar os compromisos do Leste de Suez, o goberno británico considerou establecer unha base da RAF na illa e convidou aos Estados Unidos a axudar a financiar o proxecto a cambio do uso compartido das instalacións e dun acordo de 11 millóns de dólares. Simultaneamente (mediados da década de 1960), a British Broadcasting Corporation interesouse en Aldabra como posible localización de transmisión, para emitir o BBC Overseas Service (BBC) ao continente africano. A BBC montou unha expedición de investigación (Expedition Turtle) para avaliar a súa idoneidade para este propósito. A BBC confiou na RAF para o desenvolvemento do atol, xa que sen ela o seu proxecto non sería viable.

Tras unha protesta internacional por parte de científicos (coñecida como "o caso Aldabra"),[9] Non obstante, os plans militares abandonáronse e o atol recibiu protección total.[8] Os "lobistas ambientais" baixo o liderado de Julian Huxley, co apoio dos deputados Tam Dalyell e Robin Cook,[10] torpedearon o proxecto británico.[11][12] En 1966, o ministro de Defensa británico Denis Healey observou: «Segundo o meu entender, a illa de Aldabra está habitada, como o banco da oposición de Súa Maxestade, por tartarugas xigantes, fragatas e masqueiros».[13]

Tras o fracaso dos plans para establecer unha estación militar en Aldabra (que, no seu lugar, se centraba en Diego García nas Illas Chagos), a Royal Society of London retomou o seu estudo científico da flora e a fauna do atol co profesor David Stoddart como líder. A Royal Society comprou o arrendamento do atol en 1970 e a súa estación de investigación comezou a funcionar a partir de 1970. Despois de completar o traballo asignado, a Royal Society marchou e a Seychelles Islands Foundation (SIF), un fideicomiso público das Seychelles, asumiu a xestión e protección do atol en 1979.[7][13] A SIF funciona baixo o patrocinio do Presidente das Seychelles e Aldabra foi declarada Reserva Natural Especial en 1981. Converteuse en Patrimonio da Humanidade da UNESCO o 19 de novembro de 1982. Unha placa de latón coa inscrición "Aldabra, marabilla da natureza dada á humanidade polo pobo da República das Seychelles" foi erixida no atol. Este recoñecemento é digno do atol, que é verdadeiramente un dos maiores atois de coral elevado ecoloxicamente inalterados do mundo.[4]

Finalmente foi abandonado e hoxe en día acolle a estación de estudo da vida salvaxe e ao seu persoal. Non hai poboación permanente e o atol está administrado pola Seychelles Island Foundation.

Grupo de Aldabra

[editar | editar a fonte]

O grupo de illas de Aldabra comprende:

  • Atol de Aldabra
  • Illa de Asunción
  • Atol de Cosmoledo
  • Illa Astove

A superficie total do Grupo de Aldabra ascende a 176 km². Ecoloxicamente, o grupo constitúe a ecorrexión denominada matogueira xerófila das illas Aldabra.

  1. Dodd, Jan (2004). Mauritius, Réunion and Seychelles. Lonely Planet. p. 268. ISBN 978-1-74059-301-4. Consultado o 10 de abril de 2013.
  2. 1 2 3 4 Anthony Cheke. "Timing of arrival of humans and their commercial animals on the western Indian Ocean oceanic islands" (PDF). Consultado o 27 de marzo de 2013.
  3. "Aldabra Atoll: Aldabra Group". Tourism Department of Seychelles. Arquivado dende o orixinal o 6 de outubro de 2021. Consultado o 25 de marzo de 2016.
  4. 1 2 3 4 5 MairBeckley 2012.
  5. "Aldabra Atoll". Unesco. Consultado o 23 de marzo de 2013.
  6. Aldabra from Ministry of environment website
  7. 1 2 3 MairBeckley 2012, p. 186.
  8. 1 2 Carpin, Sarah,(1998) Seychelles, Odyssey Guides, p.162, The Guidebook Company Ltd., Accessed 22 de xuño de 2008
  9. Stoddart, D. R. (1968-10-01). "The Aldabra affair". Biological Conservation (en inglés) 1 (1): 63–69. Bibcode:1968BCons...1...63S. ISSN 0006-3207. doi:10.1016/0006-3207(68)90021-9.
  10. "Let the exiles return". the Guardian (en inglés). 2006-05-12. Consultado o 2022-10-16.
  11. MairBeckley 2012, p. 19.
  12. Tam Dalyell (2011). The Importance of Being Awkward: The Autobiography of Tam Dalyell. Birlinn. pp. 124–131. ISBN 978-0-85790-075-3. Consultado o 25 de xaneiro de 2015.
  13. 1 2 "Ramsar". Official web site of Ramsar. Consultado o 19 de febreiro de 2015.