Mahé
| (en) Mahé | ||||
| Tipo | illa | |||
|---|---|---|---|---|
| Parte de | Seychelles | |||
| Situado na entidade xeográfica | Seychelles graníticas | |||
| Localización | ||||
| División administrativa | Ilhas Interiores, Seychelles (pt) | |||
| Localización | océano Índico | |||
| ||||
| Bañado por | océano Índico | |||
| Características | ||||
| Altitude | 905 m | |||
| Dimensións | 17 ( | |||
| Punto máis alto | Morne Seychellois | |||
| Superficie | 157,3 km² | |||
Mahé é a illa máis grande (155 km²) de Seychelles, situada no nordeste da nación. A poboación de Mahé é de 72.000 habitantes. Nela está a capital, Port Victoria, e un 90% da poboación total do país. A illa foi chamada Mahé de Labourdonnais, o gobernador de Illa Mauricio.
O pico máis alto de Mahé é Morne Seychellois con 905 m., situado no Parque Nacional de Morne Seychellois. A maioría dos habitantes da illa e o aeroporto internacional (aberto en 1971) atópanse na parte norte e leste da illa. Na parte sur e oeste atópanse o Parque Nacional Baie Ternay e o Parque Nacional Port Launay Marine.
Mahé foi avistada por primeira vez polos británicos en 1609, e non volveu ser visitada polos europeos ata 1742. Mahé converteuse en posesión francesa ata 1814, cando pasou a ser colonia inglesa. Continuou sendo colonia ata 1976, cando Seychelles converteuse nunha nación independente.
Galería
[editar | editar a fonte]- Victoria capital de Mahé
- Victoria capital de Mahé
- Mahé
- Praia
- Le Roche Cochon, Mahe
- Porto de Mahe
- Mahe, Praia de Porto Launay
- Illa Eden, Mahe
