Illa de Astove
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Aldabra Group (en) | |||
Situado na entidade xeográfica | Aldabra Group (en) | |||
Localización | ||||
División administrativa | Seychelles | |||
| ||||
Bañado por | Océano Índico | |||
Características | ||||
Altitude | 18 m | |||
Dimensións | 4 () × 6 () km | |||
Superficie | 14,5 km² | |||
A illa de Astove é un atol de Seychelles situado no océano Índico. Áchase a 38 km SSE de Cosmoledo.
Características
[editar | editar a fonte]Trátase dun atol con forma de anel case pechado. A súa lagoa interior ten unha profundidade máxima de 3 metros e está comunicada co mar polo suroeste. O atol mide 4,5 km de Norte a Sur e 2 km de Leste a Oeste, cunha superficie de 4´96 km²; e a súa área total, incluíndo a lagoa é de 9´5 km². O seu único asentamento, na costa occidental, foi abandonado nos anos 80. Existe tamén unha pista de aterraxe de herba. Declarada reserva natural, actualmente está pechada ao público e prohíbese todo acceso.
A illa de Astove e o atol de Cosmoledo, conforman o Grupo de Cosmoledo. Grupo que á súa vez, xunto ao atol de Aldabra e a illa de Asunción constitúen o Grupo de Aldabra.