Saltar ao contido

Athlone

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Athlone - Baile Átha Luain»)
Modelo:Xeografía políticaAthlone
Athlone (en)
Baile Átha Luain (ga) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 53°25′25″N 7°56′33″O / 53.4236, -7.9425
EstadoIrlanda
CircunscriciónNorth-West (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie10,92 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Sionainn Editar o valor en Wikidata
Altitude56 m Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Evento clave
17 de xullo de 1690Siege of Athlone (en) Traducir
xuño de 1691Siege of Athlone (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postalN37 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico90 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webathlone.ie Editar o valor en Wikidata

Athlone (en inglés) ou Baile Átha Luain (lit. Pantano de Luain, en gaélico) é unha localidade irlandesa, capital do condado de Westmeath, cunha poboación duns 17.000 habitantes.

Situación

[editar | editar a fonte]

Atópase no centro da illa de Irlanda, no curso do río Shannon xusto despois de pasar o lago Ree, e entre este e o sitio arqueolóxico de Clonmacnoise.

Administrativamente é un enclave entre dous condados (Westmeath e Roscommon), aínda que pertence ao primeiro exceptuando o caso do barrio máis occidental, Monksland, que se atopa fóra de Westmeath e polo tanto fora da provincia de Leinster, polo que tamén é unha localidade entre dúas provincias (Leinster e Connacht).

Tradicionalmente a división vén dada polo río Shannon], pero desta forma a cidade quedaba dividida, quedando por exemplo fóra de Westmeath o castelo ou a catedral, así que decidiuse incluír todo no condado citado, inda que a cidade seguiu medrando.

Curso do río Shannon.

Personalidades

[editar | editar a fonte]

Lugares de interese

[editar | editar a fonte]

O seu castelo é o edificio máis visitado polos turistas e foi testemuña de varias batallas de gran transcendencia histórica.

Tamén podemos atopar a súa catedral católica en honra a San Pedro e San Paulo, moi preto do castelo.

Cruzando a ponte que está a poucos metros pásase á parte oriental que, inda que menos monumental, alberga a Igrexa de Santa María (onde foi bautizado John McCormack), o porto de recreo e o centro comercial, que atrae xente de moitos pobos de arredor.

Tamén se atopa o pub máis antigo de Irlanda e de Europa que se conserva, que data do século X. O seu nome vén por Luain, que foi quen fundou o citado bar e debido á súa posición preto dun lago. Aos poucos foise formando a poboación e de feito o bar está pegado á base do castelo.

Infraestrutura

[editar | editar a fonte]

A obra de infraestrutura máis sinalábel é o dique que dá calado a boa parte do norte do Río Shannon e, para poder pasalo, tamén se construíron unhas esclusas con capacidade para dous ou tres barcos de recreo á vez.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]