Metro de Moscova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Metro de Moscova
Moscow metro map en sb.svg
Localización Cidade de Moscova, Rusia
Tipo de transporte Metro (ferrocarril)
Inauguración 1935
Lonxitude das liñas 333,4 km[1]
Número de liñas 12
Nº de usuarios ao día 9.55 millóns, cunha media de 6.8 millóns
Estacións 200
Ancho de vía 1,520 m
Operadora do metro Moskovsky Metropoliten
Estación Kievskaya (Киевская)
Escaleiras do metro de Moscova

O metro de Moscova, en ruso: Московский метрополитен, tamén coñecido como o palacio subterráneo, foi inaugurado en 1935, e é actualmente o primeiro do mundo por densidade de pasaxeiros, transporta arredor de 3.341.500.000 persoas ao ano e cerca de 9,2 millóns de individuos ao día.[2] Posúe 200 estacións e unha lonxitude de tendido subterráneo de 333.4 quilómetros (quinto no mundo despois de Nova York, Londres, Madrid e Toquio) con 12 liñas.

Na liña nº 5, con forma de anel, que se cruza con todas as outras en dúas estacións, a megafonía indica aos usuarios o sentido en que viaxa o tren, utilizando voces masculinas cando avanzan no sentido das agullas do reloxo, e voces femininas cando se dirixe en sentido contrario. Así, nas liñas radiais, empréganse voces masculinas cando os trens se acercan ao centro da cidade, e voces femininas cando se afastan.

Historia[editar | editar a fonte]

Antiga ficha de 1955 do metro de Moscova, válida para unha viaxe.

A primeira liña foi aberta o 15 de maio de 1935 entre Sokol'niki e Park Kul'tury, cun ramal cara Smolenskaya que foi ampliado até Kievskaya en abril de 1937 (cruzando o río Moscova sobre unha ponte). Dúas liñas máis foron logo abertas antes da segunda guerra mundial. En marzo de 1938 a liña de Arbatskaya foi ampliada até a estación de Kurskaya (hoxe Arbatsko-Pokrovskaya). En setembro de 1938 abriuse a liña Gorkovsko-Zamoskvoretskaya, entre Sokol e Teatral'naya.

Os proxectos da terceira etapa do Metro de Moscova foron atrasados durante a segunda guerra mundial. Dúas seccións do metro foron postas en servizo: Teatralnaya - Avtozavodskaya (3 estacións, cruzando o río Moscova nun túnel profundo) e Kurskaya - Izmaylovskiy Park (4 estacións).

Despois da guerra iniciouse a construción da cuarta etapa do metro, que incluía a liña Kol'tsevaya e a parte profunda da liña Arbatsko-Pokrovskaya desde Pl. Revolyutsii até Kievskaya.

As razóns da construción da sección profunda da estación Arbatskaya radica no inicio da guerra fría. Son profundas e están ideadas para esconder xente no caso dunha guerra nuclear. Despois da finalización da liña en 1953.

Arquitectura[editar | editar a fonte]

Durante os anos 60 a arquitectura das estacións variou seriamente e algunhas estacións como VDNKh e Alekseevskaya inauguráronse con maior simplicidade que o planeada orixinalmente.

Liñas[editar | editar a fonte]

# Nome Inauguración Lonxitude Tempo de viaxe
1 Sokolnicheskaya (Сокольническая) 1935 26.2 km 41 min
2 Zamoskvoretskaya (Замоскворецкая) 1938 36.9 km 50 min
3 Arbatsko-Pokrovskaya (Арбатско-Покровская) 1938 44.3 km 30 min
4 Filovskaya (Филёвская) 1958 14.9 km 27 min
5 Koltsevaya (Кольцевая) 1950 19.4 km 29 min
6 Kaluzhsko-Rizhskaya (Калужско-Рижская) 1958 37.8 km 58 min
7 Tagansko-Krasnopresnenskaya (Таганско-Краснопресненская) 1966 35.9 km 48 min
8 Kalininskaya (Калининская) 1979 13.1 km 17 min
9 Serpujovsko-Timiriazevskaya (Серпуховско-Тимирязевская) 1983 41.2 km 58 min
10 Liublinsko-Dmitrovskaya (Люблинско-Дмитровская) 1995 21.2 km 25 min
11 Kajovskaya (Каховская) 1995 3.3 km 5 min
L1 Butovskaya (Бутовская) 2003 5.5 km

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Moscow Metro numbers" (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2006. Consultado o 05 de febreiro de 2009. 
  2. Urbanrail.net (ed.). "Páxina de Metro Moscova" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2009. Consultado o 05 de febreiro de 2009. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]