Assassin's Creed (videoxogo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Assassin's Creed
Logo de Assassin's Creed
Desenvolvedor(es)Ubisoft Montreal
Distribuidora(s)Ubisoft
Produtor(es)Jade Raymond
Compositor(es)Jesper Kyd
MotorHavok como motor de físicas e Scimitar como motor gráfico.
LanzamentoPS3 e XBox 360:
NA EU XP15 de febreiro de 2008
PC:
NA 8 de abril de 2008
AU 9 de abril de 2008
EU 10 de abril de 2008.
XéneroAcción e aventura
Modos de xogoUn xogador
Clasificación18+
Plataforma(s)PC, PS3, XBox 360, PSP
Na rede
http://assassinscreed.es.ubi.com/
IMDB: tt0932936 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Assassin's Creed é un videoxogo lanzado para PS3, Xbox360 e PC, ambientado na Terceira Cruzada e no ano 2012. No 2012 controlamos a Desmond Miles, que se atopa secuestrado pola corporación Abstergo. Durante a Terceira Cruzada manexamos a Altair, un xove pertencente a un grupo de asasinos, cuxa misión é a de salvagardar Terra Santa da intrusión dos cruzados.

Cidades que aparecen[editar | editar a fonte]

Aparecen tres cidades: Xerusalén, Damasco e Acre. As tres están recreadas con gran detalle e nelas Altair debe asasinar certos obxectivos. Tamén pode axudar a diversos cidadáns e enfrontarse ao soldados de ambos bandos: cruzados e musulmáns. As tres cidades están conectadas por camiños, que constitúen o maior escenario do xogo: o reino. Nel áchanse batallóns de soldados, poboados e construcións defensivas.

Habilidades de Altair[editar | editar a fonte]

Como asasino, Altair posúe unha espada, unha daga agochada e coitelos que pode lanzar. Ademais, tamén pode escalar e saltar. Nalgúns sitios elevados pode saltar e caer nun montón de palla (saltos de fe).

Misións secundarias[editar | editar a fonte]

Ademais das misións de asasinatos, no xogo poden realizarse misións secundarias, coma axudar a algúns cidadáns, atopar numerosos estandartes e eliminar a 60 templarios distribuídos por toda Terra Santa.

Crítica[editar | editar a fonte]

Recepción
Puntuacións agregadas
AgregadorPuntuación
GameRankings(PS3) 82.48%[1]
(X360) 82.49%[2]
(PC) 79.17%[3]
Metacritic(PS3) 81/100[4]
(X360) 81/100[5]
(PC) 79/100[6]
Puntuacións
PublicaciónPuntuación
1UP.com7.0/10
Eurogamer7/10
Famitsu36/40
Game Informer9.5/10
GamePro5/5
GameSpot9/10
GameSpy3.5/5
GamesRadar+10/10
GamesTM4/10
GameTrailers9.1/10
Hyper95/100
IGN7.5/10[8]
OXM (US)8.5/10
Play10/10
PSM5/5[7]
X-Play5/5

As revistas e páxinas web especializadas déronlle boas notas a Assassin's Creed: 90 en GameSpot, 77 en IGN acadando finalmente un 81 en Metacritic para Xbox360[5], un 80 para PS3[4] e un 79 para PC[6].

Vendas[editar | editar a fonte]

Desde a súa saída ao mercado, Assassin's Creed vendeu 3,38 millóns segundo Vgchartz[9].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Assassin's Creed for PlayStation 3 - GameRankings". GameRankings. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2012. Consultado o 15 de agosto de 2009. 
  2. "Assassin's Creed for Xbox 360 - GameRankings". GameRankings. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2012. Consultado o 15 de agosto de 2009. 
  3. "Assassin's Creed for PC - GameRankings". GameRankings. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2014. Consultado o 15 de agosto de 2009. 
  4. 4,0 4,1 "Assassin's Creed (ps3) reviews at Metacritic.com". GameRankings. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2011. Consultado o 15 de agosto de 2009. 
  5. 5,0 5,1 "Assassin's Creed (xbox360) reviews at Metacritic.com". GameRankings. Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2012. Consultado o 15 de agosto de 2009. 
  6. 6,0 6,1 "Assassin's Creed Director's Cut (pc) reviews at Metacritic.com". GameRankings. Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2012. Consultado o 15 de agosto de 2009. 
  7. Nelson, Randy (xaneiro de 2008). "Review: Assassin's Creed". PlayStation: The Official Magazine (2) (Future US). pp. 76–77. 
  8. http://uk.ign.com/articles/2007/11/13/assassins-creed-review
  9. http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=12727