Asplenium billotii

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Asplenium billotii é unha especie de fento da familia das aspleniáceas.

Vista da planta.

Descrición[editar | editar a fonte]

Alcanzan os seus frondes até 35 cm, aínda que de ordinario son duns 20 cm. A súa cor é verde brillante e xorden en grupos densos dunha especie de raíz horizontal (rizoma). O seu pecíolo, marrón na súa parte inferior e brillante, é algo máis curto que o resto da fronde, que aparece dividida por dúas veces, en senllas series de pequenas follas menores, dentadas. Reprodúcense mediante esporas, que crecen e maduran en grupos (soros), que adquiren unha cor marrón, cubertos por unha lámina (indusio) protectora, no dorso das frondes e son liberadas (esporulación) cara ao inverno.[1]Hemicriptófito.

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

Esténdese pola conca mediterránea, as illas de Macaronesia e a franxa occidental de Europa.[2] Aparece disperso baixo as rochas, en lugares frescos de rochedos e bosques, en sitios umbrosos xeralmente silíceos.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Asplenium billotii foi descrita por Friedrich Wilhelm Schultz e publicada en Flora 28: 738. 1845[3]

Etimoloxía

Ver: Asplenium

billotii: epíteto outorgado en honra do botánico francés Paul Constant Billot (1796-1863).

Citoloxía

Número de cromosomas de Asplenium billotii (Fam. Aspleniaceae) e taxóns infraespecíficos: n=72.[4][5]

Sinonimia
  • Asplenium cuneatum F.W. Schultz
  • Asplenium fontanum var. lanceolatum Fiori
  • Asplenium lanceolatum Huds.
  • Asplenium obovatum auct.
  • Trichomanes lanceolatum Bubani[5]
  • Athyrium lanceolatum (C.Presl) Heufl. [1856, Verh. K. K. Zool.-Bot. Ges. Wien, 6 : 345]
  • Asplenium rotundatum Kaulf. [1830, Flora, 13 : 374][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. García Muñoz, B. (2004). Plantas de Ávila, mi ciudad. Ávila:Obra Social Caja de Ávila. ISBN 84-96264-09-2. 
  2. García Mateo, R.; Pajarón Sotomayor, S. (2009). Flora y Vegetación de la Sierra de San Vicente. Ciudad Real, Deputación Provincial de Toledo. ISBN 978-84-96211-38-4. 
  3. "Asplenium billotii". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 23 de setembro de 2012. 
  4. Proves Nota citotaxonómica sobre pteridoflora del noroeste de la Península Ibérica. Horjales, M. & al. (1990) Anales Jard. Bot. Madrid 48(1): 82-84.
  5. 5,0 5,1 "Asplenium billotii". Real Jardín Botánico: Proyecto Anthos. Consultado o 7 de outubro de 2010. 
  6. "Asplenium billotii". Tela Botánica. Consultado o 7 de outubro de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Siegmund Seybold (Hrsg.): Schmeil-Fitschen interaktiv (CD-Rom), Quelle & Meyer, Wiebelsheim 2001/2002, ISBN 3-494-01327-6