Asphodelus fistulosus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Asphodelus fistulosus
Asphodelus fistulosus Flowers Closep DehesaBoyaldePuertollano.jpg
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Subclase: Liliidae
Orde: Asparagales
Familia: Xanthorrhoeaceae
Subfamilia: Asphodeloideae
Xénero: Asphodelus
Especie: Asphodelus fistulosus

O Asphodelus fistulosus é unha planta pertencente o xénero Asphodelus.

Distribución[editar | editar a fonte]

Esténdese por toda a Península Ibérica, mais é especialmente abondosa no Mediterráneo, incluídas as principais illas e costas[1]. Chega ata Asia, estendéndose dende Xordania, Turquía ou Líbano ata a península arábiga. Debido á súa adaptabilidade ten ampliado o seu rango de distribución. Coma no oeste e centro de Europa (onde é considerada invasora) e incluso os EUA, América Latina, Australia e Nova Zelandia[1].

Características[editar | editar a fonte]

Estabñécese en lugares degradados pola actividade humana, coma en cunetas, vertedoiros ou beiras de camiños. É moi resistente ás secas e evita as sombras. Pode alcanzar os 70 cm de altura[1]. Conta cun alto contido en asfodelina e en asfodelósido[1]. Estas tóxinas son unicamente soportadas polos porcos, polo que o resto dos animais non se alimentan dela[1].

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 J. Ramón Gómez. (03.2016). "La valerosa gamonita". Quercus 361.