Aspai, Santa Uxía de Asma, Chantada
| Aspai | |
|---|---|
| Parroquia | Santa Uxía de Asma |
| Concello | Chantada |
| Coordenadas | 42°34′11″N 7°49′23″O / 42.569818, -7.82316 |
| Poboación | 11 hab. (2016) |
| [ editar datos en Wikidata ] | |


Aspai é un lugar na parroquia de Santa Uxía de Asma, do concello de Chantada, na comarca de Chantada, pertencente á provincia de Lugo. Segundo o INE[1] e o IGE[2] en 2011 tiña 16 habitantes (oito homes e oito mulleres), e en 2016 tiña 11 habitantes (seis mulleres e cinco homes, segundo o INE).
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo Aspai ten orixe no antropónimo de orixe baixolatina Aspadius a partir da forma en xenitivo Aspadii.[3] Algúns dos microtopónimos da zona son As Abelairas, O Agro, A Antadega, A Batoca, O Bico da Fonte, A Bouza Vella, As Bugalleiras, Os Caños, A Carrasqueira, O Castrillón, A Cerrada dos Penedos, A Cerrada Grande, O Chafanizo, O Charquete, O Chousiño, O Chouso Vello, Os Cortellos, O Cotarro, As Cubelas, O Cutiño, Os Desvíos, As Devesas, O Escubial, A Felga, Fernande, Fonteboa, Fontesamuelas, Grabiel, Grabiel do Xastre, A Horta Daculá, O Lameiriño, O Lameiro Daculá, O Lameiro da Fonte, O Lameiro Novo, O Leiro do Campo, O Leiro Longo, O Monte da Cruz, O Monte das Corneas, O Monte do Penedo do Lagarto, O Monte do Merlo, O Monte do Soldado, O Monte dos Pinos, O monte Miau, A Nabeira da Porta, A Nabeira de Baixo, A Peneda, O Pombal, Porta Riqueixo, A Portela, O Prado da Lama, O Prado de Baixo, A Presa, A Purreira, O Puzo, O Reboredo, A Redonda, A Rigueira, A Ruciña, O Souto, Susnabeiras, Tras do Lameiro, As Videiras (recollidos o 12/11/2017; fonte: as señoras Ólida e Maruja do Torozas de Aspai).
Historia
[editar | editar a fonte]O 16 de xaneiro de 1921 houbo un atentado contra o mestre da aldea, Aniceto Pereira Gutiérrez, de 33 anos e natural de Camba.[4]
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Santa Uxía de Asma
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Santa Uxía de Asma no concello de Chantada (Lugo) | |
|---|---|
|
Aspai | O Campo da Vila | A Cuqueira | Derramán | A Eirexe | Ludeiro | Outeiro | Santa Uxía | Sitiós |
Parroquias de Chantada
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ INE (ed.). "Instituto Nacional de Estadística. Nomenclátor. Relación de unidades poblacionales" (en castelán). Consultado o 27.decembro.2012.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 27.decembro.2012.
- ↑ Méndez, Luz; Navaza, Gonzalo (2004). "Xentilicios e nomes persoais na toponimia de Chantada". En R. Álvarez, F. Fernández Rei e A. Santamarina (eds.). A lingua galega: historia e actualidade 3. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega - Instituto da Lingua Galega. p. 526.
- ↑ Pardo, Alfredo (23 de marzo de 2020). "Aspai, historia dun atentado que conmocionou Chantada no ano 1921". El Progreso.