Askar Mamin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Askar Mamin
Askar Mamin
Askar Mamin en 2011

Actualmente no cargo
Dende o 21 de febreiro de 2019
Precedido por Bakhitzhan Sagintaiev

Datos persoais
Nacemento 23 de outubro de 1965
Tselinogrado, RSS de Casaquistán, Unión Soviética
Partido Nur Otan
Pais Casaquistán

Askar Uzakbaiuly Mamin (en casaco: Аsqar Uzаqbаıuly Маmın), nado o 23 de outubro de 1965) é o actual primeiro ministro de Casaquistán.[1][2]

Antes ocupara o cargo de Viceprimeiro ministro do 9 de setembro de 2016 ao 21 de febreiro de 2019. Foi tamén presidente de Qazaqstan Temir Zholy, a empresa ferroviaria nacional de Casaquistán e presidente da Federación de Hóckey sobre xeo de Casaquistán.[3]

De 2005 a 2006 foi Ministro de Transportes e Comunicacións do Goberno de Casaquistán e de 2006 a 2008 alcalde de Astana.

É membro do partido gobernante Nur Otan.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mamin gradouse no Instituto de Enxeñaría Civil de Tselinogrado e na Universidade rusa de Economía de Plekhanov, nas especialidades de economía e enxeñaría civil. Exerceu como Vicedirector xeral da Unión de Empresas Innovadoras de Casaquistán. De 1996 a 2008, foi tenente de alcalde da Cidade de Astana, viceministro de Transportes e Comunicacións da República de Casaquistán e viceministro primeiro de Industria e Comercio da República de Casaquistán.

Foi presidente da empresa nacional ferroviaria Qazaqstan Temir Zholy de 2006 a 2008 e primeiro viceprimeiro ministro dende setembro de 2016.[2]

O 21 de febreiro de 2019 asumiu as funcións do primeiro ministro, tras a dimisión de Bakhitzhan Sagintaiev. Catro días despois a Cámara Baixa de Casaquistán aprobou a súa candidatura e foi nomeado oficialmente Primeiro ministro de Casaquistán.[2]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Askar Mamin está casado con Altynai Mamina. Teñen un fillo e filla: Daniyar, nado en 1986, e Dinara, nada en 1991.

Cargos políticos
Predecesor:
Bakhytzhan Sagintayev
Primeiro ministro de Casaquistán

2019–present
Presente
Predecesor:
Umirzak Shukeyev
Alcalde de Astana
2006–2008
Sucesor:
Imangali Tasmagambetov

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Nazarbaev Fires Kazakh Government Over Low Living Standards, Economic Failures" (en inglés). Consultado o 11 de xuño de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Askar Mamin, designado primer ministro de Kazajistán" (en castelán). 25 de febreiro de 2019. Consultado o 11 de xuño de 2019. 
  3. "Askar Mamin re-elected president of Kazakh Federation" (en inglés). 5 de decembro de 2016. Consultado o 11 de xuño de 2019.