Saltar ao contido

Asado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Asado
Gastronomía de Arxentina Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Parte de
 Nome oficial
Asado (es) Editar o valor en Wikidata
Características
 Gastronomía
Localización
 País de orixe
Identificadores
TasteAtlasasado Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02v46d Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Asado na grella.
Asado na Patagonia, Arxentina

O asado é un modo de cociñar os alimentos crus directamente á calor do lume ou dun forno[1].

O asado pode facerse ben en asador (asadeiro, churrasqueira), ben no forno. Se se fai á grella chámase grellada, que pode ser de verduras, peixe (por exemplo as sardiñadas), ou de carne (churrascadas). Pode facerse tamén no espeto (por exemplo o carneiro ou as sardiñas).

O termo asado (assado no Brasil) refírese en Suramérica tanto ás técnicas de cociñado no lume (grellada) coma ao evento social de asistir á churrascada[2] Na Arxentina, Chile, Paraguai, Uruguai considérase prato nacional.[3] Nestes países, a palabra asado é sinónimo do que en galego se denomina churrasco. O asado suramericano adoita consistir en carne principalmente de vitela (vacún) con outras feitas á grella, ou directamente no lume cun espeto.

O asado ou churrasco unha das herdanzas máis importantes acollidas e asimiladas en Galicia polos indianos que volvían das Américas. Hoxe en día os asados, especialmente o churrasco, forman parte importante da gastronomía galega.

  1. Definición en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  2. Kuhn, Christoph (28 de xuño de 2007). WOZ Die Wochenzeitung, ed. "Jedes Biest auf den Grill" (en alemán). Zurich. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2010. Consultado o 29 de decembro de 2012. Asado heisst eigentlich gegrilltes Fleisch, Braten; das Wort wird heute für das Grillereignis allgemein gebraucht. 
  3. "El asado". Vía Restó.com (en castelán). Bos Aires: Grupo Clarín. 28 de abril de 2010. Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2013. Consultado o 29 de decembro de 2012. Nacido en el centro de las costumbres gauchas, el asado se impuso como el plato nacional por excelencia. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]