Saltar ao contido

Articulación glenoumeral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Articulación glenoumeral.

A articulación glenoumeral é unha articulación do membro superior humano, pertencente ao ombreiro. Participan nela a escápula e o úmero. Trátase dunha articulación entre a cavidade glenoide escapular e o cóndilo umeral. É multiaxial e pode realizar diversos movementos. O grupo de músculos do manguito dos rotadores encárgase de manter a articulación estable. Colaboran na estabilidade o músculo bíceps braquial e diversos ligamentos próximos. A articulación pode realizar movementos de flexión, extensión, abdución, adución, rotación medial e lateral e circundución.

As superficies articulares son a parte esférica superior do úmero e a cavidade glenoide da escápula. A esfera umeral é de moito maior tamaño que a cavidade e precisa varios ligamentos para funcionar coma articulación. Ambas superficies óseas están tapizadas por cartilaxe articular. En torno aos bordos da cavidade glenoide disponse un ligamento groso en forma de anel, que amplía a superficie articular. Na parte superior, o anel fibroso continúase a través do tendón do músculo bíceps braquial. A membrana sinovial insírese nos bordos articulares e cobre os ligamentos articulares. A membrana é máis laxa na parte inferior. As membranas fibrosas se adaptan cos movementos do ombreiro.

A membrana sinovial sobresae por unhas aperturas da membrana fibrosa para formar bolsas sinoviais, que se dispoñen entre os tendóns dos músculos circundantes e a membrana fibrosa. A bolsa que máis comunmente se atopa é a bolsa subtendinosa do músculo subescapular, que se sitúa entre o músculo subescapular e a membrana fibrosa. A membrana fibrosa prégase en torno ao tendón do bíceps braquial na articulación e se estende ao longo do suco intertubercular umeral. Todas estas estruturas serven para que os tendóns se deslicen sen rozar cos ósos nin outras estruturas.

Existen outras bolsas, situadas por fóra da articulación:

A membrana fibrosa da cápsula articular únese ao bordo da cavidade glenoide (por fóra da inserción do rodete glenoide e da porción longa do músculo bíceps braquial) e ao pescozo cirúrxico do úmero. No úmero, a inserción medial prodúcese nunha zona por debaixo ao pescozo e se estende pola diáfise. Nesta rexión a membrana fibrosa tamén é mais laxa ou está pregada cando o brazo se acha en posición anatómica (caído, coa palma da man mirando cara a diante). Esta zona adáptase durante a abdución do ombreiro.

As aperturas da membrana fibrosa achegan continuidade da cavidade articular coas bolsas que se sitúan entre a cápsula articular e os músculos circundantes e os situados en torno ao músculo bíceps braquial no seu percorrido polo suco intertubercular.

A membrana fibrosa da cápsula articular áchase engrosada:

A estabilización da articulación conséguese grazas aos tendóns da articulación e ao arco óseo formado pola apófise coracoide e acromion. Os músculos do manguito de rotadores forman un conxunto musculotendinoso que rodea as superficies superior, posterior e anterior da articulación. Este tecido mantén o úmero na cavidade glenoide, sen limitar a mobilidade do ombreiro.

Ligamentos da articulación

[editar | editar a fonte]

Vascularización

[editar | editar a fonte]

A vascularización da articulación procede da arteria circunflexa umeral anterior, da posterior e da arteria supraescapular.

Innervación

[editar | editar a fonte]

A innervación corre a cargo do fascículo posterior do plexo braquial, do nervio supraescapular, axilar, e do nervio pectoral lateral.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior (en castelán)