Tronco tirocervical coas súas ramas, incluíndo a arteria supraescapular.
A arteria supraescapular é unha arteria do membro superior humano pertencente á rexión posterior da escápula. Orixínase na base do pescozo coma unha póla do tronco tirocervical, que deriva da arteria subclavia. Nalgúns casos, a arteria supraescapular deriva directamente da arteria subclavia. Por detrás da escápula a arteria vai acompañada pola vea homónima.