Acromion
| Acromion | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| acromion | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Características | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||
O acromion, acromio ou apófise acromial é a parte superior da omoplata, onde se articula coa extremidade externa da clavícula formando a articulación acromiclavicular que non ten movemento.
É a continuación da espiña escapular, que se estende cara a axila en sentido oblicuo ascendente. Participa nas articulacións do ombreiro. Articúlase coa clavícula mediante a articulación acromioclavicular e co úmero na articulación glenoumeral. O seu extremo máis distal cobre a cavidade glenoide da escápula.
Estrutura
[editar | editar a fonte]Superficies
[editar | editar a fonte]O acromion posúe dúas superficies, unha superior e unha inferior.
- A superficie superior está dirixida cara a arriba, cara a atrás e cara a fóra. É de natureza rugosa e permite a inserción de fibras do músculo deltoide. O resto atópase baixo a pel.
- A superficie inferior é menos relevante. Ten forma cóncava.
Bordos
[editar | editar a fonte]- O bordo lateral ou externo é irregular e presenta dous ou tres tubérculos para a inserción do músculo deltoide.
- O bordo medial ou interno é máis pequeno có externo. É cóncavo e presta inserción ao músculo trapecio. Posúe unha pequena superficie que se articula coa clavícula (articulación acromioclavicular).
O acromion infantil
[editar | editar a fonte]Durante a infancia o acromion posúe un foco de osificación propio, e está unido ao resto da escápula a través dunha cartilaxe. Nalgunhas ocasións o acromion non se solda ao resto do óso, formando un óso acromial propio.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gray. Anatomy of the human body (en castelán). Edición de 1918 de dominio público.