Santónica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Artemisia cina»)

A santónica[1][2] (Artemisia cina) é unha especie arbustiva pertencente á familia Asteraceae, recendente e amarga, de talo ergueito, follas alternas e abrancazadas e flores ovoides en cabezolo, da cal se extrae a santonina, unha substancia vermífuga[3].

Descrición[editar | editar a fonte]

É un arbusto con cheiro aromático de 40–60 cm, ten os talos ergueitos cotonosos e leñosos na súa base. As follas son pequenas, con pecíolos curtos nas follas basais e sésiles nas follas superiores, son espatuladas coas puntas arredondadas. Florea en xullo-agosto, as flores tubulares son amarelentas e agrúpanse en panículas de 3 a 5 flores miúdas.

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

Planta orixinaria da Asia central, preferentemente das estepas salobres de Turquestán

Propiedades[editar | editar a fonte]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Artemisia cina foi descrita por O.Berg & C.F.Schmidt ex Poljakov e publicado en Darstellung und Beschreibung samtlicher in der Pharmacopoea borussica aufgefuhrten offizinellen Gewachse 4: , pl. 29. 1863.[4]

Etimoloxía

Hai dúas teorías na etimoloxía de Artemisia: segundo a primeira, debe o seu nome a Artemisa, irmá xemelga de Apolo e deusa grega da caza e das virtudes curativas, especialmente da gravidez e os partos. Segundo a segunda teoría, o xénero foi outorgado en honra a Artemisia II, irmá e dona de Mausolo, rei da Caria, 353-352 a. C., que reinou despois da morte do soberano. Na súa homenaxe erixiuse o Mausoleo de Halicarnaso, unha das antigas sete marabillas do mundo. Era experta en botánica e medicina.[5]

cina: epíteto latino que significa "cinsa".[6]

Sinonimia
  • Seriphidium cinum (Berg & C.F. Schmidt ex Poljakov) Poljakov[4]
  • Artemisia salina Willd. [1803]
  • Artemisia maritima subsp. salina (Willd.) Nyman [1879]
  • Artemisia laricifolia S.G.Gmel. [1774]
  • Artemisia humilis M.Bieb. [1798]
  • Artemisia cyna Pall. [1776]
  • Seriphidium maritimum (L.) Poljakov [1961]
  • Artemisia seriphium Wallr.[7][8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome vulgar galego en Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta, 1991 e Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009.
  2. O dicionario da Real Academia da Lingua porén recomenda a forma en masculino: santónico.
  3. Diccionario Cumio da lingua galega Vigo, Edicións do Cumio, 1999
  4. 4,0 4,1 "Santónica". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 23 de novembro de 2012. 
  5. en Flora de Canarias
  6. En Epítetos Botánicos
  7. Sinónimos en Tela Botánica
  8. "Santónica en PlantList". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 15 de abril de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  1. Li, H., T. Liu, T. Huang, T. Koyama & C. E. DeVol. 1979. Vascular Plants. Volume 6: 665 pp. In Fl. Taiwan. Epoch Publishing Co., Ltd., Taipei.
  2. Flora of China Editorial Committee. 2011. Fl. China 20–21: 1–992. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]