Art rock

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Art Rock»)
Art rock
Orixe musicalrock, música de vangarda, rock experimental, baroque pop, rock psicodélico
Orixe culturalprincipios dos 60 no Reino Unido
Instrumentos típicosteclados, guitarra, baixo e batería
Derivadosrock progresivo, glam rock, post-punk

Art Rock é un subxénero do rock and roll caracterizado polos seus ambiciosos temas líricos e experimentacións melódicas, harmónicas ou rítmicas, frecuentemente saíndo das fronteiras pop e indo en dirección ao jazz, clásico, electrónico. A designación "art rock" é vaga, unha vez que poucos artistas actuais aspiran abertamente a este título.

Orixe[editar | editar a fonte]

Orixinouse no Reino Unido nos anos 60, con influencias da arte, avant-garde e música clásica. A primeira vez que foi usado o termo, segundo o Merriam-Webster Online Dictionary, foi en 1968. Influenciado polo traballo dos Beatles, principalmente polo seu álbum Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band, o art rock foi unha forma de música que quería "estender os límites do rock & roll", e optou por unha perspectiva da música máis experimental e conceptual. O termo rock progresivo ás veces pode intercambiarse co de art rock. Mentres que o rock progresivo caracterízase por técnicas instrumentais máis tradicionais e texturas sinfónicas, o art rock é máis desafiante, ruidoso e menos convencional, enfatizando o experimental e vangardista.

Definicións[editar | editar a fonte]

O crítico John Rockwell di que o art rock é un dos xéneros máis variados e eclécticos co seu sentido aberto de desapego creativo, pretensións de música clásica e propensións experimentais e vangardistas.[1] Na música rock dos 70, en xeral entendíase que o descriptor "arte" significaba "agresivamente vangardista" ou "pretenciosamente progresivo".[2] O "art rock" adoita a ser usado como sinónimo de rock progresivo.[3][1][4][5] Historicamente, o termo foi usado para describir polo menos a dous tipos de música rock relacionados pero distintos.[6] O primeiro é o rock progresivo, mentres que o segundo uso refírese a grupos que rexeitaron a psicodelia e a contracultura hippie en favor dun enfoque modernista e vangardista definido por Velvet Underground.[6] A ensaísta Ellen Willis comparou estes dous tipos:

Dende principios dos anos 60 … había unha contratradición no rock and roll que tiña moito máis en común coa alta arte, en particular coa arte de vangarda, que a tan cacarexada síntese art-rock [rock progresivo]; implicou o uso máis ou menos consciente dos cánones formais básicos do rock and roll como material (tanto como os artistas pop utilizaron a arte de masas en xeral) e refinando, elaborando, xogando con ese material para producir … arte rockand-roll. Se ben o art rock baseábase implícitamente na afirmación de que o rock and roll era ou podía ser tan digno como as formas de arte máis establecidas, a arte do rock-and-roll xurdiu dun compromiso obsesivo coa linguaxe do rock and roll e un desdén igualmente obsesivo por aqueles que rexeitaban esa linguaxe ou querían diluílo, facelo máis fácil... o new wave ha herdou a contra-tradición.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Edmondson 2013, p. 146
  2. "60 minutes of music that sum up art-punk pioneers Wire". The A.V. Club (en inglés). 2015-05-28. Consultado o 2022-12-04. 
  3. Campbell 2012, p. 251
  4. "Prog-Rock Music Genre Overview". AllMusic (en inglés). Consultado o 2022-12-04. 
  5. "Art rock". Britannica (en inglés). Consultado o 2022-12-04. 
  6. 6,0 6,1 Bannister 2007, p. 37
  7. Bannister 2007, pp. 37-38

Ver tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.