Arqueocetos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arqueocetos
Rango fósil: eoceno - oligoceno
Grupo de Basilosaurus
Grupo de Basilosaurus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Cetacea
Suborde: Archaeoceti (parafilético)
Flower, 1883
Familias
Ver Clasificación

A dos arqueocetos (Archaeoceti) é unha suborde (parafilética) de mamíferos cetáceos da que evolucionaron os cetáceos modernos (ou neocetos).

Os membros máis antigos deste grupo, como Pakicetus, tiñan catro patas e eran animais terrestres.

Orixe e características[editar | editar a fonte]

Baseándose en características dos dentes, creuse que os arqueocetos evolucionaron a partir dos Mesonychia (orde extinguida de mamíferos ungulados carnívoros). Porén, estudos recentes baseados en datos moleculares e morfoloxía non dental mostraron que as primeiras baleas evolucionaron probabelmente a partir dos artiodáctilos (talvez teñan un antepasado común lonxano coa familia dos hipopotámidos, que inclée os actuais hipopótamos).

Os antepasados dos arqueocetos probabelmente diverxeron dos artiodáctilos a finaos do cretáceo ou principios do paleoceno.

A maioría dos arqueocetos tiñan patas posteriores, a diferenza dos cetáceos actuais. Os primeiros arqueocetos foron seguramente animais completamente terrestres. Ao longo do eoceno foron facéndose menos terrestres e máis acuáticos e, ao final de dito período os últimos arqueocetos (basilosáuridos) deron orixe aos cetáceos modernos.

Os arqueocetos sobreviviron á extinción masiva do eoceno-oligoceno, pero sufriron unha gran perda de xéneros.

No oligoceno eran, pois, menos abundantes que no eoceno; os últimos arqueocetos (Basilosauridae) se extinguiron no mioceno, seguramente pola competencia cos odontocetos e as novas especies de tiburóns que apareceron nesta época, como o Megalodon. Outra explicación para a súa extinción podería acharse no cambio climático ocirrido durante o mioceno, cando os océanos arrefriaron notabelmente. Talvez foi unha combinación dos dous factores (competencia e clima) o que levou á extinción aos arqueocetos.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A suborde foi descrita en 1883 polo zoólogo británico, especializado en anatomía comparada, William Henry Flower.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

o nome científico Archaeoceti está formado polos elementos do latín científico Archaeo-, tirado do grego antigo ἀρχαῖος archĩos, 'antigo', e -ceti, do latín cetus, 'grande animal mariño', que á súa vez deriva do grego antigo κήτος kḗtos, 'monstro mariño'.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Os arqueocetos inclúen as seguintes familias:[1]

Pakicetus, terrestre.
Basilosaurus, xa máis acuático.
Georgiacetus, acuático.

Suborde Archaeoceti

Filoxenia[editar | editar a fonte]

Cetartiodactyla
Artiodactyla

Artiodactyla


Cetacea

Pakicetidae Pakicetidae




Ambulocetidae Ambulocetidae




Remingtonocetidae Remingtonocetidae




Protocetidae Protocetidae




Basilosauridae Basilosauridae




Dorudontinae Dorudontinae




Odontoceti Odontoceti



Mysticeti Mysticeti










Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]