Armando Bortolaso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Armando Bortolaso, S.D.B.
Bispo da Igrexa católica latina
Biografía
Nacemento17 de agosto de 1926 en Villaganzerla di Castegnero, Castegnero, provincia de Vicenza
Pasamento8 de xaneiro de 2019 en Al-Husun, distrito de Biblos, Líbano
Ordes
Ordenación sacerdotal15 de xullo de 1953
Consagración episcopal4 de outubro de 1992, por Guerino Dominique Picchi
Orde relixiosaSociedade de San Francisco de Sales
Vigairo apostólico de Alepo
1992 - 2002
PredecesorGuerino Dominique Picchi
SucesorGiuseppe Nazzaro

Armando Bortolaso, S.D.B., nado o 17 de agosto de 1926 en Villaganzerla di Castegnero (Italia) e finado o 8 de xaneiro de 2019 en Al-Husun (Líbano), foi un salesiano católico latino italiano, vigairo apostólico de Alepo entre 1992 e 2002.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Villaganzerla di Castegnero, unha localidade do concello de Castegnero na provincia de Vicenza (Italia) o 17 de agosto de 1926.[1] Entrou na Sociedade de San Francisco de Sales, e dende os anos da súa formación como salesiano residiu en Oriente Medio, comezando o seu traballo pastoral en 1949 en Istambul.[2] O 15 de xullo de 1953 foi ordenado sacerdote en Xerusalén.[1][2]

O 9 de xullo de 1992 o papa Xoán Paulo II nomeouno vigairo apostólico de Alepo e bispo titular de Raphanea.[1] Recibiu a consagración episcopal o 4 de outubro de 1992 de mans do seu predecesor Guerino Dominique Picchi, e tivo como co-consagradores ao arcebispo greco-melquita de Alepo Naufitus Idilbi e ao arcebispo de Isfahán Ignazio Bedini.[1][3] Como bispo, estivo vinculado ao movemento dos focolares, e destacou tamén pola súa actividade ecuménica con ortodoxos e protestantes, e a prol do diálogo interrelixioso cos musulmáns.[2][4][5]

Retirouse o 21 de novembro de 2002.[1][2] Finou o 8 de xaneiro de 2019 en Al-Husun, no Líbano.[6][2][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Annuario pontificio (en italiano). Libreria Editrice Vaticana. 2009. p. 978. ISBN 9788820981914. Rafanea (Rafniyé), Raphanea, Raphaenotan(us) - pr. Siria II - m. Apamea. ✠ Armando Bortolaso, S.D.B., n. in Villaganzerla di Castegnero, dioc. di Vicenza, 17 ag. 1926; ord. 15 lu. 1953; el. 9 lu. 1992; cons. 4 ott. 1992; già Vicario Apostolico di Alep (rin. 21 nov. 2002). 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Líbano - Despedida de Mons. Armando Bortolaso, SDB". Agenzia Info Salesiana (infoans.org) (en castelán). 10 de xaneiro de 2019. Consultado o 28/12/2020. 
  3. Bransom, Charles N. (1 de marzo de 2001). "Sons of Don Bosco, Successors of the Apostles, Salesian Bishops" (PDF). Journal of Salesian Studies (en inglés) 12 (1): 99. 160) Armando Bortolaso. October 4, 1992. Alep, Latin Cathedral. Guerino Domenico Picchi, Titular Bishop of Sebaste in Palaestina assisted by Neophytos Edelby, Archbishop of Alep of the Melkites and Ignazio Bedini, Archbishop of Ispahan of the Latins, consecrated as Titular Bishop of Raphanea, Vicar Apostolic of Alep of the Latins, Syria. 
  4. 4,0 4,1 Tanesini, Stefania (12 de xaneiro de 2019). "Un vescovo del dialogo". Movimento dei Focolari (focolare.org) (en italiano). Consultado o 28/12/2020. 
  5. Giorgi, Carlo (26 de xuño de 2015). "Come un tuffo nell’oceano dell’Islam". TerraSanta.net (en italiano). 
  6. "Mgr. Armando Bortolaso left us on 8/1/2019". St. Francis of Assisi Church - Latin Parish - Aleppo (latinparishaleppo.org) (en inglés). 10 de xaneiro de 2019. Consultado o 26/12/2020. [...] After his resignation, he chose to go back to his friars in the ( Don Bosco center) Al Hsoun Lebanon where he lived there until the day he passed away 8/1/2019.