Gamba rosada
Gamba rosada Aristeus antennatus | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Aristeus antennatus (Risso, 1816)[1] | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
A gamba rosada[2][3][4] ou listada,[3] ou aínda rubia, Aristeus antennatus (Risso, 1816) é unha especie de crustáceo malacostráceo da orde dos decápodos, infraorde dos carideos e familia dos aristeidos.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Aristeus antennatus foi descrita 1816 polo naturalista nizardo Giuseppe Antonio Risso (coñecido como Antoine Risso), que a bautizoiu co nome de Penaeus antennatus.[5]
Ao longo da historia foi coñecida tamén polos seguintes sinónimos:[1]
- Penaeus antemarius Costes, 1890
- Penaeus antennatus Risso, 1816
- Sicyonia duvernoii Risso, 1844
Tras ser reclasificada dentro do xénero Aristeus, creado en 1840 polo médico e zoólogo francés Louis Georges Duvernoy (1777-1855).[6] dito nome constitúe o basónimo da especie.
Nomes galegos
[editar | editar a fonte]Na bibliografía consultada só rexistran a especie Aristeus antennatus Rosa Ramonell que, na súa Guía dos mariscos de Galicia, lle adxudica os nomes de gamba rosada e gamba listada,[3] e Lahuerta e Vázquez, que no seu Vocabulario desígnana como gamba rosada.[4]
A este respecto cómpre sinalar que pode causar confusión o nome que se lle dá de gamba vermella, xa que este foi o elixido por Lahuerta e Vázquez para designar a Aristaeomorpha foliacea (Risso, 1827), especie que Ramonell denomina gamba roxa e chourizo.
Descrición
[editar | editar a fonte]De 15 a 17 cm de lonxitude,[3] algúns exemplares poden chegar até os 22.[7] As femias teñen o rostro longo e puntiagudo;[8]
A súa casca alcanza até 62 mm de longo nas femias e, o dos machos, até 45 mm.[9] Esta casca do cefalotórax é lisa, e presenta unha quilla dorsal, continuación do rostro. Este ten forma de estilete delgado e afiado na punta, claramente curvado e dirixido cara a arriba; na marxe superior ten tres dentes ma base, que continúa até a punta sen dentes, o mesmo que ocorre en toda a marxe inferior.[3]
Os segmentos abdominais quinto e sexto presentan quilla dorsal en toda a súa lonxitude, mentres que o terceiro e o cuarto só na súa metade posterior. Tosos os segmentos redmatan nunha pequena espiña. O telson é longo e estreito, comprimido lateralmente e rematado en punta.[3]
O corpo é de cor vermella viva, con bandas azuladas na casca e bandas claras no abdome, que lle dan un aspecto listado (ao que alude un dos nomes que lle dé a esta gamba Rosa Ranonell).[8]
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Distribúese amplamente e é pescado no mar Mediterráneo, entre os 100 e 3.300 m de profundidade,[10] e encóntrase tamén no Atlántico oriental, en Galicia, Portugal e Cabo Verde.[7][8]
Aos mercado galegos chega conxelado, xa que os nosos barcos adoitan pescala en mares meridionais.[3]
Alimentación
[editar | editar a fonte]Aliméntase principalmente de moluscos bivalvos e tamén consome outros crustáceos como Calocaris macandreae e anfípodos (pulgas de area), así como poliquetos e ofiuroideos. Aproveitan o fondo mariño e os machos, especialmente os de maior tamaño, arraigan máis profundamente no substrato.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Aristeus antennatus (Risso, 1816) no WoRMS.
- ↑ VV. AA. (2012): Dicionario de alimentación e restauración, pax. 122. Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega. ISBN 978-84-453-5056-0
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Ramonell, R. (1985), p. 209)
- ↑ 4,0 4,1 Lahuerta, F. e Vázquez, F. X. (2000), p. 227.
- ↑ Na obra: Risso, A. (1816): Histoire naturelle des crustacés des environs de Nice. Librairie GrecqueLatine-Allemande, Paris.
- ↑ Duvernoy, G. L. (1840): "Note sure une nouvelle forme de branchies, découverte dans une espèce de Crustacé décapode macroure, qui devra former le type d’un genre nouveau (Aristeus antennatus, Nob.)". Comptes Rendus hebdomadaires des Séances de l’Académie des Sciences 11: 217-220.
- ↑ 7,0 7,1 FAO Fisheries and Aquaculture Department Aristeus antennatus (Risso, 1816) Species Fact Sheets.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 Aristeus antennatus (Risso, 1810) Arquivado 13 de novembro de 2013 en Wayback Machine.; Ictio.Term
- ↑ Papaconstantinou, Costas & Konstantinos Kapiris (2001) "Distribution and population structure of the red shrimp (Aristeus antennatus) on an unexploited fishing ground in the Greek Ionian Sea"; Aquatic Living Resources 14:303-312.
- ↑ Sardà, Francesc; Joan B. Company and Francesc Maynou "Deep-sea Shrimp Aristeus antennatus Risso 1816 in the Catalan Sea, a Review and Perspectives". Journal of Northwest Atlantic Fishery Science 31: 127–136.
- ↑ Cartes, J.E. & F. Sarda (1989): "Feeding ecology of the deep-water aristeid crustacean Aristeus antennatus"; Marine Ecology Progress Series 54: 229-238.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gamba rosada |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Costello, M. J., Emblow, C. & White, R. J. (eds.) (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-85653-538-0.
- Holthuis, L. B. (1993): The recent genera of the Caridean and Stenopodidean shrimps (Crustacea, Decapoda): with an appendix on the order Amphionidacea. Leiden: Nationaal Natuurhistorisch Museum. ISBN 90-73239-21-4.
- Lahuerta, F. e Vázquez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
- Raabe, Charles & Linda Raabe (2008): "The Caridean shrimp: Shrimp Anatomy - Illustrations and Glossary".
- Ramonell, R. (1985): Guía dos mariscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-506-3.
- Tavares, Carolina & Joel W. Martin (2010): "Suborder Dendrobranchiata Bate, 1888", en F. R. Schram, J. C. von Vaupel Klein, J. Forest & M. Charmantier-Daures (eds.) Treatise on Zoology – Anatomy, Taxonomy, Biology – The Crustacea. Volume 9A Eucarida: Euphausiacea, Amphionidacea, and Decapoda. Brill Publishers. ISBN 978-90-04-16441-3. PDF.
- Ríos Panisse, Mª C. (1977): Nomenclatura de la flora y la fauna marítimas de Galicia. I. Invertebrados y peces. Verba, Anejo 7. Santiago de Compostela: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha de "Gamba Roja" ou "Rosa", Aristeus antennatus, en pescaderiascorunesas.es (en castelán)
- Aristeus antennatus no SIIT.
- Aristeus antennatus no NCBI.