Apóstolos de Linneo
Os apóstolos de Linneo foron dezasete alumnos de Linneo, así batizados por el mesmo. Foron exploradores que levaron a cabo expedicións botánicas e zoolóxicas por todas as partes do mundo.
Linneo utilizou o termo por primeira vez en maio de 1750, o ano en que foi reitor da Universidade de Uppsala.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]As primeiras viaxes debéronse ao compromiso do conde Carl Gustaf Tessin. A Compañía sueca das Indias Orientais embarcaba nos seus navíos un científico cada ano, e así estes podían viaxar. Moitos dos «apóstolos» comezaron a súa viaxe desde Suecia, actuando como sacerdotes ou médicos de a bordo.
O daquela director da Axencia sueca das Indias Orientais, Magnus Lagerström (1691–1759), era un partidario entusiasta da ciencia, e estivo totalmente de acordo con este proceder. Tratou a cada un dos mozos viaxeiros cunha atención especial, e recomendou que persoalmente os capitáns dos barcos os tiveran en conta.[2]
Estas expedicións podían seren perigosas, e sete dos «apóstolos» non regresaron. O primeiro «apóstolo», Christopher Tärnström, que partiu de Göteborg en 1745 cara á China, morreu a finais dese ano polos efectos dunha enfermidade tropical. A súa viúva anoxouse agramente con Linneo por deixar aos seus fillos orfos de pai. Despois dese incidente, Linneo só enviou homes solteiros.
En cambio, outros dos seus alumnos, como Daniel Solander e Anders Sparrman, tanto nas expedicións de James Cook como na de Carl Peter Thunberg, arrequeceron amplamente o coñecemento cos srus achados e as descricións da flora dos lugares que visitaron.
Linneo seguiu implicado na maioría das expedicións. Adoito deixaba notas aos seus apóstolos, marcándolles as pautas do que debían buscar durante as súas viaxes, e os apóstolos lle enviaban cartas a Linneo e mostras botánicas. Ao seu regreso, o normal era entregar a Linneo unha selección de todo o encontrado. Porén, Daniel Rolander decidiu non transferirlle a súa colección, e por isto foi criticado por Linneo.
Resumo dos «apóstolos de Linneo» e as súas viaxes
[editar | editar a fonte]† = morreu na viaxe
Nome | A partir de | Retorno | Destinos |
---|---|---|---|
Christopher Tärnström | 1745 | † | China |
Pehr Kalm | 1748 | 1751 | América do Norte |
Olof Torén | 1748 | 1752 | Xava, China |
Carl Fredrik Adler | 1748 | 1761 † | China, India, Xava |
Fredrik Hasselquist | 1749 | † | Próximo Oriente |
Pehr Osbeck | 1750 | 1752 | China |
Pehr Löfling | 1751 | † | España, Venezuela |
Daniel Rolander | 1754 | 1756 | Güiana Holandesa |
Anton Rolandsson Martin | 1758 | 1758 | Ártico, Noruega |
Peter Forsskål | 1761 | † | Arabia |
Johan Peter Falck | 1768 | † | Siberia |
Daniel Solander | 1768 | 1772 | 1ª circunnavegación de James Cook, 1772: Islandia, Hébridas, Orcadas |
Andreas Berlin | 1772 | † | Serra Leoa |
Carl Peter Thunberg | 1772 | 1779 | Suráfrica, Xava, Xapón, Ceilán |
Anders Sparrman | 1772 | 1776 | 2ª circunnavegación de James Cook |
Göran Rothman | 1773 | 1776 | Libia, Tunisia, (1765: Åland) |
Adam Afzelius | 1792 | 1796 | Serra Leoa |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Blunt, Wilfrid 2001, p. 185.
- ↑ Stöver, Dietrich Heinrich 1794, p. 173.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Blunt, Wilfrid (2001): The Compleat Naturalist: A Life of Linnaeus. Princeton, New Jersey: Princeton University Press. ISBN 978-0-6910-9636-0.
- Stöver, Dietrich Johann Heinrich (1794): The life of Sir Charles Linnæus. Londres: Joseph Trapp, ed. ISBN 0-1985-0122-6.
- Vermeulen, Han F. (ed.) (2007-2011): The Linnaeus Apostles – Global Science and Adventure (8 vols.). Múnic: IK Foundation & Co Ltd. ISBN 978-1-904145-26-4