Apolodoro de Damasco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arco de Traxano, Ancona, obra de Apolodoro

Apolodoro de Damasco, en grego: Aπολλόδωρος, foi un arquitecto e enxeñeiro da civilización greco - romana.

Biografía[editar | editar a fonte]

Naceu en Damasco (na actual Siria) entre 50 e 60 d. C. Morreu no 129 ou 130.

Foi chamado a Roma polo emperador Traxano o ano 92, manténdose como enxeñeiro e arquitecto dese emperador até a morte do mesmo en 117. Foi así mesmo escultor e autor de tratados técnicos, especialmente sobre máquinas de guerra.

Consonte a tradición, o emperador Hadriano condenaríao a morte por terse moqueado dos planos que elaborara, segundo nos foi transmitido por Dión Casio.

A obra[editar | editar a fonte]

Foi o arquitecto de numerosas construcións públicas :

  • A ponte das Portas de Ferro (102-104) en Dobretæ sobre o río Danubio (actualmente Turnu-Severin en Romanía). Na beira serbia, os seus vestixios áchanse hoxe integrados con outros da mesma época, como a Mesa de Traxano e máis restos da vía romana mandada construír por ese emperador, no que hoxe é o parque nacional de Đerdap, preto de Kladovo, en Serbia. Era unha ponte con piares de pedra que sostiñan un taboleiro de madeira, con bóvedas de 57 m. Tiña as seguintes dimensións : 1.135 m de lonxitude, 45 m de altura e 20 m de largor.
  • O Odeón (106), en Roma, que era unha sala de concertos redonda.
  • O foro de Traxano (107-113), tamén en Roma.
  • A columna de Traxano (113), colocada no mesmo foro de Traxano.
  • As termas de Traxano, que se estendían sobre todo o espazo do que actualmente é o Parque das Termas, e comprendían, ademais dos baños propios, espazos reservados para exercicios físicos, para actividades culturais, con dúas bibliotecas, e salas de ocio. Edificadas sobre o emprazamento da Domus Aurea, que foi en parte enterrada pola construción das termas, o que permitíu que recentemente se recuperasen algún elementos.
Galifontes
A Galifontes posúe escritos orixinais acerca de: Apolodoro de Damasco

Existe un amplo consenso entre os especialistas que atribúe a Apolodoro o deseño do Panteón de Agripa.