Estado Bolívar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaEstado Bolívar

HimnoBolívar State Anthem (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Nomeado en referencia aSimón Bolívar Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 5°57′N 63°20′O / 5.95, -63.33Coordenadas: 5°57′N 63°20′O / 5.95, -63.33
EstadoVenezuela Editar o valor em Wikidata
CapitalCiudad Bolívar Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación2.069.064 (2015) Editar o valor em Wikidata (8,6 hab./km²)
Lingua usadaLíngua sanumá (pt) Traducir
Língua ianam (pt) Traducir
Lingua guahibo
Língua sapé (pt) Traducir
Língua taurepangue (pt) Traducir
Língua hodi (pt) Traducir
Lingua yekuana
Língua yaruro (pt) Traducir
Lingua piaroa
Língua macuxi (pt) Traducir
Língua panare (pt) Traducir
Língua arutani (pt) Traducir
Lingua kali'na
Lingua akawaio
Mapoyo (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie240.528 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1864 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Órgano lexislativoLegislative Council of Bolívar (en) Traducir , Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2VE-F Editar o valor em Wikidata

Páxina webe-bolivar.gob.ve Editar o valor em Wikidata

O Estado Bolívar é unha das 24 entidades federais de Venezuela, situada na Rexión Güiana, ao sueste do país.

Ten unha extensión xeográfica de 238800 km², o que representa o 25,96 % do territorio nacional, o que o fai o estado máis grande de Venezuela.

O seu territorio está ocupado case na súa totalidade polo macizo güianés.

Ten, segundo a estimación do Instituto Nacional de Estatística de Venezuela para o ano 2015, unha poboación de 1.824.190 de habitantes,[1] o que o converte no 7º estado máis poboado de Venezuela.

Limita ao norte cos estados de Guárico, Anzoátegui, Monagas e Delta Amacuro, ao sur co Brasil, ao leste coa Güiana Esequiba, en disputa coa República Cooperativa de Güiana, e ao oeste cos estados de Apure e Amazonas.

A súa capital é Ciudad Bolívar, e comprende 11 municipios autónomos con 47 parroquias. As súas principais cidades son, ademais da capital, Ciudad Guayana (a máis poboada do estado), Upata e Caicara del Orinoco.

Historia[editar | editar a fonte]

Mapa da República da Gran Colombia

Durante a colonia, formou parte da provincia de Nueva Andalucía e, máis tarde, uniuse coa provincia de Güiana, a partir de 1777 cando o rei Carlos III de España creou a Capitanía Xeneral de Venezuela.

En 1821, durante a existencia da Gran Colombia), pasou a ser o departamento de Orinoco, coa maior extensión da época (cuxa capital era Santo Tomé de la Nueva Guayana de la Angostura del Orinoco ou, máis brevemnente, Angostura).

Cando se disolveu a Gran Colombia, o territorio cambiou a provincia de Güiana até 1854, cando pasou a ser provincia de Orinoco (cuxa capital era Ciudad Bolívar).

Despois da separación, en 1856 do daquela chamado Territorio Federal Amazonas, a provincia de Güiana pasou, no aoo 1864, a chamarse estado Güiana, unha vez que na Guerra ou Revolución Federal chegou ao poder Juan Crisóstomo Falcón.

En 1881, converteuse nunha das nove entidades políticas en que se dividiu o país, recibindo o nome de Grande Estado Bolívar, conformado pola Güiana e Apure.

No ano 1887 segrégase do estado Güiana o actual estado Delta Amacuro.

En 1889 prodúcese a separación e o establecemento da autonomía dos estados Apure e Güiana, e é a partir da Constitución de 1901 cando se cambia o nome de estado Güiana por estado Bolívar, como homenaxe ao ibertador Simón Bolívar, quen establecera na cidade de Angostura, hoxe Ciudad Bolívar, as bases da acción que lle permitiu liberar de España as actuais nacións bolivarianas (Venezuela, Colombia, Panamá, Ecuador, Perú e Bolivia).

Organización político-territorial[editar | editar a fonte]

O Estado Bolívar comprende 11 municipios, indicados a continuación, con 48 parrroquias:[2]

Municipio Capital Superficie Poboación Mapa
Angostura Ciudad Piar 54.386 km² 30.062 hab. (2001)
Caroní Ciudad Guayana 1.612 km² 706.736 hab. (2011)
Cedeño Caicara del Orinoco 46.020 km² 98.000 hab. (2005)
Chien El Palmar 2.275 km² 18.000 hab.
El Callao El Callao 2.223 km² 17.410 hab. (2001)
Gran Sabana Santa Elena de Uairén 32.990 km² 48.000 hab. (2006)
Heres Ciudad Bolívar 209,52 km² 344.275 hab. (2011)
Piar Upata 18.175 km² 109.355 hab (2008)
Roscio Guasipati 6.182 km² 18.831 hab. (2001)
Sifontes Tumeremo 24.393 km² 26.947 hab. (2001)
Sucre Maripa 48.694 km² 13.481 hab. (2001)

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Instituto Nacional de Estadistica - Censo 2011" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de setembro de 2015. Consultado o 27 de abril de 2015. 
  2. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de outubro de 2022. Consultado o 27 de abril de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gil Fortoul, José (1954): Historia Constitucional de Venezuela. Caracas: Ministerio de Educación. 3 volumes.
  • Siso Martínez, J. M. (1956): Historia de Venezuela. Editorial Yokoima. Venezuela – México
  • Aguado, Pedro (1987): Recopilación Historial de Venezuela. Caracas: Biblioteca de la Academia Nacional de Historia. 2 volumes.
  • Hernández Caballero, Serafín, ed. (1998): Gran Enciclopedia de Venezuela. Caracas: Editorial Globe. 10 volumes. ISBN 980-6427-00-9 ISBN 980-6427-10-6.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]