Capitanía Xeneral de Venezuela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Capitanía General de Venezuela
Capitanía Xeneral de Venezuela
1777–1821
 

 

 

Bandeira Escudo
Capital Santiago de León de Caracas
Lingua español
Relixión católica
Goberno Capitanía Xeneral do Imperio Español
Rei
 • 1759 - 1788 Carlos III
 • 1808 - 1833 Fernando VII (de jure)
 • 1808 - 1813 Xosé I
Capitán Xeneral
 • 1777 - 1782 Luis de Unzaga y Amézaga (primeiro)
 • 1821 (último) Francisco Tomás Morales
Período histórico Imperio español
 • Creación por Real cédula 1777
 • Independencia de Venezuela 1821
Moeda real español
Precedido por
Sucedido por
Bandera de España 1760-1785.svg Provincia de Venezuela
Bandera de España 1760-1785.svg Provincia de Nova Andalucía
Bandera de España 1760-1785.svg Provincia de Maracaibo
Bandera de España 1760-1785.svg Provincia de Guayana
Bandera de España 1760-1785.svg Provincia de Margarita
Bandera de España 1760-1785.svg Provincia de Trinidad
Primiera República de Venezuela Flag of Venezuela (1811).svg
Segunda República de Venezuela Bandera de la Guerra a Muerte.svg
Terceira República de Venezuela Flag of Venezuela (1817 and 1859).svg
Gran Colombia Flag of the Gran Colombia (1819-1820).svg

A Capitanía Xeneral de Venezuela foi unha entidade territorial ultramarina das Indias, integrante do Imperio español, establecida pola Coroa española durante o seu período de dominio americano, que abarcaba un territorio similar ao da actual Venezuela.

Foi creada en 1777 para dotar de máis autonomía á provincia de Venezuela, que antes estaba baixo a xurisdicón do Vicerreinado de Nova Granada e da Audiencia de Santo Domingo, como parte da Reforma borbónica e sentou as base para a futura nación de Venezuela, en particular pola orientación da Provincia de Maracaibo cara a Caracas.

Foi gobernada por distintos Capitáns Xenerais, exceptuando un breve período cando gobernou a Xunta Suprema de Caracas tras da renuncia de Emparan ata marzo de 1811.